martes, 12 de mayo de 2009

Da finde

E a cámara veu acompañada pola avoa Olga (ou foi ó revés? ;-) ) que nos fixo compaña e coa que puidemos gozar do airiño quente e o sol (cousa pouco habitual por estes lares).

A Z. estivo moi contenta, ata se decatou de que:

- Avoa, estamos iguais! A camiseta de flores e os zapatos vermellos! :)

iguais

Ou, se cadra, escolleu a roupa a conciencia.

Xa teño ganas de poder pasar os días fora no xardín, prestoume ter estas raioliñas de sol a fin de semana para estar fora sen chaqueta, tocaranos outro verán frío como os dous últimos? Ou poderemos sentarnos á sombra no xardín?

De momento aproveitei o descansiño na chuvia... e non fun a única, mirade á nosa L.

a sesta ó aire

ahhhhhhhh

E agora unhas sen palabras :)

peiños

caeu :)

1 comentario:

  1. Ains... qué linda y que grandota está la peque!!!!
    Y, bueno, también nieta y abuela "a juego"... :)))
    Hasta a mí, que me encanta el frío, me apetece que llegue de una vez el calorcito...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir