domingo, 27 de septiembre de 2009

Si, no Castro Laboreiro

A avoa Carme quería ir visitar a virxe da Peneda e ata alá fomos. Impresionante, non o santuario, senón todo o que o rodea: os montes pelados de camiño aló, todos pedregosos (non hai fotos porque nos choveu todo o camiño), a fervenza ou fecha como lle chaman en terras do sur que se vía atrás do hotel,

a fecha

todos os montes a rebosar de vexetación rodeándoo todo,

preciosos

os montes

e ese penedo (ou peneda, supoño) enorme que coroa o lugar e por onde se vían subir ós rapaces cargadiños con mochilas para escalada (Catuxa, pensamos en vós!)

cara arriba

a peneda

paramos a mirar a louza que había a vender nos postos

louza

e admiramos algunha peza en especial

louza certa

A Z. marchou cun lobo que ouvea de recordo, nós cun cesto para recoller os froitos do noso hortiño, e a tía Lu descubriu o que se lle dá ben na vida: tocar o chifre de auga (mágoa non termos foto disto :D).

Á volta paramos en Castro Laboreiro a saudar a unha cadeliña de mirada triste e preciosa da mesma raza que leva o seu nome: O can de Castro Laboreiro. Fíxome pensar: non é raro que no Castro Laboreiro haxa un criadeiro de cans da súa raza e que ademáis todos os cans que ves ó pasar son desa mesma raza? Non é demasiado antinatural? Todos os cans dun pobo exactamente iguais... e tan illados non están hoxe en día para que a endogamia os leve a ter só eses cans... e despois a tía Rita (que aprende a escribir comentarios grazas á entrada motivante axeitada :-P) mandounos este enlace que quero compartir (o documental completo podedes velo aquí)



E, por suposto, estando en Portugal, e no Castro Laboreiro, comemos "o melhor bacalhau a broa do mundo"... ou iso rezaba o cartel do restaurante do que estivemos dacordo en que facer ventanais no lugar das fiestras sería todo un acerto, e bueno, algúns comeron máis ca outros.

En calquera caso o Parque natural Baixa Limia-Xurés, unido co veciño Parque Nacional Portugués da Peneda-Gerês , coa serra da Peneda e do Laboreiro ben merece unha boa visita.

Así que proida e tía Rita, noraboa!! E sentímolo, pero desta vez non había premio, cachis!
Niunpuntoatrás perroterapia se cadra na vindeira ocasión ;-)
Anisor... vente de visita ó teu Santiago antes de que te poida a morriña! :-)

E vos seguiremos contando.

IMG_3807

3 comentarios:

Conta, conta...

Por se queres compartir