domingo, 2 de agosto de 2009

Rematados

A mantiña arco da vella está xa coa futura mamá Inés. Gustoume moito o resultado, e quedou do tamaño perfeto que buscaba. Algunhas fotiños:

Mantiña arco da vella

nadando nun lago arcoiris

mantiña arco da vella

Por certo, a miña preocupación porque o peso da manta aplastase ó bebé ó final non era para tanto :D

Non era para tanto

O caso é que pensei que usara tres novelos de cada cor, pero se ve que foron so dous, porque se non non me dan as contas.

E tiña que vos amosar estas fotos da miña Z. "modelando" coa pinwheel e uns pantalóns feitos tamén pola súa nai. O outfit foi cousa dela... ai, pero como presta que escolla estas cousas para se vestir!

a miña modelo: pinwheel e pantalóns

posando :D

a miña modelo

Os automáticos non quedaron de todo mal, nin ben. Eu buscaba un broche de ganchos, simple, pero os que había eran demasiado barrocos.

A que é toda unha profesional? :D

6 comentarios:

  1. Que colorido! Definitivamente esta manta é unha reconciliación ca miña manía ó ganchillo. E a Z. modela simpatiquísima coa pinwheel! quédalle de medo!

    ResponderEliminar
  2. Que preciosidade a mantiña Tartaroucha!!! encántame a combinación de cores e as ondiñas. Preciosa a "modeladora", madia leva prestarche que elixa vestir así. Noraboa!
    ;-*

    ResponderEliminar
  3. Ups, dixen Tartaroucha onde quería dicir Tartaruga...

    ResponderEliminar
  4. Me gusta mucho como te ha quedado esa manta. Muy alegre y con mucho color! fantástica!

    Por cierto, que presumida Z!!! me da la impresión que su chaqueta nueva le gusta muchísimo!

    ResponderEliminar
  5. Pero que chula ha quedado la manta al final!!!! Me encanta el colorido... ya te lo había dicho, verdad??
    Y a Z. se la ve encantada con su chaqueta... aunque tenga que ser sujetada por un botón!! :)

    ResponderEliminar
  6. Anisor, si es que sólo hay que encontrar el proyecto adecuado ;)

    Grazas Sabeliña :*

    Núria le encanta su chaqueta nueva y por suerte ha sido un acierto tejerla con el "verano" que estamos teniendo.

    Adijirja gracias!!!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir