lunes, 5 de octubre de 2009

Un xersei, dous pantalóns

Despois daquela primeira parte cunha camisa, agora lanceime a reutilizar un xersei que apenas puxen e sen tutorial nin nada (aix, que orgullosa estou!) aquí está o resultado:

un xersei

Un deles, o que ten posto nas fotos ata ten quentadores nas perniñas, e ademáis de quedar orixinais, séntanlle tan ben ó seu cú gordecho! :)

co seu cuíño gordo

pantalons

3 comentarios:

  1. Que bonito che quedou!
    Déixasme sen palabras, hai que ver que es unha artista. A modelo tamén axuda moito, que loce a roupa que lle fixo mamá cunha fachenda que xa quixeran moitas modelos profesionais.
    A min iso da reciclaxe tamén me gusta moito, e as teas que uso son de segunda man sempre, que dá unha lástima tirar a roupa ó colector cando xa non vale...
    Un biquiño e a seguir posteando, que me fai unha ilusión enorme cada vez que abro o blogue e vexo algo novo.

    ResponderEliminar
  2. ¡Toma ya! ...(¿Y una cinta para el pelo con el triángulo que sobra?)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir