sábado, 31 de octubre de 2009

Reaproveitando

Nesas seguimos, o Moucho recuperou uns palés e fabricou un novo compostador tamaño maxi, xa que o que tiñamos se nos queda pequeno. Así alimentaremos máis a nosa pequena hortiña cos restos de comidas e de amaños nas prantas.

novo compostador

Va que lle quedou ben chulo?

E mentres el traballaba fora, eu traballaba dentro. As gasas que usabamos como absorbentes nos cueiros xa non son abondo para os pises da nosa mexoniña, así que so podemos usar con seguridade de que non haberá fugas os cueiros Imse-vimse. Pero deuse a casualidade de que hai pouco chegou a casa unha remesa nova de camisolas que os seus propietarios xa non usaban e que están en perfetas condicións, así que se me ocorreu que igual podía desbotar as que levo preto de 15 anos usando para andar na casa (dicindo estas cousas é cando te decatas de que te fas vella).

IMG_3871

IMG_3873

IMG_3977

IMG_3976

IMG_3975

E así foi como naceu o noso primeiro Copimse-vimse ;D Moito máis suave que o orixinal, máis mol, ocupa menos, e funciona á perfección. Agora só resta sacar tempo para conseguir facer máis e reducir o número de camisolas vellas.

9 comentarios:

  1. Nunca deixarás de sorprendernos. Dá gusto ver que aproveitades o tempo para axudar un pouquiño ó planeta. Ai, se todos fosen coma vós, outro galo cantaría.
    Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. pois si que che quedou ben, eu tamén fixen algúns cueiros aproveitando roupa usada e a miña maior ainda os usa polas noites

    ResponderEliminar
  3. Ais, xa sei que soa a peloteo , pero eu na próxima vida quixera ser coma os tartarouchos...
    Es claro que estades a cambiar o mundo ;o)
    Grazas.

    ResponderEliminar
  4. Vaia onte estabamos a falar deste tema dos dodotis e de como as nosas nais nos criaron se encher o mundo de lixo, tomárome por tola cando suxerín voltar ás nosas "gasas"... alédame ver que hai máis tol@s :)

    ResponderEliminar
  5. Preciosa a "casiña" que fixo Moucho e tamén os teus cueiros. Que idea tan boa!
    E Rosalía asomouse por aquí cando eu vía a antepenúltima foto e dixo: "quen fixo esas guitarras?"
    Un bico tartarouchos e moitas grazas polos mimos que lle dades ó planeta!!!

    ResponderEliminar
  6. Qué boa idea a dos cueiros, e a do composteiro! e tantas!

    un bico

    ResponderEliminar
  7. Pos xa sabes, proba! Eu xa fixen un segundo cueiro, aínda con máis absorción e coa mesma suavidade, encántanme!

    ResponderEliminar
  8. gústame unha morea!xa me contarás cales son os problemas...teño moito medo de que os meus non funcionen!!*

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir