miércoles, 18 de noviembre de 2009

Casualidade?

O ano pasado, estando embarazada (e complemtamente convencida de que na miña barriga había un neno) merquei unha la de maneira inexplicable e, de maneira máis inexplicable aínda, en troques de facer algo para a Z. tecín uns pantalóns en talle dun ano. Non sei moi ben por que o fixen, nin para quen, pero hoxe á L. lócenlle así de ben.

pantalóns

pantalóns

Sería casulidade?

Nota: Por se vos preguntades que foi da nosa lavadora, para non defraudarnos, o noso Murphy cumpliu: hai un mes que rematou a garantía extendida de 5 anos e teñen que cambiarlle TODO, así que serán só uns 180€ de nada :-( E para máis inri, unha semana con dúas pequenas e un veterinario e sen lavadora... bueno, xa queda menos.

7 comentarios:

  1. Igual es que en el fondo ella te insinuaba que no era un varoncito... :)
    Lo de la lavadora es una verdadera puñeta. La nuestra murió hace también un par de semanas, después de una larga vida de servicio. Y no hubo más remedio que cambiarla. La verdad es que no sé cómo lo hacían nuestras abuelas para lavar toda la ropa de la familia a mano...

    ResponderEliminar
  2. Éche fotoxénica esta nena, dicías ti aí atrás que saía seria nas fotos, pois mira como ri nestas.
    És unha artista da calceta, tanto lle fas roupa ás nenas como unha boneca, ti dáslle a todo. E non digas que es lenta, que ben se ve que che rende o traballo.
    Un bico e non sufras que o da lavadora xa logo se amaña (o primeiro día que comece a traballar non sabe ben o que lle espera, vai ser un non parar).

    ResponderEliminar
  3. Jasús!! pero por ese prezo xa mercades unha nova!! :OOOO

    A neniña preciosa mas eu creio que te equivocas, é imposível que teña un ano!! se fai un par de meses que nasceu!! válghame dios!! :OOOOOOOO

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  6. Jejej , non me contaras que xa llos tiñas feitos do ano pasado ;o)
    Se cadra agora que empecei chego a calcetar coma ti cando sexa avoa XD
    Que faena o da lavadora , eu toco
    madeira que na miña casa temos 3 nenos eu unha veterinaria :oO

    ResponderEliminar
  7. molan os pantalóns unisex :O)estaría ben que houbese lavanderías como en Francia que funcionaran con fichas, a L. ía flipar mirando para todas e nunca se sabe o que pode pasar nunha delas...

    http://www.cinematical.es/2009/02/06/los-mejores-dialogos-cosas-que-nunca-te-dije-y-el-helado-de-m/

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir