miércoles, 5 de agosto de 2009

Unha camisa, dous vestidos

O que me axuda a querer coser son cousas coma estas. Despois de utuilizar 3 camisas do avó Tito para facer unha saia, con outra máis e máis un retal en cor azul-morada e este tutorial, conseguín facer dous vestidos para as miñas Tartarouchas.
E eu que sempre me preguntaba que empurraba á xente a vestir ós fillos tan combinados, teño que recoñecer que facendo a roupa unha mesma ten a súa gracia.

Quería poñer mellores fotos, pero o sábado estreabamos os vestidos na voda duns amigos e as fotos foron sacadas o venres de madrugada e o sábado pola mañá antes de sair da casa xustiños de tempo, así que nin trípode coa familia ó completo nin foto con calma nin nada. (supoño que ó fotógrafo de cada familia sempre lle pasa igual: non sae nas fotos).

antes

despois

preparados para sair

Aínda que nas fotos non se vexa, o modelo da L. ten un pantalón azul tapa-cueiros, e non sabedes o contenta que estivo a Z. coa súa flor... aínda que desta vez gañaron as zapatillas, que ata hoxe nestes momentos as ten postas, cando o habitual é que estea sen roupa nin calzado nada máis erguerse da cama.

E temos unha bolsa chea de camisas do avó ás que lle imos atopar unha chea de usos, xa veredes!!

A única pega que segue a ter a costura para min é a súa incompatibilidade cunha vida sen ferro de pasar... de feito as costuras non quedaron moi asentadas por mor disto, pero eu doume por satisfeita :)

Nota: creo que do que non imos poder prescindir nunca para facer a nosa vida máis sostible vai ser de internet: reaprendín a tecer, e agora fago os meus primeiros intentos coa costura, o Moucho coida do noso horto ecolóxico cos trucos da rede, aprendemos a facer pan de verdade,... :)

6 comentarios:

  1. Que vestidos mais bonitos.
    Eres un xenio de muller.
    Mary

    ResponderEliminar
  2. Míralas que guapas ellas!!! Bueno... la familia "casi" al completo... ;)
    Te han quedado estupendas. Y tienes razón en la importancia de reciclar e intentar hacer la vida un poco más sostenible.

    ResponderEliminar
  3. estiven vendo os vestidos, e quedaranche fermosisimos aparte de que as modelos tamen influen, estaste a converter en toda unha costureira chea e inxenio

    ResponderEliminar
  4. Pero que chulada!!!
    Hoxe estiven retirando roupa para "Cáritas"...
    Quen me dera ser coma ti e levarlles só algunha! Sinto verdadeira envexa (sana).
    Un biquiño

    ResponderEliminar
  5. Que chula la combinación de naranja con morado! las niñas están guapísimas!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir