lunes, 13 de julio de 2009

Últimos (e moitos) acontecementos calceteiros

Igual notastes que tardamos un pouco en escribir estes días, pero non foi so cousa das horas que se aproveitan para sintetizar vitamina D no verán aquí polo norte... estivemos de vacacións!!

Das vacacións que implican viaxe e sitios non habituais, repetimos destino e fomos a terras catalanas, xa vos contarei, xa vos contarei,... hoxe de momento imos adicar a entrada a todas as novidades tecelás que aconteceron nos últimos quince días.

Chegamos a Barcelona o domingo pola mañá e ese mesmo día tiñamos que marchar para o noso destino final, pero houbo un pequeno erro de planificación e tivemos que quedar ata o luns en Barcelona... un momento, dixen luns e dixen Barcelona, alguén sabe que pasa os luns nesa cidade? E que ademáis está relacionado con tecer? Jijiji, pois iso, que fun xunto coa L. a pasar un ratiño cos rapaces e rapazas de Barcelona Knits, púxenlles cara despois de ler as súas crónicas e blogues tantas veces e lercheamos un rato de cousas de las. Paseino moi ben malia que a L. so me deixase sacar o meu proxecto da bolsa e tecer unha mísera voltiña.
E ademáis PitiKnitz (que non souben que era ela ata que lin a crónica) tróuxome un encarguiño que lle fixera a Ioulia (igual vos soa, de Lana de Ioulia), iupiiiiiiiii: Noro!!!!!! Dous novelos de Noro Kureyon Sock en cor 185.

IMG_3309

IMG_3307

IMG_3306

Téñolle unhas ganas!!! A verdade é que as cores son preciosas pero sorprendeume o tacto. Xa sei qeu do que teñen fama é das súas cores, pero pensei que serían máis suaves e a verdade é que son bastante rudas, seica despois do bloqueado ou lavado mellora bastante, xa o comprobaremos.

E durante as vacacións deume tempo a rematar, por fin a Pinwheel Sweater (ravelry) que vos deixara sen saber cal dos combos escollera... pois aquí tendes o resultado.

IMG_3315

O único problema é co abrochado: a Z. non tolera ningunha clase de chaqueta ou abrigo posto e sen abrochar, e tiña posibilidade de poñerlle un botón, pero so un, así que optei por mercar uns horrorosos automáticos xigantes e prateados que agardo que non se vexan xa que cando estea postra a terá sempre abrochada.

E ademáis decidínme antes de marchar a levar o novelo de Kauni co que estou a facer un Karius (Ravelry este ou este). Espectaculares os cambios de cor da la, tan progresivos que nin te decatas, o que si é divertidísimo é ir vendo como cambia o novelo segundo vas tecendo. A foto que teño e so do comezo, agora levo algo máis e a la tiña un fallo no cambio de cor do vermello ó morado bastante brusco, pero tereillo que perdoar. Xa o veredes máis adiante.

IMG_3146

Durante as vacacións, ademáis de avanzar nestes dous proxectos tivemos unha clase de calceta coido que non moi fructífera, mágoa non estarmos máis preto, Tía Rita ;*

E para rematar... chachán-chachán unha visitiña a All You Knit Is Love, Jennifer moi agradable, mágoa non ver a Tura.

E ademáis de ver, ulir, tocar as marabillas que por alí había, (amplia reportaxe fotográfica, con fotos de mala calidade, por se queredes facervos unha idea)

IMG_3240

IMG_3239

IMG_3238

IMG_3237

IMG_3236

IMG_3234

IMG_3233

IMG_3232

tiven que mercar algo, claro :)

IMG_3259

As cores veñen sendo máis estas:

IMG_3304 IMG_3301 IMG_3302 IMG_3303

E outro día máis, de tecidos e doutras historias.

6 comentarios:

  1. Vaya envidia más verde y cochina... Y la Noro es la mejor lana que ha pasado por mis garras. Es cara pero indestructible. Utilicé un ovillo para tejer una funda a mi libreta (que me sigue a todos lados) y está como nueva. Espero que se porte tan bien en los píes.

    ResponderEliminar
  2. ¡qué reportaje! nos encantó conocerte a ti y a L. Te esperamos en las próximas vacaciones!

    Por cierto, el pinwheel acabado es una maravilla! Ya sabes que nos enamoró!

    ResponderEliminar
  3. Babeo de la envidia como niunpunto!!!! Yo quiero ir a BCN!!!! Bueno, supongo que un año de estos caerá...
    Los hilos que has comprado me parecen preciosos. Yo, a falta de AYKL, le tengo el ojo echado a una pagina donde venden la Drops y no tardará mucho en caer. Las malabrigo me parecen una pasada. Ahora estoy tejiendo un jerseycito con una de ellas y me encanta el resultado.
    Bueno y la pinwheel te ha quedado realmente espectacular!!! Al final, la elección de colores fue la acertada...
    Por estos lares, seguimos en casita y, la verdad, con respecto a lo de los pañales, no nos hemos puesto a investigar sobre ello. Los días se me pasan entre agujas y reflexiones. Poco más. Ya te contaré.
    Un abrazo,

    ResponderEliminar
  4. como me gustou este post, pois segue contando cousiñas que eu con tanto gancho teño o tricot tan relegado, canta la preciosa!!!

    ResponderEliminar
  5. 1) A pinwheel é unha chulada! Qué gracia a Z., ten moita personalidade esa nena :-D. Está simpatiquísima na foto de AYKL, e moi alta ¿non é?
    2) Qué envexa a visita a AYKL, levaría todo para casa. Só fun unha vez e levo dende aquela desexando voltar.
    2) Eeeee!...eu tamén levei esa drops marrón de seda e baby alpaca, é a cousa más suave que tiven nas maos.
    Ains...vou mirar ás fotos outra vez...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir