sábado, 16 de mayo de 2009

Proxecto semanal: óso

Esta vez non hai fotos, podería poñelas, pero non eran moi estéticas cuns ósos a medio limpar. :D

Comemos un laconciño o domingo e aproveitamos para amosarlle á Z. como encaixaban ós ósos, o que lle pareceu do máis entretido, preguntou por que tiñamos ósos, de quen eran eses ósos, de onde eran eses ósos,... e nós contámosllo (ogallá as preguntas sexan sempre tan sinxelas). O certo é que a pesares de ter aborrecido os ósos con todos os seus procesos, insercións, fosas e buratiños (tooooooodos eles con nomes) nalgún momento da miña vida (e seguro que vos facedes unha idea de cal momento... si, claro, cando tiven que estudialos :D) agora vólvenme parecer o que son, estruturas incríbles e tremendamente interesantes. So con un pequeno defecto nun buratiño todo deixaría de encaixar. Os seres vivos somos impresionantes.

E despois o día que comemos os peixes enteiriños vimos que os peixes tamén teñen ósos, e que se chaman espiñas, que fan que os corpos sexán ríxidos e non brandos coma os polbos.

E desta vez xa está o noso pequeno proxecto semanal.

5 comentarios:

  1. Es curioso que los niños tengan interiorizado la "dulzura" de los osos. Nunca he visto ninguno, pero supongo que lo más razonable no es tenerlos cerquita...
    Por cierto, no sé si lo he entendido bien... eres veterinaria?

    ResponderEliminar
  2. Un proxecto fantástico!! pena das fotos co rico que está o lacón :DD

    Un biquiño tartarouchiña e sí, o ser humano é incrível!!

    ResponderEliminar
  3. Tartaruga, por favor, saca de su error a Adijirja, que me acongoja dejarla así. Buen proyecto semanal, si señor. Un saludo, Begoña

    ResponderEliminar
  4. Adijirja, los ósos en gallego son huesos, los osos son osos. En gallego tenemos o abierta y o cerrada, las palabras se escriben igual (con tilde y sin ella) pero se pronuncian de diferente forma. Si es que no puedo poner post sin fotos, tenía que haber puesto la foto del lacón medio comido como me pedía Meninheira ;-)

    Meninheira, o ser humano é incrible e o animal tamén.

    Begoña, espero que quede amañado.

    ResponderEliminar
  5. Ups!!! Si es lo que yo digo... acabaré por prender gallego!!!!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir