martes, 16 de junio de 2009

Onte vin...

... matemáticas por todas partes:

mates 1

(perdón polo desenfoque, facer fotos cun bebé no colo intentando coller a cámara non é doado)
Fila de elementos e asociados (pequeno-pequeno-grande)

mates 2

Prato-cunca-culler, salchichas, vallas en triángulo...

mates 3

Ringleira de cuncas...

mates 4

... con cadanseu anaquiño de plastilina.

E vós que máis vedes?

5 comentarios:

  1. Eu vexo que daría un mundo por compartir convosco unha tarde.
    Tes unhas nenas marabillosas, polo de agora só coñecemos as habilidades da maior, pero cando a pequeniña vaia medrando a vosa casa vai ser......... non teño palabras.
    Agardo con impaciencia ese momento. Non o perdo nin de broma.
    Un biquiño e, sinceramente, a miña admiración polo bos pais que estades sendo.

    ResponderEliminar
  2. que vexo???pois que teño unhas ghanas de ver e xogar con z.bicos

    ResponderEliminar
  3. A túa nena maior estase a facer cun grupo de siareiros importante. Se véndoa no blogue esperta tenreza, vivir con ela é como para aproveitar cada minuto.
    E a pequena seguro que xa está aprendendo ben rápido.
    Os meus parabéns pola familia que día a día construídes. Non cambiedes.
    Un biquiño para os catro.

    ResponderEliminar
  4. Bufff, María Sol, que nos poñemos rubios. A Z. é especial, si, tan especial coma calquera outro neno ou nena, así que temos a sorte de vivir cada día da vida dela e da súa irmá. Pero non somos mellores ou peores pais que outros calquera, intentamos facer o que nos parece mellor para as nosas fillas como o resto dos pais.

    tia lu, igual che fago unha proposta... teño que ver se me animo e xa che conto, e xa sabes que podes vir se queres :)

    ResponderEliminar
  5. En el fondo son los juguetes más sofisticados los que aburren antes a los niños. Solo es cuestión de echarle imaginación!!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir