viernes, 29 de mayo de 2009

Debuxos

Iso comeza a facer a Z. deliberadamente.

Hai pouco descubrimos a Arno Stern lendo un par de artigos sobre directividade no debuxo, e dende entón tratamos de non dirixila cando colle algún instrumento para pintar. É difícil, é difícil que non saia a pregunta automática cando vén amosar algún debuxo recén feito: "Ohhh, que bonito! Que é?".
Andaba en fase de cruces, podedes velo nalgún dos seus debuxos nas fotos destes últimos meses, e supoño que aínda anda, pero a semana pasada sorprendeume con isto na súa pizarra:

debuxos

debuxo da balea en detalle
A balea

un crocodilo
O crocodilo

un peixe
O peixe

E síntome tan orgullosa!! Así é como vivo a maternidade, gozo vendo como os seus logros, os seus avances, son so seus. Agora que chega a calor no parque as conversas xiran arredor do momento axeitado para "quitarlle" o cueiro ós nenos. Eu síntome tan chea de saber que non lle quitei nada, senón que foi ela quen decidiu deixalo hai un par de meses; quen fai estes preciosos (a min encántanme) primeiros debuxos porque quere, como quere; quen decide que é grande abondo para vestirse ela soa... é grande é, aix.

Tamén sinto que é moitas veces difícil, ás veces a presión da maioría é aplastante, apetece que deixen o cueiro con 2 anos (como se supón que teñen que facer), que durman sos con 6 meses (bufff, non, isto creo que non apetece nunca), que saiban escribir con 4 anos,... en realidade penso que o que apetece é calar bocas, non ter que dar explicacións, cada día, a persoas distintas sobre os mesmos temas.

Da educación dáme medo isto tamén: para min o ideal é que as pequenas vaian aprendendo segundo as súas necesidades e intereses, non segundo os nosos, e é tan difícil sobrevivir a que todos os nenos de 6 anos saiban ler e escribir, que teñen todos os mesmos coñecementos coa mesma idade...
Non quero que que as miñas nenas estean na casa se traduza en ter que demostrarlle a todo o mundo que saben "o mesmo", nin máis nin menos, que TODOS os demáis nenos escolarizados da súa idade. Non quero que estar na casa se traduza niso.
Lin na prensa o outro día que un 25% dos estudantes galegos non remataban a ESO, e vnon podo evitar pensar cantos deles poderían seguir ó seu ritmo e non se lles permite, cantos serían etiquetados de "malos estudantes" dende os 6 aniños (non quero pensar en que o fagan antes...) e arrastrarían esa etiqueta toda a súa vida estudiantil, aburridos e desmotivados.

Cando nos decataremos de que non somos todos iguais EN NADA?
Os pequenos non medran todos no percentil 50 como pretenden algúns pediatras, non comen as mesmas cantidades de comida, non durmen o mesmo número de horas nin na mesma franxa horaria como pretenden algúns expertos, non aprenden a camiñar todos ós 12 meses, nin a falar, nin a ... NADA.

Cando nos decataremos de que aí, precisamente, está a gracia? Sendo todos distintos, non deixándonos arrastrar "pola masa".

E para rematar déixovos o último debuxiño, de onte venres, que non dixo o que era, pero que "ten un ollo adiante e outro atrás e as patas (esquina inferior dereita)"

o de hoxe

Non vos encanta?

4 comentarios:

  1. É alucinante a creatividade desta pequena, como me gusta gozar das súas "obras"... Noraboa familia! Encántanme tódolos teus razoamentos sobre educación, que sorte teñen as vosas tartarouchiñas.
    :-*

    ResponderEliminar
  2. Estoy contigo en que hoy en día no existe un respeto por la singularidad de las personas. Se les exige por igual, y no lo son. Mucho menos los niños en el cole. A pesar de las adaptaciones curriculares o de los intentos de algunos profesores, la mayoría sigue pensando que el sistema educativo no funciona porque los chicos no adquieren conocimientos y pierden el respeto. Quizás es que los profesores tampoco se lo ganan.
    Es curioso, cosas que hasta ahora había tenido lo suficientemente claras como para defenderlas ante otros, ahora, con mi peque estoy dándome la posibilidad de replanteármelas. Aunque hay algunas en las que no termino de decantarme. Por ejemplo, el colecho. Por lo que entiendo (en mi gallego de lectora de tu blog), vosotros lo habéis practicado con las nenas. Qué tal la experiencia?

    ResponderEliminar
  3. Adijirja, tu gallego de lectora del blog se está perfeccionando, vas a acabar siendo toda una experta :)
    Pues has entendido bien, te cuento brevemente nuestra historia: Z. durmió en su capazo en nuestra habitación hasta los 4 meses, de los 4 a los 6 en su cuna en su habitación porque dormía toda la noche (la que no dormía era yo pendiente de escuchar el "cacharro") y después empezó a despertar, como es lo más normal, y era una tortura: levantarse: ir a su habitación, sentarse en una silla, dar teta, bebé dormida, intentar no moverla mucho para ponerla en la cuna, posarla en la cuna: síndrome de la cuna con pinchos, otra vez a empezar... y muy poco dormir. Total: un absurdo. Con lo fácil que es todo una vez que la tienes al ladito: se despierta, te giras, toma teta, se duerme, te duermes, continúa la noche.

    Haré una entrada con esto, para contar más en profundidad, pero sólo puedo decirte que se duerme más y más tranquila, y que si aún encima tienes que trabajar me parece una tortura para uno de los dos: o el bebé que el primer año está en exterogestación y está solito, o la mamá que no duerme y trabaja por la mañana.

    Te puedo recomendar "Bésame mucho" de carlos González y "Dormir sin lágrimas" de Rosa Jové? Pues te los recomiendo, los dos :)

    ResponderEliminar
  4. Los tengo los dos... :))
    El de Carlos González ya me lo he empapado y el de Rosa Jové... La verdad es que ese ni siquiera recordaba que lo tenía. Lo pondré má a mano...
    Gracias!!!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir