miércoles, 3 de junio de 2009

A familia das letras

Semella que á Z. comeza a interesarlle o tema das letras, de cando en vez pregunta quen escribiu esas letras, ou que ruido fai esa outra, ou pide que escriba palabras na libretiña que gardamos xunto a cama antes de nos deitar e despois ela repasa as palabras co bolígrafo seguindo as liñas que tracei eu antes, e por último rodeando cada letra nun círculo (teño que facer unha foto da libretiña...).

Tamén nos adicamos a escribir palabras pequenas na pizarra e buscar as mesmas letras no noso abecedario de lixa para poñelas debaixo, así imos facendo palabras ás que podemos cambiar unha soa letra para que sexan diferentes. Por exemplo:
SON MES
DON MESA
DOR MASA
COR ...

O outro día collemos o abecedario de imáns e a Z. quixo debuxar as letras, eu vía que facía cousas raras, que non se me parecían moito á letra en cuestión, e entón souben por que:

T

:D Non é xenial?

I

A

V9

Pasamos moito tempo a debuxar letras e números: primeiro ela, logo eu, logo as dúas, despois rodeándoas, despois xuntando as que nos aparecían repetidas, e finalmente a Z. inventou historias coa familia dos Aes, onde había unha mamá e un papá e uns filliños,... :-)

familia de letras

Cantas historias gardan as letras!

4 comentarios:

  1. Ai oh! esto sí que é educar en familia ;o) , a escola en casa. Claro que sí
    (Que envexa me das :oS)
    Bicos moitos

    ResponderEliminar
  2. Non sei se coñeces un xogo de Leapfrog creio que son unhas letras magnéticas que se fixan a unha base, tamén imantada e que van cantando os nomes dos animais que empezan pola letra que pos na base. É estupendo para que aprendan as letras, se o podes conseguir non o dubides :)

    Bicosssssss

    ResponderEliminar
  3. Z. y su hermana tienen mucha suerte de que puedas dedicarles el tiempo que necesitan y no tenerlas que dejar en una guardería... al final que ha pasado con el cole el próximo curso??

    ResponderEliminar
  4. Pues de momento el cole está en stand-by, Z. dice que quiere quedarse en casa con su papá y su mamá y con L., y yo también quiero que se quede, así que así seguiremos.
    :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir