martes, 13 de octubre de 2009

Onte

Por fin a Z. colleulle o truco a sacar fotos, e goza facéndoas.

De onte:

A súa L.

a súa L

A miña L.

a miña L

A súa eu

a súa eu

A miña ela

a miña ela

Non son xeniais?

8 comentarios:

  1. Vaia fotos chulas... unhas e mailas outras.
    Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. ¿Sabes que hay un tipo de fotos dentro de la pedofilia a las que llaman "Candy"?
    Estas fotos tan bonitas pueden pasar a formar parte de la colección de algún depravado, tan fácil como clicar con el botón derecho y darle a guardar como.

    Se debe proteger la integridad física y psíquica de los hijos, pero también su imagen pública. ¿Te gustaría que las fotos de tu Z sirvieran para el goce de esa gente? Seguro que no.

    Un saludo

    ResponderEliminar
  3. Grazas anónimo, tereino en conta. En calquera caso a túa advertencia non puido evitar que lembrara a frase do candidato Paíño en Airbag cando o levaban detido: "la culpa es de los padres, que las visten como putas".
    Poderei evitar que un depravado colla fotos da miña Z., pero non poderei evitar que sexa un depravado ó que "lle poña" o primeiro plano da cara dunha nena... a enfermidade non está na foto senón no ollo do que a ve.

    ResponderEliminar
  4. Sinto todo isto que acabo de ler nos comentarios. Nós non nos decatamos cando os nosos nenos andan espidos pola praia, só pensamos no ben que o están a pasar, no felices que son, pero é verdade que pode haber alguén que teña unha mirada non moi limpa.
    En fin, tes unhas nenas preciosas, encántannos as actualizacións que fas, celebro que á maior xa comecen a gustarlle as fotos (quen vos verá cando saiades de paseo, nai e filla coas cámaras inmortalizando belos momentos que a retina non pode gardar indefinidamente), que a pequena goce cando ten que facer de modelo para súa irmá, e que esta familia medre feliz para que os cibernautas poidamos velo. Que sería de min se cada vez que abro internet non aparece un post dos tartarouchos?
    E volvendo ó do principio, non podes desactivar o botón dereito para que as túas imaxes sexan só túas?
    Un biquiño para os catro, que o merecedes por serdes como sodes e por compartirdes un anaquiño da vosa vida.

    ResponderEliminar
  5. Tienes mucha razón, no hay nada malo ni feo en esas imágenes, si no que la suciedad está en sus ojos.

    Las fotografías son preciosas y es una pena (egoístamente hablando) que ya no podamos disfrutar de ellas pero creo que es mejor así. No se lo vamos a poner fácil ¿verdad?

    Es nuestra obligación protegerles en todos los ámbitos.

    Un saludo

    ResponderEliminar
  6. aiiiii que pouco me gusta que me metan medos innecesarios no corpo e no corazonciño, sei que este "anónimo" ten dereito a expresarse, pero penso que se sentiría moito máis realizado escribindo comentarios por exemplo....na páxina da supernany.
    Que nos deixe os nosos tartarouchos creativos e libres como son
    rosana

    ResponderEliminar
  7. Pois eu cando vín a foto en cuestión, pensei o mesmo que anónimo. Se cadra teño que irme coa supernany tamén ;-)
    Coido que o comentario en cuestión é un toque de atención que fai evidente o que ás veces esquecemos: Que o que subimos a internet pódese ver en todo o planeta, xente que vexa o belo das fotos e xente que só teña merda na cabeza. É decisión nosa que facer, non se pode vivir co medo no corpo pero tampouco poñerlles a imaxe dos nosos fillos en bandexa, penso eu. Tamén tería quitado a foto, como fixo a Tartaruga.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir