martes, 2 de junio de 2009

Fíxenos eu!!

Ai, pero que orgullosa que estou!!

bombachos

Coido que a xente non capta o que se sinte ó facer roupa que poñan os teus pequenos (imaxino que só mentres son pequenos), o outro día unha mamá no parque díxome: "Pero non te compensa, co traballo que da e o que custan as teas... sáeche máis barato mercalos".

Pois ademáis de que merquei catro teas diferentes que me dan para máis de unha prenda por anaco, que as pagou a avoa Olga, e que aínda así custaban 15€ todas... a satisfacción de ver que podes facer algo incluso sen ter nin idea, váleo todo.

E uns pantalóns coma estes non se atopan en ningures ;-P

bombachos

E preparádevos, porque teño máis :D

7 comentarios:

  1. que bonitos te quedaron! e tes moita razón, a xente non lle da valor ás cousas feitas a man.

    ResponderEliminar
  2. cara... que ben che quedaron, madia leva que presumas!

    ResponderEliminar
  3. Chulos, chulos, chulos...
    Madia leva sentirte orgullosa, muller!
    Noraboa e esperamos máis :-)

    ResponderEliminar
  4. Opino igual que tú. Supongo que cuando, a pesar de poder "comprarlo", eliges "hacerlo", eso proporciona un placer que es muy diferente a simplemente "tenerlo".

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir