jueves, 17 de septiembre de 2009

Chegou o outono

De súpeto, non é que non sexa tempo, pero a min este ano non me pilla preaparada.
Normalmente a estas alturas devezo por sentir o frío e taparme coa mantiña no sofá e poñer xerseis... pero este ano non, este ano só penso na luz, na luz que vai faltar todo o inverno.
E eu desta vez coido que non me recarguei ben as pilas de luz, de cores e de cheiros coma Frederick.

Mentres agardo que lle falte o derradeiro coletazo a este verán para poder concentrarme en encherme de luz deixo aquí unhas fotos con arrecendo do verán que gardo en saquiños para lembrar no inverno.


lavanda

lavanda
Foto do Moucho

Trala recolección das flores coas axudantas o mellor é cheirarse as mans despois de atar os ramiños de flores para deixalos secar, mmmm.
E mentres secan fas uns saquiños co retal dunha cortiña que había por casa, un pouco de la e os saquiños que envolvían as botellas de licor agasallo dunha voda.
E despois de enchelos, ademáis de metelos no caixón da roupa interior para que nos chegue o arrecendo polas mañás... o mellor é metelos acompañando por exemplo, unha bolsa chea da la coa que fixeches a mantiña que che da para facer outra máis se quixeras e que descubriches despois de colocar o salón O_o

saquiños de lavanda

Xa me dicía miña nai que había que ter as cousas ordenadas :)

Que teñades unha boa entrada no outono atmosférico.

6 comentarios:

  1. Namórame a foto na que saes coa nena pequena, vese tan contenta de estar ó teu lombo...
    Quería facerche unha preguntiña, onde mercaches esas zapatillas tan chulas? Gustaríame ter unhas, nunca vira nada tan bonito.
    Un biquiño e aproveitade o que quede de verán, que non é moito.

    ResponderEliminar
  2. Aquí el otoño también está llegando tímidamente. Aunque supongo que no tendrá nada que ver con la intensidad con la que llega por esas latitudes. Debe ser porque aquí, de una u otra forma, siempre hay luz, pero personalmente, lo que echo de menos es el frío... :)
    Que tu comienzo de otoño también sea agradecido...

    ResponderEliminar
  3. Por cierto, estoy con María... qué zapatos más chulos!!!! :)

    ResponderEliminar
  4. estou máis contenta por iso, pero dame que aínda teremos ben calor polo san froilán, pero boto de menos a choiva, eu son de interior interior e frío frío (un chisco suiza, pero como se dixera siberiana, : D )

    ResponderEliminar
  5. Que sorte Olivia, que aquí temos unha boa ración de frío e choiva... e a min chegoume o sol para cargar pilas.

    O dos meus pés merqueillos nunha feira de artesanía a un artesán alemán que vive no Bierzo, en León, díxome que mandaba pedido por correo, así que se queredes: jensboettcher1@gmx.net

    ResponderEliminar
  6. olá!
    espero que consigam perceber português ;) que é tão parecido com o galego!

    linkei-vos no meu blog, porque adorei o que li!

    um bom outono também para os tartarouchos, mesmo que seja com pouco sol...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir