jueves, 26 de noviembre de 2009

Aprender na casa

Non sei se é evidente ou non, pero para os nenos en idade escolar, que están na casa, hai presión. Dende logo cada familia o vive á súa maneira, a algúns nos afectará máis e a outros menos, pero a presión do entorno existe, como en case todo o diferente. Se á maioría lle parece raro que non vaian á gardería con meses de idade "a socializar", imaxinade con anos. Moita xente nin sequera sabe que a escolarización "obrigatoria" non comeza ata os 6 anos, e os pequenos escoitan comentarios día tras día do grandes que son (para tantas cousas, incluindo non ir ó cole), e os pais tamén escoitamos eses comentarios. Ás veces unha avoa che di que fas ben, que aproveites todo o que poidas, e outras un pai no parque che di que na súa época o normal era comezar ós 6, e que el é enxeñeiro; pero non é o habitual, o máis normal é o silencio e mirada ó chan, ou os comentarios das mamás no parque dicindo que na clase de 6 anos tiveron que "retrasar" a toda a clase por CULPA dese neno novo que non sabe ler... e faise costa arriba.

Faite reafirmarte nos teus pensamentos: por exemplo que clase de educadores transmite eses coñecementos ós pais, non se supón que debería haber algo de confidencialidade? Supoño que unha que cre que realmente unha clase de nenos de 6 anos vai retrasada, porque todo isto é unha carreira, claro; pero tamén che fai dubidar: e se a miña se convirte en "culpable" algún día?

É complicado...

Pero entón pasan cousas na casa sen saber moi ben como e ves o doado que é aprender, que a Z. lle escribiu a man a carta a Papá Noel, que escribe o seu nome coas letras de imán na pizarra, e te relaxas porque realmente ese non era un problema e comezas a ver canto se aprende na casa, no día a día, aínda que non nos decatemos.

contar

cortar

clasificar

imaxinar

aprender

xogar

E agora é ela a que leva días dicindo que vai ir ó cole do seu amigo M., aínda que ten moi claro que aínda non... quen sabe onde nos levará isto, pero de momento collemos folgos para outra tempada :)

7 comentarios:

  1. Bueno, bueno, bueno. Temita.
    Mira tartaroucha, cando te atopes con eses comentarios, vas facer unha cousa: Vaste vir comigo ó instituto, a ver en que os convirte o sistema. A ver como lle preguntas a dúas rapazas de 15 que opinan sobre x tema, como fixen eu onte, e contestan que non saben que queres tí (eu) que contesten, non saben a resposta correcta sobre a súa propia opinión. Vente ver que a calquera pregunta sobre os seus pensamentos, sentimentos ou a súa vida contestan o que sexa seguido dun ¿no? buscando a avaliación, o xuízo ó que están tan afeitos dende que naceron.

    Ou senón vente á miña casa ás 14:30 cando chega A do cole, e ven de morros, pregúntalle por que e escoita como che dí que ela quería facer plasti e non lle deixaron porque os xoves non toca. E despóis, pregúntalle por que non toca e escoita como resposta que porque a profe o manda.

    Vente á casa a escoitar conversas como esta:
    -Mamá, tí no instituto, es unha profe?
    -Sí, máis ou menos, filla.
    -Xa, pero é distinto o instituto ó cole?
    -Pois un pouco, os rapaces son maiores, por exemplo. Por que?
    -Non, porque non o entendo. O instituto non pode ser coma o cole, porque tí polas mañás dís que vas alí a traballar, e no cole as profes non traballan, traballamos os nenos.

    Ou máis, filla. Vente comigo a falar co titor da miña nena, ó que onte me acheguei para comentarlle que en casa a notamos moi sensible estes días, e a escoitar como che dí que sí, que xa ven eles que está "caprichosa e chorona".

    Mira, consello non pedido: que son os peores pero é que hoxe me tocaches o punto flaco: Dubidade da vosa elección todo o que teñades que dubidar, flaqueade, pensade que facedes mal, ben ou regular. Pero pensádeo con ela na casa, porque dar para atrás é moito máis difícil que non empezar. Non sei que merda ten o puto sistema que eles mesmos non queren saír, por moito que cada mañá lle digas que se non quere non vaia, quere, e vai...Non empecedes que despois non se sabe como parar.

    Bicos, envexosos hoxe, tristes, cansos e desesperanzados,
    Cris.

    ResponderEliminar
  2. Jo :( iache dicer algo pero a mensaxe de Cris deixome mal corpo :(

    ResponderEliminar
  3. Non te preocupes o máis mínimo. Vese que a túa nena é moi completa, que ten moitísimas habilidades que non aprendería na escola, onde o que si se aprende é submisión desde o primeiro momento e seguir os ditados do profesor. Outro punto, na casa cada neno é especial, na escola non se respectan (se hai excepcións que me pasen probas, se non, non o creo) as particularidades de cada neno. Outra, as comparacións con outros nenos nas tarefas escolares poden ser devastadores (todos sabemos que os docentes amosan orgullosos os cadernos limpiños e ben ordenados), e así podería seguir ata cansarte, pero só che digo que desfrutes todo o que poidas coas túas nenas e que deixes que a pequena aprenda da grande e a grande da pequena, que iso si que é bo. Vas separalas tan pequeniñas, non paga a pena, nin por unha nin por outra. Aproveita un par de aniños máis e despois xa reflexionarás, pero polo de agora igual é precipitado.
    Un biquiño e seguide así, que me gusta o camiño que ides trazando.

    ResponderEliminar
  4. Eu só podo dicir que sodes una valentes e que miro a Z. mui lista e ben aprendida.
    Ánimo coa túa escolla.

    ResponderEliminar
  5. bueno tiña que dicir algo a optimista e crente na escola pública con perdón :O)....digo eu que cando empece a Z ó cole, sexa cando sexa...tamén vai atopar meniños e xentiña boa...que tamén son cousiñas da vida que merecen a pena.......e mesmo igual atopa algunha profe á que lle colla cariño que habelas hainas :O)
    moito ánimo valentes
    rosana

    ResponderEliminar
  6. Pois eu estou con Cris, cando veño de volta no coche despois de deixar o Insti danme os mil males, e nunca atopo unha razón para ter fill@s, para que plantar unha semente que moita xente se vai adicar a pisotear...o Insti ata me cambia o carácter a min, que non fara con eles/as... tamén é certo que @s nen@s pouca culpa teñen, algúns pais, nais habería que prohibirlles tel@s ou facerlles pasar algunhas probas... eu estou co voso xeito de facer as cousas

    ResponderEliminar
  7. Cris, jo :* e que vaia pasando

    Meninheira,ánimo, que imaxino a presión que tes.

    Maria Sol, grazas.

    Paideleo, graciñas, de verdade, eu tamén a vexo ben lista :)

    Rosana, non dubido que nos coles haxa amigos e profes ás que se lle colla cariño, dubido de todo o demáis :*

    A outra Cris, razóns para ter fillos, o que se lles quere :)

    E a todos, non sabedes o que se aprecian, de verdade, os vosos comentarios, grazas.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir