miércoles, 27 de mayo de 2009

Sempre chove

"Sempre que vindes chove", iso é o que escoitamos cada fin de semana que imos ver ó avó José Luis e a avoa Carmé. É certo, tamén chove cando non imos, vaia, pero este ano coido que non houbo nin unha soa vez que non chevera estando nós alí.

Unha mágoa non poder pasar máis tempo fora, porque o xardín da avoa Carme está precioso cheo xa de flores.

No xardín da avoa Carme

Pero non era o único bo que había no xardín:

mmmmmm

Cereixas!!! Mmmmmmmmm, á cerdeira este ano pillámola cargadiña de cereixas, que boas!

o espantallo moderno

preparadas para apañar

Coas escadas preparadas para chegar o máis arriba posible, onde sempre están as mellores, as que máis saben, as que comen os paxaros :)

A polas cereixas

avoa!!!!

apañando cereixas

mira aquelas alí que boas!

Pero foi unha fin de semana de aventuras, case sen saírmos da casa. O sábado houbo unha boa tronada á noitiña, poucos tronos e raios, pero un deles estrondou que nos fixo saltar, a nós e maila luz, que debeu coller tamén algo de medo.
Ó pouco veunos avisar un veciño de que o raio caera no noso galiñeiro, e que a el lle estragara os timbres e lle soldara o peche das portas da cancela (seica tivo que desmontalas para sair).
Por sorte ás pitas non lles pasou nada, aínda que lles rompeu a uralita e un ferro que había dentro estaba completamente retorto.
Ós avós estragoulles tamén os teléfonos e a nós fíxonos ter unha cea romántica á luz das candeas.

cea romántica

E como despedida desta entrada cheíña de fotos non me resisto a poñervos dúas marabillas:
a mesa de raíz de carballo que traballou o avó José Luis e que loce no porche da entrada...

a mesa do avó

e estoutra dunha das nosas marabillas (e un cachiño doutra ;-) )

un amor

PD: esquecíaseme unha marabilla máis

5 anduriñas

5 poliños de anduriñas!! O garaxe a a bodega énchense de avións pola primavera, e cada ano son máis. Ós avós non lles chista moito, pero é un pracer velas. Este ano hai máis de 8 niños, e algún xa ten poliños.

Ademáis descubrimos algo, tras varios intentos fallidos de sacar unha boa foto sen flash, na penunbra e subida nunha escaleira fixen un par delas con flash e cal foi a nosa sorpresa cando os polos se erguían e abrían as bocas ó ver a luz.
Imaxino, deducción miña, que asocian a luz co branco do peito e a barriga dos seus proxenitores que se achegan a levarlles comida.

Sei que non está enfocada, pero non quería molestalos máis, e podemos ver a construción do niño perfetamente :)

6 comentarios:

  1. Qué peazo fotos, hay que ver!! para ser una tartaruga, jajaja, qué bien disparas la cámara! jajaja. un bico!

    ResponderEliminar
  2. Encántame como lles ensinas ás túas nenas a gozar das cousas cotiás, facéndolles descubrir que en cada pequena cousa hai un gran tesouro.
    Un bico para toda a familia.

    ResponderEliminar
  3. Cantas cousas fixéstedes esta finde semana.
    Que fotos mais chulas fixeches.
    Xa logo chega outra finde e creo que por fin con calor.
    bicos

    ResponderEliminar
  4. Martasada non te creas, é todo cousa da cámara :)

    María Sol, moitas grazas por nos visitar, é que todos teriamos que gozas das cousas pequenas.

    Anónimo, veu a calor, veu. E seguimos facendo cousas :)

    ResponderEliminar
  5. Por lo que veo, fue un estupendo fin de semana!!!
    tus fotos, estupendas y... me ha dado una envidia tremenda ese cerezo cargado de fruta!!! Cuánta mermelada haría yo con esas cerezas!!! :))

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir