sábado, 22 de agosto de 2009

A galiña dos ovos de pedra

- Toma mamá son tres ovos de pedra (dándome 3 pedriñas na man) tes que quentalos moito para que saian os pitiños.
- E de que serán? De pomba? De anduriña?
- Noooooon, son de pita, os pitiños son de pita (á vez que dá enfasé as súas verbas acenando coas mans).
- E logo serán de pita de pedra.
- Nooooon (ese non de: non entendes nadiña) non hai pitas de pedra, e unha pita como as dos avós.
- E como poría a pita uns ovos de pedra?
- ... polo cú.
- Claro, claro.

5 comentarios:

  1. genial!! jajaja, llevo cinco minutos a carcajadas, jajaja...

    ResponderEliminar
  2. hahahaha tí é que fas cada preguntaaaa XDDDDDDDDDDDD

    ResponderEliminar
  3. clara mamá, ti é que non te entendes, é o que me din a veces, eu xa non lles razono, hehehe, oe, xenial coas agullas circulares, xa che contarei cando acabe

    ResponderEliminar
  4. Recoñezo ese "nooooon", coma se os adultos fóramos doutro planeta X-D
    Hai que apuntarllas todas, esta nena é boísima!
    Bicos!

    ResponderEliminar
  5. Ocórrese unha idea xa que a túa nena ten tanta imaxinación, podías facer un cadro cunha foto dela no momento que tedes esas conversas tan amenas e poñerlle debaixo o diálogo enteiro. Sería un agasallo precioso para un familiar.
    Un bico.
    P.D. Que ben que fixeches un blogue porque as historias dos nenos é mellor que non caian no esquecemento.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir