miércoles, 26 de agosto de 2009

Lavandeira

Vas de fin de semana e levas pouca roupa porque entre os cans, a bolsa coa roupa, trangalladas para pasar a viaxe, a bolsa para tecer, e contando que á volta imos levar cousiñas da horta dos avós.
E xa é sabido que as nenas se manchan, e normalmente as manchas permanecen na roupa todo o día, a non ser que sexan moi desastrosas ou que, coma nesta ocasión, sexa festa e a avoa queira levar á neta limpiña, e bueno... se á neta lle fai tanta ilusión lavar a roupa e o fai con tanta voluntariedade e tan ben...

Total, que o papá Moucho decidiu facer máis de unha foto esta vez e vos imos facer un tutorial: como lavar o teu pantalón manchado

Móllao
lavandeira 1

Extendeo
lavandeira 2

Colle o xabrón
lavandeira 3

Frega o xabrón contra o pantalón
lavandeira 4

Pousa o xabrón
lavandeira 5

Frega
lavandeira 6

Estira
lavandeira 7

Enxauga
lavandeira 8

E mellor, se o fas co séquito de avoas e bisavoas atrás dando folgos :D

lavandeira 9

Agradecemos a colaboración neste turorial á Z. e ás avóas ás que podedes ver nesta foto final: bisavoa Marilde, bisavoa Inés, avoa Carme e avoa Olga.

5 comentarios:

  1. que pasada, o mellor é ver tanta familia xunta arredor da meniña, canta familia, que sorte!

    ResponderEliminar
  2. A foto cas avoas e bisavoas pide a berros un marco! Tremendamente bonita!

    ResponderEliminar
  3. Isto é o conto das obras nas cidades: un a traballar e corenta a mirar.
    O que non pensaban as avoas é que a baba podía caer enriba do pantalón e botaban por terra tanto traballo, porque fachenda víaselles na cara ás catro.
    Un biquiño, familia, e a seguir gozando do cotián.

    ResponderEliminar
  4. A última foto parece un "Making of" :DD
    É unha imaxe moi fermosa.

    ResponderEliminar
  5. Cuanta abuela junta!!!! Qué lindo ver las tres generaciones disfrutando de esa manera...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir