martes, 11 de agosto de 2009

A quen non lle gusta durmir acompañado?

Claro, non o digo polos adultos, onde parece unha perogrullada a pregunta, non si? Dígoo polos nosos pequenos. E vou facer uso do que repetía tía Rita durante as nosas vacacións en relación á crianza: COHERENCIA. Xa sabedes, aquelo de dar exemplo: se non queremos que os nosos fillos fumen non é o máis axeitado dicilo cun cigarro na man; se non se bate non o aprendemos a labazadas; se é MALO durmir xuntos, que clase de exemplo lle estamos dando ós nosos fillos os pais, durmindo tan pegadiños? ;-P
Xa o descubriu algún neno que dixo algo así coma: "se eu son pequeno e teño medo, e vós sodes grandes e non tendes medo, ¿por que eu teño que durmir so e vós durmides xuntos?"

E é que o que me move a escribir esta entrada no blogue, ademáis da pregunta de Adijirja tempo atrás, é que isto de durmir xuntos é outra desas cousas que está vetada, que non se pode facer porque malacostumbra-malcría ós nenos, que os convirte en seres dependentes que nunca van saír da nosa cama, e puntos suspensivos, porque xa sabemos todos desta liña de comentarios respecto á crianza dos pequenos. Pero o que de verdade non son quen de aturar é que os especialistas na saúde infantil, os nosos pediatras e enfermeiras, tamén fagan recomendacións do estilo anterior, supostamente médicas, baixo ameazas de problemas sicolóxicos como me contou unha mamá na voda o outro día, ou que outro tipo de "especialistas en sono" (normalmente famosos e que se atreven con temas que non teñen nada que ver co sono) se vaian prodigando por todo o lado advertindo ás nais e pais dos perigos dos "trastornos de sono" eses que sonsisten en que un bebé esperte de noite, que non son tales trastornos.

Como non me parece xusto que as solucións ben vistas para as nais traballadoras que dan teta sexan dúas torturas para min, a saber: ou erguerse e cambiar de cuarto cada vez que o bebé esperta (unha tortura para a nai, e para o neno, aínda que menos evidente), ou deixalo chorar ata que se rinda, digo... se afaga,ata que se lle quite o vicio, vaia (unha tortura para o neno e para os pais). Pois vouvos dar a miña/nosa solución.

Así que unha vez posta a cara fea, ímoslle alegrar a faciana á entrada con cousiñas nosas :-)

Vouvos contar a nosa experiencia.
A Z. durmiu a noite do tirón dende que naceu ata apróximadamente os 6 meses, así que ós 4 meses, seguindo as recomendacións da matrona que daba as clases de educación maternal, puxémola no seu cuarto. O seu cuarto era precioso, preparámolo igualiño que se ve nas películas, pintando as paredes con toda a ilusión e montando o berce con ela aínda dentro do meu bandullo. Claro que a ela tanto lle tiña, de noite todo estaba escuro e non se vía nada da decoración, e ademáis, ela durmía.
Mentres a pequena Z. de catro mesiños durmía no seu cuarto, eu, no noso, no cuarto dos pais, non pensedes que durmía toda a noite coma ela... espertaba a cada ruidiño do "intercomunicador" (outro cachivache máis deses que te fan crer que son imprescindibles cando estás preñada e que fan que os bebés sexan taaaaaaaaaan caros) e, por suposto, erguíame a mirar se todo ía ben tamén cando non escoitaba ruidiño ningún.
Pero, sorpresa! Ós seis meses comezou a espertar (cousa totalmente normal e natural, por se o dubidabades) e entón comezou a tortura. Cada vez que a pequena espertaba, mamá saía da súa cama, camiñaba todo o corredor ata o cuarto perfetamente decorado da súa filla e, ás escuras, collíaa, sentábase nunha mecedora e dáballe teta ata que quedaba durmida de novo. Entón mamá con moito coidadiño erguíase coa pequena no colo e intentaba pousala no berce (outro deses aparellos imprescindibles para os bebés, e carísimos) e entón, cando xa estaba a piques de soltala... tachán! Os ollos da pequena coma pratos! O (agora seino) famoso síndrome do berce con pinchos.
E, claro, agora non quería teta, así que tocaba pasear e pasear polo precioso cuarto, ás escuras, ata que quedara durmida e poder repetir a operación, cun pouco de sorte con éxito para voltar ó cuarto dos pais a durmir ata a seguinte vez.

E mamá fartouse, claro. E entón dixo que seguramente o seu mal humor polo día se debía ó pouco que durmía pola noite e decidiu que igual non era mala idea meter á nena na cama con ela e darlle teta alí deitada, así polo menos desaparecería o temido síndrome do berce con pinchos. E así foi.

Non vos vou dicir que a Z. comezou a durmir toda a noite porque non é certo, tivo épocas de espertar moito, moitísimo, pero de seguro que se teño que facer aquel paseíño toda a noite, todas as noites, acabo desquiciada.

Primeiro simplemente a metiamos cando espertaba a primeira vez, despois decidín que se ía espertar todas as noites podía aforrar erguerme da cama tamén esa vez, e entón, xa que non nos collía o berce sen a barreira entre a cama e a parede, e por suposto tampouco ningunha outra cama, decidimos facer unha ampliación da cama a medida cun taboleiro con patas como somier e un colchón de escuma recortado a medida, e así durmimos tres anos os tres tan contentos.

E entón chegou a L. e as cousas foron moito máis doadas porque foron así dende o principio, durmimos dende a primeira noite todos xuntiños e agora é "a nosa habitación" e a outra, a que está tan preciosamente decorada foi reconvertida en habitación de xogos (pero os nenos pequenos non queren unha habitación grande onde xogar, prefiren un recunchiño pequeno pero preto de onde está o resto da familia) sen moito éxito, así que de momento é o cuarto da tía Lu cando ven á casa, e para nós é coñecida coma "a das estrelas".

a das estrelas

E agora imos compartir uns momentos de intimidade respostando a esa pregunta: e durmides os catro na cama mesma cama? Pois si, e non.
Cando a Z. veu definitivamente para "o noso cuarto" encargamos esa ampliación da cama coa intención de que ela durmira alí e nolos dous na cama grande, pero foi medio-erro porque a ampliación, co gallo de aproveitar a roupa de cama que tiñamos para o berce, encargámola de 70x140, así que a Z. polas noites íase pegando a nós e despois non podiamos asaltar o curruncho porque os adultos non cabiamos alí dentro, por iso para min é mellor inversión un colchón de longo normal de cama que, se se dera o caso, poida ser ocupado por algún dos pais. Pola mesma razón non me gusta o sistema de berce-side-car (ou pegada á cama sen barreira). Así que a nosa cama era de 135+70 semi ficticios.
Cando naceu a L. demos un xiro ;D e aproveitamos un colchón de 105 que tiñamos na casa, pero se antes non nos collía o berce pegado unha cama menos aínda, así que tivemos que cambiar a orientación da cama, pero "a nosa cama" é agora de 135+105. Polo día (as poucas veces que esta feita) loce así:

a nosa de día

Como vedes o cabeceiro da cama non está "no seu sitio", unha das mesiñas queda inutilizada ós pés da cama, que é o meu lugar de entrada e saída.

Pero creo que esta é outra das normas da nosa da crianza dos fillos: FLEXIBILIDADE. Complicado neste mundo en que vivimos cheo de normas ríxidas, de estructuras, de esquemas, de horarios, onde necesitamos telo todo planificado con antelación,... Polo menos no noso caso, vivir a crianza das nosas pequenas sen planes ríxidos é o que fai que flúa con facilidade. Que o preparadisimo cuarto das estrelas non sexa agora o seu cuarto non nos crea estrés ningún, nin tampouco que a cabeceira da nosa cama non estea na cabeza. Incluso nos plantexamos cambiar de habitación e tirar os colchóns ó chan, e todo pode ser, xa iremos vendo.
A nós funciónanos que as nenas non teñan unha hora de erguerse nin unha hora de se deitar, máis ou menos teñen a súa hora, pero non llela poñemos nós, e así se un día non están deitadas á hora h non nos desesperamos, porque a súa vida non ten reloxio e elas non teñen culpa de que a nosa si, todo lles irá chegando.

O da cama hoxe o vexo así, sen máis, porque é o máis lóxico, porque a humanidade ten milenios de historia e hai tan so douscentos anos a maior parte das casas non tiñan habitacións para todos os seus membros, porque os xaponeses, unha sociedade avanzada, durmen todos no mesmo cuarto e non está mal visto nin teñen problemas sicolóxicos nin de sono por isto, porque o máis normal é que un bebé indefenso ou un neno que demanda compaña estean acompañados, porque non van querer durmir connosco toda a vida, porque se gasta menos calefación e se pasa menos frío ;-P

E para rematar, así (case) se ve a nosa cama de noite:

a nosa de noite

Coma sempre a fotógrafa non sae nas fotos, pero o seu oco é normalmente entre as dúas pequenas. E xa vedes que na cama somos aínda un máis :D

Que me dicides? Opinións? Preguntas?

PD: esquecíaseme: lecturas recomendadas sobre este tema:
"Dormir sin lágrimas" de Rosa Jové, ed. La esfera de los libros
"Bésame mucho" de Carlos González, ed. Temas de hoy

Por suposto esta so é unha solución dos sonos, a nosa, pero hai moitas, tantas coma familias.

17 comentarios:

  1. que che vou dicer eu? non son precisamente un exemplo para eses bestsellers do sono, durmimos tres na cama de 1,50 e a nena no berce pegadiño á cama, xa o dixen, ala, e encantame! agora imos mudar de casa, alí teñen cadanseu cuarto, pero sei que o neno fará visitas, a nena paréceme máis independiente e xa precisa cama, pero xa se verá! ; )
    máis dun dirá que estamos toliños, pois que non nos dean a lata que non imos cambiar

    ResponderEliminar
  2. Aquí outra que entra á cama polos pes :-P. Nos temos unha cama de 1.50 e outra de 90, parte da noite a facemos L na de 90 e o papa e máis eu na de 1.50, e a maior parte, L e máis eu na de 90 ben pegadiñas e o papá na de 1.50, jajajaja. E ás veces, métese na cama de 1.50 algún máis, ou incluso dous. Agora menos, porque, oh, meu Deus, os maiores durmen toda a noite xuntiños nas súas camas pegadiñas, menos mal que non ían sair nunca da nosa. Ah, perdón, que seguen a coleitar, agora os dous xuntiños.......

    Biquiños. Arantxa.

    ResponderEliminar
  3. Acabo de descobrir el teu blog, m'ha agradat molt i molt. M'agradaria deixar-te els comentaris en gallec però no el se escriure ni mig bé...
    Et segueixo a partir d'ara.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. O noso Leo acostumouse a durmir só e na súa cama e non quere saber de máis camas. iso si, para durmir hai que contarlle un conto e hai veces que o narrador de turno queda espichado co el.
    E así nos vai.

    ResponderEliminar
  5. Que entrada mais bonita , xa sabes que comparto toda a túa filosfía de crianza ;o)e a nosa evolución foi similar... aínda que o pobre Mateo levou o método en lugar de acabar na cama dos seu pais, :o(( .
    Encántame a vosa maxi-cama-familiar , nos nunca pasamos das camas de 1,35 con camiña -colchón de berce-acoplada, que na práctica foron sempre cama de matrimonio usada por tres :oS... bueno por catro , se contamos os ocupantes non humanos , que xa se sabe que os gatos se poden, tamen gostan de durmir acompañados ;oD jejeje.
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Graciñas Raquel por esta entrada tan fermosa.
    Como me recordou os primeiros meses de Z os da miña Z, igualiños igualiños, notase que fomos xuntas as clases de preparto.
    Canto avanzamos ou mellor dito fixeronnos avanzar as nosas fillas.
    biquiños.
    Mary

    ResponderEliminar
  7. A verdade é que eu non o tiña moi claro ó empezar a ler a entrada, pero a foto final é moi convincente, toda a familia durmindo tan pancha...

    ResponderEliminar
  8. Anisor! que valente!! Co tocho que me quedou e líchela ata o final! :)
    Grazas

    ResponderEliminar
  9. Que entrada tan bonitiña fixeches Tartarouchiña! Aqui outros sen berce e compartindo cama. :D

    A última vez que me dixeron que durmir con meniños era malo preguntei se tiñan información médica ó respecto, porque eu si tiña da que falaba dos beneficios. E nunca máis voltaron dicir nada :)

    ResponderEliminar
  10. Jejeje, me río, porque en mi casa siempre sabes con quién te acuestas pero nunca con quién te levantas, y es parte del "misterio de la noche", jajaja...y sí, cuna tenemos, pero está tan llena de juguetes y ropa desde hace años, que más parece una piscina de bolas, jajaja...precioso "tocho", jeje.
    Meni, es que eso de que los pediatras (en nuestro caso la enfermera) se metan en esto también, joooor, me pone de una gaita!!!

    ResponderEliminar
  11. He encontrado tu blog por casualidad, y me ha gustado, espero visitarle a menudo.
    Yo estoy de acuerdo contigo, mi hija duerme en su cama si quiere, y si no en la nuestra y aunque en el entorno que me muevo parece vamos...puff como si hicieramos un crimen es bueno saber que hay mas gente como yo que le gusta compartir con sus hijos la cama
    besos

    ResponderEliminar
  12. Vaya... mira que hacía tiempo que no me pasaba por aquí... Gracias por toda la información que das sobre el tema del colecho. Se ve que se han organizado estupendamente!!
    Nosotros aún no hemos decidido nada al respecto. Supongo que vamos a ver por dónde va soplando el viento con respecto al peque y ya veremos después...

    ResponderEliminar
  13. adorei este post e ri-me muitíssimo!!!

    nós só temos uma (por enquanto), e também dorme na nossa cama, entre nós. ao início dormia na alcofa, aos quatro meses passou para a cama de grades (ainda no nosso quarto) e por volta dum ano passou para a nossa cama. o problema não era por dormir mal de noite, sempre dormiu bem... era o tempo que levava a adormecer. eu tinha de ficar encostada à cama até ela adormecer (mesmo!!!) e cheguei a estar mais de uma hora à espera, ao frio e com dores nas costas e nas pernas. desisti e passei a adormecê-la na nossa cama, dez minutos... uma maravilha. depois passava-a para a cama dela, e era a mesma estória da cama com pinchos - igual! passou a ficar connosco e dormimos todos muito bem, quentinhos e felizes!!!!

    nós somos saudáveis e ela também, para além de felizes!!!!!

    claro que o berço dela já foi para o quarto, e o quarto dela fica mais bonito assim... e o nosso quarto com mais espaço!!!

    ResponderEliminar
  14. HOLA, DESCUBRÍN ESTE BLOG FAI MOI POUCO, PERO ENCÁNTAME. NÓS TAMÉN DURMIMOS OS CATRO NA CAMA DE 1,50, MÁIS OU MENOS POLOS MENOS MOTIVOS: UNHA COMBINACI.ON PERFECTA DE SONO, TETA E "BESAME MUCHO". =) PERO PARÉCEME INTERESATÍSIMA A IDEA DOS COLCHÓNS ADOSADOS. DENDE QUE CHEGOU O PEQUENO A CAMA QUEDOUSE UN POUCO PEQUENA, PORQUE ENCIMA O PEQUENO MÓVESE MOITÍSIMO. TEDES UNHA FAMILIA ESTUPENDA. NORABOA.

    ResponderEliminar
  15. Grazas Gaia e anuna, encatadas de saber de máis familias xuntiñas.
    Vémonos por aquí.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir