lunes, 11 de mayo de 2009

Proxecto semanal atrasado: letra

Non houbo tempo de facer a tempo a entrada, pero fixemos tamén a semana pasada o proxecto semanal adicado á letra, e nós aproveitamos para usar as letras de lixa que o papá Moucho e a Z. fixeran en decembro, cando chegou a L. e o papá pasou tanto tempo na casa con nós.

O certo é que a Z non ten demasiado interese polas letras e os números de momento, así que aínda non lles da moito uso.

Ademáis de dicir o nome de cada letra que ela preguntaba e facer o seu ruído, buscou as letras que eran iguais ás que tiña o seu nome, e sorprendeume que as recoñecera tan rápido e sen se trabucar con algunha semellante, ou con outra orientación.

Unha fotiño:

proxecto semanal: letra

1 comentario:

  1. ves? ela aprende máis do que ti pensas :)

    apúntovos pero sen foto ;)

    biquiñossssss

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir