jueves, 10 de septiembre de 2009

Nove meses e nove días

Hai dous días que gatea despois de moitos intentos.

intento de gateo

E máis dun mes que se ergue sen axuda.

de pé

Ten os dous dentiños abaixo fóra e os catro de arriba a romper ó mesmo tempo.
A maior parte do tempo sorrí... pero xa lle rifa á irmá grande cando lle quita algo do que ten nas mans.

enfadada

E nas fotos sempre sae seria.

sorrindo? Nunca para a foto

Alucínanlle os ollos dos bonecos que parecen bebés.

Dende que aprendeu non deixa de facer os cinco lobiños e triscar a lingua con cada canción que lle cantes, sexa cal sexa.

E cando escoita música na radio ou similar móvese seguindo o ritmo.

5 comentarios:

  1. Vaya... que grande está ya!!
    Este tiempo pasa demasiado rápido, verdad??? :)

    ResponderEliminar
  2. Está preciosa. Hai que gozar de cada etapa deles, que todas son un encanto, pero é que agora,... Está a un punto de atinxir a independencia do libre desprazamento.
    Quedáronche unhas fotos fermosísimas.
    Por certo, pensei que era maior, pero vese que está criadiña para nove meses.
    Un biquiño, e aproveitade cada momento, que logo pasa e fanse maiores.

    ResponderEliminar
  3. Como pasa o tempo e como progresa !.
    A desfrutar desas dúas personiñas !.

    ResponderEliminar
  4. Actualiza, que vou deixar as fotos sen cor de tanto ollalas. Son moi bonitas, por iso estou agardando impaciente por máis fotos e historietas, ti que tan ben as contas.
    Un biquiño.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir