miércoles, 19 de agosto de 2009

Fauna de xardín

E non sei por que ós bechos que viven no noso xardín atopámolos sempre dentro da casa, desta vez de novo no baño un novo visitante esta vez pouco asentado e buscando desesperadamente unha saída.

Así que o pillamos

témolo aquí dentro

Observámolo boa parte da mañá

cazado

E despois soltámolo para que fose cos seus papás (os nosos bichos sempre voltan con seus pais, aínda que non sexa de todo certo coido que é o que á Z. a deixa máis tranquila)

aí o está

sapiños :)

sapiño

sapiño

E a verdade é que nos deu moito xogo para un día diferente e emocionante. E emocións debeu sufrir o pobre sapiño perseguido por todo o xardín imitando os seus chimpos so ata que outra cousa mereceu máis atención

caracois facendo filliños

Virades algunha vez uns caracois "facendo filliños"? Pois a Z. non, e os pobres case acaban cos seus membros amputados (ai, que grima ver á Z. estirar e estirar :D).
Ó papá Moucho non lle fixo moita gracia que os deixaramos outra vez no seu sitio (pensando nas nosas pobres leitugas), pero había que deixar que a natureza seguise o seu curso e deunos pé para explicar algunhas cousiñas.

O que non acabo de comprender é por que sempre atopamos sapos co bonitas que son as ras.

6 comentarios:

  1. Hai que ver cantas cousas nos ensina a natureza... e unha nai tranquila e afóbica, porque cando penso naquel ratiño que colliches e metiches no recipiente... Quen me dera a min ter ese valor, porque cada vez que vexo un parezo a señorita Rotenmeier.
    En fin que aproveitedes o veraniño para saír e gozar en campo aberto, que para estar na casa e dedicarse a outros labores xa é longo abondo o inverno.
    Un biquiño para toda a familia e que sigades así de ben, Tartarouchos.

    ResponderEliminar
  2. :o) é que os sapos son mais amigos de lugares frescos e semihumidos como os baños das casas , e as ras mais de lugares realmente mollados , como as charcas non?... Nos na finca sempre atopamos algún na bañeira ou debaixo das pedras da escaleira , e non te queixes porque ese era pequeniño e feitiño ( par ser una sapo, jeje)
    Os caracois apareándose nunca os vira nin eu :oS.
    Por certo que os meus fillos tamén son amantes de animais mais ou menos pouco populares , a I. adora os morcegos e os porcos, e temos un rato branco que foi o seu regalo de sexto aniversario , e xa sabes que o de M. son os réptiles .... Por certo que nos morreu a Iguana :o(, ó final non durou na casa mais que un mes ( non chegou a se lle facer pequeno o terrario...)
    Vale , xa calo , nótase que me gusta o tema dos animais non si?
    Biquiños

    ResponderEliminar
  3. Os medos pérdense cos fillos Maria Sol, aínda que destes eu non tiven nunca, coido.

    Oh, síntoo pola iguana, Patri, se cadra faltoulle algo, se dis que so comía leituga... Bicos

    ResponderEliminar
  4. Me encantó la foto de Z. imitando al sapo, jajaja, es genial!! ahora tenéis que intentar hacer otra entrada "de mar" (nosotros somos especialistas...), lorchos, conchas, cangrejos, jejeje....

    ResponderEliminar
  5. Caracoles y sapos... Seguro que Z quedó encnatada. Y sobre todo si al final los bichejos tienen que volver con sus papás... :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir