domingo, 14 de junio de 2009

Pan, pan,... pantalóns

Hai un tempo que a Z. vén comendo bocadillos de pan-pan. Merquei uns boliños pequenos no mercadona e comíaos, pero mirei os ingredientes e podemos dicir que son derivados do pan, porque do pan-pan, pouco deben ter xa, así que me aventurei a facer uso da panificadora so no programa de amasado e despois facer boliños no forno (de aí a fornada que vos amosei o pasado domingo). Pero non chegan a nada, así que esta semana me atrevín a facer un pan aínda máis pan: doblei as cantidades e amaseino eu, e os resultados da fornada de hoxe son espectaculares!!

Pan 1

pan 2

Como vedes, da mesma, da mesmiña masa hai panes de coloracións e consistencias diferentes: os boliños brancos metinos no forno en frío e non lles dei corte ningún; os boliños dourados metinos na parte baixa do forno cando estaba a uns 130 graos e deilles un cortiño, subinos á parte alta do forno cando saquei os brancos; a boliña metina na parte baixa do forno cuns cortes en cruz e despois subina tamén á parte alta, ademáis boteille algo de fariña ó lle dar forma (ós boliños non) e mirade que resultados tan distintos. É toda unha ciencia isto de facer pan!!!

pan 3

E a min estame picando a curiosidade, así que o próximo experimento vai ser un pan-pan-pan de verdade, xa estou preparando a masa nai!!! Xa vos contarei.

E xa que vai de pan... claro! Outro dos resultados das miñas experiencias coas teas e a máquina: os pantalóns unitalla!!!

pantalón unitalla

pantalón unitalla

Si, é o mesmo pantalón, non hai dous iguais hai so un. A miña intención inicial foi facer un pantalón para a L., ancho e con volta para que lle durara o verán todo, pero cando o rematei a Z. quixo poñelo e... tachán!! Unha prenda para as dúas!! Un inventazo! Se soubera intentaba facer tamén a camisola-vestido :D
Como se obrou a milagre? Pois grazas a unha L. con cu gordecho polos cueiros de tea e a unha Z. fiuncho :) Por suposto paseime un pouco no longo, que á L. lle da dúas voltas e non unha, e así á Z. lle queda por debaixo dos xeonllos.

Bueno, xa sei que é un pantalón simplón, pero o detalle saiume como para patentalo, eh?

E si, aínda hai algunha cousiña máis ;-P

5 comentarios:

  1. Pois moi ben! ,agora por riba de costureira.... saichésnos panadeira ..:o)

    E o pan estaba bon ou só tiña boa pinta?
    jajajaja.

    ResponderEliminar
  2. En casa hace tiempo que nos hemos aficionado a hacer el pan los fines de semana. Mi pareja hace un solo pan grande. Muy grande. Al que le vamos cortando rebanadas y nos dura toda la semana. Ese pan solo lleva agua, levadura, sal y a veces le pone un poquitín de leche para suavizarlo. El pan que comparmos hoy en día ya ni el panadero sabe qué lleva dentro...
    Me gustan tus pantalones unitalla. Veo que le vas cogiendo gustillo a esto de la costura!!!! ;))

    ResponderEliminar
  3. O pan estaba (e está) boísimo!!!

    Adijirja le voy cogiendo el gustillo sí, si son cosas rápidas me gusta, la verdad :)

    ResponderEliminar
  4. O próximo día fas o pan aquí... a ver se é o forno ou son eu... :)e de paso apréndesme a usar a máquina de coser (sen disfraces :))

    ResponderEliminar
  5. Pois xa teño a masa nai, e unha masa levedando a cámara lenta na neveira, a ver se cozo mañá e vos conto.
    Pero a máquina coido que non vou ser quen de che aprender... aínda non sei moi ben como funciona esta, so sei que ten dúas marchas :D

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir