viernes, 6 de noviembre de 2009

Case chegan os 4

e medra que dá medo.

De súpeto sube as cremalleiras, quere atar soa os cordóns dos zapatos, sábese randear soíña, fai puzzles de 25 pezas nun tris sen axuda, colorea os debuxos por dentro das liñas, fala como unha nena grande,... e hoxe díxome:
- Cando sexa grande coma papá vou ir con el ó seu traballo (isto é porque hai días que lle expliquei que ós xefes non lles gusta que os nenos vaian cos papás traballar porque pensan que así van traballar menos ou peor).
- Vale,... o que pasa é que seguramente cando sexas grande tes outros intereses e non queres ir co papá.
- Siiiii, que o papá sempre vai ir traballar.

:)
Aix, canto máis me durará esta pequena... pequena?

grande

6 comentarios:

  1. Pois pouquiño vaiche durar de pequerrecha. Pero é que molan tanto tamén "maiores", que alomenos a mín non me importa nada. É alucinante as conversas que se pode ter con elas, para mín quixera a súa lucidez, capacidade de análise, xuízo crítico...Onte inda comentabamos na casa despóis dunha das saídas de Alicia, que vivimos cunha pequena Mafalda :-DDD
    (Por certo que A. de puzzles nadiña de nada, nin os pequenos de nove pezas. Cada un é como é, que merda empeñarnos en que todos á mesma idade saiban facer as mesmas cousas)

    Biquiños

    Cris

    ResponderEliminar
  2. Iso pensaba eu (hai moitos anos, claro), que me daría mágoa que medrasen, que non habería idade como esa. Agora penso que tódalas idades teñen o seu encanto e que dá gusto ver a evolución dos rapaces.
    A foto de hoxe é especialmente bonita, parabéns.
    Un bico para a familia e a gozar deste tempo de outono e recollemento.

    ResponderEliminar
  3. e todo isto sen ir á escola? vaiaaaaaaa!!! ;)

    Un biquiño tartarouchiña

    ResponderEliminar
  4. Tes una familia ben fermosa e un blogue cheo de cousas lindas.

    E sí, medran á velocidade da lus!

    bicos

    ResponderEliminar
  5. paideleo, vemos o tempo pasar por eles :)

    Cris, claro que gusta velos medrar, pero sintes como se escapan dunha etapa cara outra e aix, da morriña. E si, unha merda que teñan (teñamos) que ser todos iguais.

    Maria Sol, cada etapa ten o seu aquel, e o mellor de todo debe ser cando ves que son adultos feitos e dereitos :) Un biquiño

    Meninheira, grazas polos pulos :)

    Bailadora, grazas!!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir