viernes, 22 de mayo de 2009

Pola nosa lingua

A nosa lingua

Os pequenos se manifestan

En Santiago chove

chove que chove

So temos fotiños coa bruxiña Rosana e a familia: Calvi, Uxía e Antón, ó que teriades que ver o que lle molaba poder berrar moi forte pola nosa fala :D

Pero tamén estivemos con Catuxa e Icía, e con Sabela, Carlos, Iago, Paulo e Rosalía (os Mochilinhas a falta de Ánxela, que estaba de campionísima lanzando peso). E non estivemos co cumpreaneiro Carolo e a miña Aivou que estaba maliña e mailos seus nenos, pero eles si estiveron con nós; nin con Mari, Anxo e as nenas que seguro que tamén se lembraron de nós na chuvia...

Pasámolo ben, a Z. rematou mollada ata o cú, coido que foi o que a salvou, meterse en todas as pozas, choverlle por riba,... non paraba de preguntar: A onde imos? Xa chegamos? Por que non nos movemos?

Mereceu a pena, comemos (uns poucos) xuntos, atopámonos (pese á miña esperanza do día anterior) con moita xente coñecida, e sentaba moi ben :), e vimos que Galiza se mobiliza pola súa lingua, pola nosa lingua.

Non sei se fomos 20 mil ou 50 mil... sei que cando chegamos á praza da Quintana o manifesto estaba rematando, non puidemos pasar daquí

como estaba a praza?

e cando rematou o noso canto e a xente se descongregaba aínda estaba chegando xente da cola... tranquilamente poderiamos ter ido ó Obradoiro, segura estou, para a seguinte :)

Nota: investiremos en botas de auga e chuvasqueiros... e serán cartos ben empregados :D

10 comentarios:

  1. Se vos fixades na última foto, asoma a cabeza Pilar Sampil que estaba coma nós subida ó banco de pedra para Gozar das vistas :O)
    Que fotos bonitas Raquel, en vieros hai un concurso de fotos sobre o que é para nós Galiza e a das linguas azuis sería unha candidata estupenda, graciñas por todo Raquel
    rosana

    ResponderEliminar
  2. http://www.vieiros.com/unha-imaxe-para-o-galego09/

    ResponderEliminar
  3. Que morrinha estas fotos... Aqui cando chove non chove igual. Da gusto ver tanta gente movilizandose pola língua, esto é un pobo vivo.

    ResponderEliminar
  4. Guai, guai, guai... que ben o pasamos a pesar das "ausencias"


    Aínda que se molle
    a lingua non encolle!!

    Chulísima a foto das linguas azuis, e as outras tamén.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  5. Por esos lares estuve el otoño pasdo... Ains... como me gusta Galicia!!!

    ResponderEliminar
  6. aínda que foi difícil atoparnos sentinme moi ben buscándovis entre tanta xente, aínda que despois estiveramos xuntas pouquiño tempo por aquelo do xentío....Como me prestou!!!!

    ResponderEliminar
  7. que preciosidad de fotos, que marabilla de xuntanza O o 0

    ResponderEliminar
  8. Como mola a foto da lingua!
    Graciñas pola reportaxe, biquiños
    Mary

    ResponderEliminar
  9. Por que terei a sensación de non estar nunca?... jooo (non fago máis que joar :))

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir