lunes, 19 de octubre de 2009

Ás veces pasa

Pasa que tes moitas ganas de facer algo, como o que aconteceu en canto vin o chaleque Neighborly,
o patrón gratuito e o proxecto perfecto para esta época do ano e xusto na talla da Z.

E entón vas á tenda de las e atopas algo así de primeiras que che enche o ollo, vaille coa roupa que ten para este inverno, non é a típica la lisa... todo semellaba ideal ata que teces,

neighborly I

neighborly I

e teces, e teces, remátalo, próbalo e efectivamente, como xa che parecera mentres o andabas a facer, élle un chisco xusto.

neighborly I

Bueno, non pasa nada, tampouco é que non lle valla, é só que igual para febreiro lle queda un pouco ceñido, pero non teño por que desfacelo... e entón vai ela e dío:

- Xa o podo quitar? É que pica.

Ohhhhhhhh! A primeira vez que me pasa, e a alma ós pés. Que frustrante sensación! Por sorte foi un proxecto rápido e que non levaba moita la, e ademáis non lle estaba perfeto, así que mellor desfacelo rápido.

Pero non vos preocupedes, xa estamos argallando unha versión xl (a ver o que sae e o que tardo, que esa é outra) e, como xa veu o frío, hoxe pola mañá adicámonos a tecer todas ben xuntiñas

neighborly II

Por desgracia a la non chegou para moito, así que tivemos que parar de novo, pero logo continuamos.

8 comentarios:

  1. Pois mira que mágoa co lindo que era e ter que desfacelo. Por certo, era unha das cousas que máis rabia me daba cando miña nai me facía xerseis ou chaquetas, que picasen. O que podes facer é unha chaqueta para poñer por riba de máis roupa, seguro que non se queixa. Viches a de gancho de Elainecrochet, feita con dous hexágonos, estou pensando que nesas cores quedaría preciosa. Bota unha ollada, a ver que che parece.
    Un bico e a seguir tecendo.

    ResponderEliminar
  2. Oh, que lástima con lo bonita que se ve la lana. A ver si con una talla más grande se soluciona el problema.

    ResponderEliminar
  3. que foto máis bonita! coa gatiña e mais a L :D

    biquiñosssssss estresadossssss :)

    ResponderEliminar
  4. Oooh, que faena. Quedáballe chulísimo, a mín mólame así, curtiño. Pero se lle picaba, fixeches o mellor que podías facer, desfacer :-P
    Eu teño unha chaqueta que lle merquei a Alicia para poñer a unha voda que non fomos hai dous anos. Como é moi curta, aínda lle vale, e hai tres ou catro días aínda lla intentei poñer. E sempre o mesmo: Piiiiiicaaaaaaa mamááá.
    Non sei a quen lla dar, custoume unha pasta e está sen estrear. Pero joder, é que pica un huevazo, non sei en que carallo pensei ó mercala.

    ResponderEliminar
  5. Ya se te ve que muy contenta no estabas... pues es preciosa y me encanta el color, de la foto también, Z sale preciosa!
    Un besazo!!

    ResponderEliminar
  6. Me encata la ultima foto de este post. Me encanta.

    ResponderEliminar
  7. Vale. Ya entiendo el post anterior... :)
    A mi me ha pasado eso alguna vez. Sobre todo con mi pareja que es muy sensible para las lanas. La foto de las tres me encanta. A ver cómo vamos avanzando el otoño Jorge y yo, porque, por lo pronto, en un mes he hecho la suela de un patuco... :)

    ResponderEliminar
  8. Grazas nenas :)
    Adijirja, la suela de un patuco en el primer mes del primer hijo? Estás hecha un fenómeno, en serio. No te preocupes por el tiempo, verás como se multiplica siendo menos ;) Qué gusto leerte

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir