miércoles, 6 de mayo de 2009

Para contar un conto

Ben é sabido que se necesitan poucas cousas para contar un conto, so lembranzas ou imaxinación, pero hai veces que se piden contos, contos moi específicos, e algunha vez é moi difícil de conseguir...

Un día veu ó preescolar na casa unha profesora Waldorf, e contou un conto do que a Z. se namorou. Dende entón, ás veces con máis insistencia e outras con menos, pide "aquel" conto con todos os seus componentes... e non eran poucos: un coello, un burro, unha ovella e unha vaca, cenorias, col, herba e remolachas, a neve e as casiñas dos animais.
As casiñas eran feitas cun xogo de construción a base de cortizas e anacos de madeira en bruto, a neve era lá de ovella, os alimentos e os animais estaban feitos en feltro.

Tras un venres de insistencia, o sábado pola mañá dispúxenme a facer un coelliño (laranxa, por suposto, "coma o do conto"), non vos vou amosar o resultado porque aínda que a Z quedou conforme eu non tanto , pero valeume para probar a técnica e saber como quería que fose.

O burro levoume tres días máis rematalo, pero quedei namorada, del e máis da nosa Brancaneves particular (á que tamén lle gustou máis que o coello ;) )

Brancaneves

Brancaneves e o burriño do conto

o burriño

Cando estea rematado (se algún día o está) contámosvos o conto.

5 comentarios:

  1. Ai Raquel, que ganiñas entran de escoitar, ver e vivir ese conto tan tan especial para Z.
    Agardo impaciente :-*

    ResponderEliminar
  2. Ola!
    Déixovos ligazón a o mue humilde recoñecemento.
    http://sesoduran.wordpress.com/2009/05/07/os-meus-dardos/

    ResponderEliminar
  3. Ufff, Sabeliña, vas ter moito que agardar, teño tantos proxectos en marcha que xa non sei se darei rematado algún :)

    Sesodurán, grazas, por nos ler, e polo mimiño.

    ResponderEliminar
  4. hai días qeu ía deixando o de comentar para outro día, pero hoxe encontrei catro post sen comentar no bloglines, así que un comentario que debo só, preciosa a vosa brancaneves, o burriño e non eres materialista para nada coa túa cámara, diso nada, bonitas fotos

    ResponderEliminar
  5. O conto!! o conto!!! (non sexas rácana, non nos teñas con esa inquedanza...si esperamos a que remates os bonecos, levámola clara, jajaja.... Un bico, tartaruga!!t

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir