domingo, 15 de noviembre de 2009

Lavadora

Cando era pequena, lembro ter pasado tempo e tempo a mirar as voltas que daba o tambor da nosa lavadora. Estaba na cociña, e mentres a avoa Marilde facía o xantar ou tendía a roupa na ventá da mesma cociña eu sentábame diante do aparello e podía pasar medio ciclo a mirar as voltas que daba, como ían cambiando as prendas que quedaban á vista, as combinacións de cores que ían aparecendo, a entrada de auga co deterxente a escuma e o movemento da auga o dar voltas...
E segue a hipnotizarme, só que na nosa casa a lavadora non está na cociña, non se escoita apenas o ruido, pero as pequenas (vale, e eu) tamén se perden o entretemento, e seguro que lles había gustar.

estou na lavadora

Xa vos dixen que non se escoitaba apenas o ruído, agás onte. Era de noite, xa nos iamos deitar e a lavadora comezou a centrifugar, pero nunca a escoitara facer tanto barullo, pensei que igual se movera un chisco e estaba a chocar con algunha das cousas que ten ó carón. Achegueime ó local onde está, ás escuras, e xa me decatei de que o estrondo daba medo, pero máis medo deu cando a vin e, nun sitio onde se supón que normalmente hai auga eu atopei chispas! Na escuridade, aquel estrondo e a lavadora a dar voltas coma unha tola e co tambor cheo de chispas, a escena era arrepiante. Nin me acheguei e baixei o limitador. Bufff, xa temos experiencias similares, de aparellos relacionados con outro elemento que acaban relacionados co lume, o noso anterior aspirador non se queimou, literalmente ardeu, botando lapas en troques do aire.

Total, que xusto despois dun par de semanas caóticas nas que a roupa se acumulou ata chegar ós topes nos seus contedores... agora a lavadora está avariada (agardamos que con remedio) e estamos baixo mínimos en roupa, toallas,...

por lavar

Polo menos alédame ter cambiado a lavadora que o Moucho xa tiña cargada con toallas, por unha de cueiros.

6 comentarios:

  1. Fermosa a foto da nena pequena mirando o interior da lavadora, o que me parece raro é que non se metesen nunca dentro, é algo que case todos fan, entrar e saír.
    Agora podes aproveitar a avaría e o plan renove para mercar outra máquina de lavar, non sei de cantos quilos será esa, pero asegúroche que non son nunca grandes abondo.
    Un bico para toda a familia e grazas por compartir retallos da vosa vida connosco.

    ResponderEliminar
  2. Aii vaia susto o das chispas:oO , e precisamente acábasme de lembrar que teño que ir poñer eu unha, ...e A ver se me lembro de tendela despois
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Pois eu veño de recolle-la roupa que estaba a secar :)

    Menudo susto debiches pasar, miña naiciña!! e o da aspiradora arrepía!! pero vos de canto tedes a conexión!! :OO

    María Sol, do plan renove lin eu a semana pasada no xornal que se rematou (o orzamento) nun mes!! todos os anos acontece o mesmo, han ser pocos cartos porque non dura nada :(

    biquñiñossssssssss

    ResponderEliminar
  4. Uxía mete pinzas na lavadora, saca pinzas da lavadora, mete pinzas na lavadora, saca pinzas da lavadora..... mete cabeza e pinzas, saca cabeza e pinzas....sí que é un gran invento :O), eu o que recomendo se comprades unha nova é que fagades se podedes e se vos ofrecen unha supergarantía, a nós entropeousenos o ano pasado e mola mogollón que veña o técnico e non pagar nada.....
    biquiños moitos
    rosana

    ResponderEliminar
  5. Pois eu agardaba que puidesen amañala, por ecoloxía tamén, porque me fastidia bastante que saia máis barato tirar cunha lavadora e facerse cunha nova que cambiarlle unha peza.
    Crin que era de 7 kilos, pero mirando o libriño acabo de descubrir que é de 6... timaríanme daquelas?
    E a garantía xa a tiñamos extendida, 5 anos, pero se son dende a compra e non dende que remata a outra garantía coido que caducou hai un mes... xa sabes, Murphy nunca falla...

    ResponderEliminar
  6. Que susto! menos mal que te diches conta e puideches vaixar o limitador.
    Eu creo que tódolos nenos ou case todos lles encanta ver como da voltas a lavadora e meter a cabeza o intentar meterse a ver se collen.
    Mary

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir