lunes, 12 de octubre de 2009

Algunha cousiña rematada

O meu primeiro chal, feito cos restos da Pinwheel sweater da Z.
Aquí faltábanlle unhas voltas para rematalo, aínda teño pendente unha foto con el posto para que o vexades enteiro.

simple chal queimarrestos

Impresións: as últimas voltas fanse interminables coas dúas pequenas dando voltas arredor, e eu, non sei se vos pasa a vós, son das que non soporta deixar unha volta a medias... e iso que este quedou pequeniño... non sei cando sacarei forzas para facer outro.

E un miniproxecto de costura. Cando viñemos vivir para esta casa, a miña avoa Marilde, regaloume un pinceiro de reciclaxe: usando unha vella percha rota e un retal. O pobre agora estaba xa roto, recosido, coa percha cambiada... así que fixen un novo utilizando un retal que trouxo a avoa Olga e unha percha que viña con algunha camiseta das tartarouchas.

pinceiro2

Sei que pode parecer un proxecto moi sinxelo, pero para principiantas coma min axuda a ver detalles, coma por exemplo, que non se pode coser a abertura para a percha en redondo porque pasa o que vedes (un dos bordes queda torcido e aplastado cara abaixo), ou que non teño nin idea de como se remata a cinta bies.
Mirade que ledas están na súa nova casiña!

pinceiro

Ai! A costura e a reutilización! Teño grandes (pequenos) proxectos! :D

5 comentarios:

  1. jajaja , encántame como sorrín as pinzas da roupa no seu precioso novo pinceiro...
    Eu non sabía nin que existían esas cousas.. :oO
    Na miña casa as pinzas viven permanentemente postas nas cordas , con ou sen roupa...
    Miñas pobres...
    ;o)

    ResponderEliminar
  2. Encántame o chal, a bolsa das pinzas e máis a vosa familia :)

    ResponderEliminar
  3. Pues a pesar de todo tiene buena pinta!! Y los colores del chal están muy chulos. Me gusta.

    ResponderEliminar
  4. Eu tampouco o sabía ata que atopei isto...

    http://francescashabbyhome.blogspot.com/2009/10/come-attaccare-un-bindello-binding.html

    ResponderEliminar
  5. Fasedoira, a min encántame que nos descubriras para descubirte a ti e os teus blogues :)

    Cris, moitas grazas! Agora xa sei unha cousa máis :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir