lunes, 27 de abril de 2009

Si, si, é ela

Quenes a coñezades en persoa non o ides crer, pero é que despois dun mes sen conseguir lavarlle o cabelo, despois de que a última vez vomitase dos nervos, despois dun día sen tomar teta e durmindo na cama da Tía Lu (tras pasar ó día de calor co gorro, suando e despois revolcarse na herba recén cortada e rematar co cabelo aínda máis suxo se podía ser) porque na cama non podía durmir tan suxa con nós... ó día seguinte deixouse peitear, e á volta duns recados pola mañá conseguín entre choros convencela para lavar a cabeza no lavabo, deitada no cambiador da L. e cunha toalla tapándolle a cara, botándolle auga so coa man (coa axuda dunha regadeiriña que ela non vía grazas á toalla) xa que nos gustaba máis poder durmir todos xuntiños e todmar teta.
(por certo que a noite na cama da Tía Lu consistiu en: dez minutos metida debaixo da mesa do ordenador vestida e tapada cunha mantiña, convemento de que mellor poñer o pixama e durmir na cama da habitación das estrelas, dúas horas para durmirse nesa cama, acompañamento ata a nosa mentres me cambiaba eu e 5 minutos durmida enriba dun coxín "para non manchala, vale, mamá?", espertar berrando que quería ir para a outra cama, hora e media de soños en alto e traslado á nosa cama en estado de sonambulismo... pobre).

E despois dese lavado de cabeza pasou algo, que aínda non podo crer, e lavamos tres días, facendo cousas coma estas:

pinzas

e coletas!!!!

Pois si, creo que segue a ser a nosa Z. salvaxe, a que non a parece?

4 comentarios:

  1. Moito mellor así (o do lavado, non o aspecto, que tamén é bo), tiñas ti a solución... :*

    (Juer, o cerebro abyecto di que poña kafres, será por nos?)

    ResponderEliminar
  2. iso non mo contaras, : ))))) vaia, coas coletiñas está preciosa! e vaia caracoliños : ))))))))))))

    ResponderEliminar
  3. NOOOOOOOON!PREFIRO OS PELOS TODOS ALBOROTADOS!...AINDA QUE ASÍ TAMPOUCO ESTA MAL. A AVOA CARME ESTARÍA ENCANTADA;-)

    ResponderEliminar
  4. Qué cara de buena y de formalita se le ha puesto con esas coletas... Pero piensa en lo estupendo que es poder tener doble personalidad... ;))

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir