domingo, 7 de junio de 2009

Fíxena eu!! (parte segunda)

Un chisco de sol para lembrarnos neste domingo chuvioso que está aí pretiño, e un pouco de prendas artesás para dicirvos que se pode, case sen tempo, case sen saber... unha saia country-hippie-verde!!!

patchwork skirt 2

patchwork skirt 1

patchwork skirt 3

Xa, xa sei que non é verde, pero está feita con anacos de 3 camisas vellas do avó Tito (que nesta casa non usamos diso), así que, como a min me gusta: reutilización!! Un aliciente máis para se poñer a coser.

E como eu non sabía nin por onde comezar... pois busquei e atopei un blog cheíño de tutoriais para inexpertas coma min, a alá fun coa saia patchwork

Perdoade polas fotos, pero de madrugada non puiden facer moito máis antes de rematar para que a Z puidera estrear a saia ó día seguinte, e isto tiña que volo amosar.

patchwork skirt dereito

Bonita, non si? Pois...

patchwork skirt revés

patchwork skirt revés

Isto non o é tanto!!! Por que non falará disto no tutorial? A tea das camisas desfaise, así que ademáis de coser os cadriños, de fruncir as bandas, de coselas entre sí... tiven que rematar en zig-zag cada unha das costuras!!

E eu xa decidín que son costureira de proxectos rápidos. Gústame ter resultados axiña, e se xa de normal un proxecto de 3 horas me leva 3 semanas non me gusta decatarme ó final de que teño que botar un par de horiñas máis... si, son galvana :)

Seguro que se ve miña avoa os detalles bota as mans á cabeza, pero eu estou máis que orgullosa dos meus resultados, e se aínda por riba á Z. lle gustan como para pedir por favor poñelos ó día seguinte de novo... aix, que mellor combinación podo ter?

A única pega polo momento: nunha casa na que o ferro de pasar saíu dúas veces da súa caixa nos 5 anos que nos coñecemos... as teas de camisa e as de algodón que se atopan nas tendas de retais non son moi boa opción... e de punto hai moi pouquiña cousa... haberá que seguir indagando.

(E si, aínda hai máis :-P)

9 comentarios:

  1. Fai o favor de non facer máis nada ou de non poñelo no blogue que me das unha envexaaaaaaaaaaaaaaaa!! Eu quero aprender a coser a máquina, jo!! :D

    ResponderEliminar
  2. A saia está mui ben. Mágoa de que non combinase coa camisola.

    ResponderEliminar
  3. Noraboa Tartaroucha, madia leva estares satisfeita!!! Paréceme preciosa e a idea de reutilización pois estupenda. Un bico.

    ResponderEliminar
  4. Meninheira, usar a máquina é do máis sinxeliño, polo menos para o que fago eu. E dígocho eu, que teño a famosa máquina de oferta do lidl e aprendín lendo o libriño de instrucións :D Anímate muller!

    paideleo, o caso é que ía ser un vestido, pero vinme tan preto do final se a remataba que pasei de facer a parte de arriba a facer unha cintura :)

    Grazas Sabela, podías amosar as cousiñas que fas ti, que tes ideas moi chulas :*

    ResponderEliminar
  5. Para no saber te ha quedado estupenda!!! Con un poquito de práctica te veo rivalizando al mismísimo Amancio Ortega!! ;))

    ResponderEliminar
  6. Jijiji, bueno, la producción sería un pelín más modesta :-P

    ResponderEliminar
  7. que bonita quedou. A ti non ai cousa que se che resista.
    biquiños e a seguir creando.
    Mary

    ResponderEliminar
  8. a este ritmo tes que poñer tenda pero non de lás, eh?! ; )
    gusta-me moitísimo a falda!

    ResponderEliminar
  9. Grazas Mary.

    Olivia, creo que teria que mellorar moitísimo os acabados para ser vendibles, pero a Z. non se queixa :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir