lunes, 22 de junio de 2009

Pebble

Teño unha amiga Rosana cun fillo Antón e unha filla Uxía, e hai pouco atopeime cunha amiga Rosana da infancia, dos veráns na praia, e resulta que estaba preñada dun neno que se chama Antón. Que casualidade!

Nacerá en setembro máis ou menos e no Canadá, cheo boa xente, con grupos de mulleres, onde parecen ter unha forma de vida máis avanzada que a nosa... e onde teñen moi boas las e moito frío!!

Agardo que este agasallo pequeniño para o seu pequeniño sexa útil (polo menos na casa cunha boa calefacción) e que non desmereza das boas las que teñen por aqueles lares.

pebble para Antón

O certo é que o chalequiño é moi doado, pero cando levaba tecida a metade decateime dun erro á hora de montar os puntos e se o desfacía non me daba tempo de tecelo para entregarllo aproveitando a súa visita á familia, así que seguín adiante e fixen unha chea de cambios que supuxeron un par de erros máis.
Aínda así, creo que o resultado quedou ben chulo e que os erros son máis evidentes para min, que sei onde están.

pebble para Antón

Amañei o peche con lazadas en troques de ollos para os botóns e fíxenos con trenzas porque non me gustaban as cadenetas de ganchillo. Gústame o resultado das trenzas, pero non tanto a forma de rematalas: fixen un nó no comezo e outro no fin de cada trenza... alguén sabe algunha outra maneira de evitar que se desfagan?

pebble para Antón

Quería poñerlle os botóns de madeira, pero xa é a segunda vez que me pasa que vou á tenda onde teñen máis surtido de botóns da nosa cidade e a dependenta (na outra ocasión fora un dependente quen me atendera) se empeñaba en traerme botóns e botóns que a ela lle parecía que quedaban ben, sen conseguir sequera que me amosase os de madeira, así que optei por escoller un dos que tiña no mostrario e que me gustaban, e nun primeiro momento ata mos trouxo en tons azuis, pero finalmente trouxo estes que me gusta como quedaron, aínda sen ser a idea que eu tiña.
A ver se aprendo a non ir mercar botóns coas dúas nenas en hora punta de mercería, é dicir ás 12 da mañá en pleno centro.

pebble para Antón

Agardo que á súa mamá lle guste o chalequiño.

8 comentarios:

  1. Precioso o chaleco Raquel, seguro que lles vai encantar!! Por certo, eu tamén teño unha amiga Rosana cun fillo Antón ;-)
    Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Sabela, e a túa amiga vén sendo a mesma ou é outra a maiores?

    ResponderEliminar
  3. Aquí explican como se hacen las presillas. Igual te vale-> http://elbauldelascostureras.blogspot.com/2009/02/como-elaborar-las-presillas-con-hilo.html
    Yo pasaría varias vidas mirando botones. ¡Me encantan!

    ResponderEliminar
  4. Ese modelo lo tengo entre "los elegidos"!!! :)))
    Me encanta y creo que te ha quedado muy bien. Y los botones le dan un punto muy simpático!!! Ls presillas yo las suelo hacer a crochet, precisamente para asegurarme que se sujetan bien. Aunque miraré ese enlace que te han puesto, a ver si a mi también me ilumina...

    ResponderEliminar
  5. penso que é a mesma amiga... pero é tan ghrande ela que dá para as dúas e máis. un biquiño

    ResponderEliminar
  6. Seguro que a la mamá afortunada le gustará! es una monada y me encanta el detalle de los botones rojos!

    ResponderEliminar
  7. Adicado ás amantes dos botóns, aquí tedes outro uso máis siniestro......

    http://www.youtube.com/watch?v=EiTH0a9dEZA&feature=related

    Ghrande, ghrande non sei pero teño un pelaso :O), supoño que vos ten pasado a todas pero o meu nome gosta moito das casualidades, o Calviño por exemplo ten un pasado amoroso con outra Rosana, supoño que non o buscou ou si??? hoxe estou siniestra total :O).

    rosana

    ResponderEliminar
  8. Niunpuntoatrás, muchas gracias! Para la próxima las intento así, a ver qué tal quedan. Los botones tienen algo especial... no me imporataría tener la mercería en casa :)

    Adijirja, pues es muy facilito y muy resultón, a mí me gusta mucho.

    Sabela, é grande é ;)

    Rosana é que algo de maxia debe ter o teu nome... ou serás ti? :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir