martes, 9 de junio de 2009

Proxecto semanal: correo

Tamén nós tivemos que enviar algún paquetiño estes días atrás e aproveitamos para facer o noso proxecto semanal do correo.

proxecto semanal correo

Foi divertido preparar o paquete e poñerlle a dinta adhesiva ó redor, a Z. quería darllo ela mesma á señora da oficina, agardou pacientemente toda a cola ata que nos tocou a nós, e entón...

- Esa non é!!!
- Como?
- Esa non é a señora!! Esa non é!!
- Aiiii, é que o outro día había outra señora, non si? Pero esa hoxe non está traballando, pero esta señora fai o mesmo traballo e igual de ben e o paquete vai chegar ó seu destino.

E non houbo maneira, ó final houbo que deixar o paquete entre choros.

Ó chegar á casa nun mapa miramos o lonxe que chegaría o paquete, e tamén onde vivían os avós, e a tía Lu, e a tía Rita, e todos os que se nos ocorrían, porque que divertido é poñer chinchetas e alfinetes!!

4 comentarios:

  1. espero que saia aluz iste comentario, xa sabes que non estoy moi versada nestas artes.O pantalón e precioso, e tes razon que non se atopa ningún coma ise por ahí e con respecto a tua avoa , xa sabes ti que esta moi moi orgullosa de ti, e iso que ainda non os viu rematados...
    moitos bicos

    ResponderEliminar
  2. Es que cambian al personal y nos destrozan los esquemas!!!! La culpa... de correos, indudablemente... ;))

    ResponderEliminar
  3. son auténticos!! :D

    meniña, queres que te meta no post de participantes? se é así deixame o link anda, que sempre te me esqueces e non sei se é que queres ou non.

    biquiñosssssssss

    ResponderEliminar
  4. Avoa Olga, proba superada!! :)
    Sei que está orgullosa, pero tamén sei que se o ve desfaino enteiriño para deixalo perfeto :*

    Adijirja, indudablemente.

    Meninheira, está feito :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir