miércoles, 15 de abril de 2009

Proxectos en marcha

Non pensedes que como non vos conto nada é que non estou a facer nada... o contrario, teño tantas cousas comezadas que non sei se darei rematado algunha, soavos?
Por onde comezo?

Hai tempo que comecei unha mantiña para a nosa casa, de tipo granny, de hexágonos, pero agora está parada á espera dalgunha cor que botaba en falta, cando teña fotos para vos amosar contareivos algo máis dela. De momento dígovos que mentres agardaba por esas cores tiña que atopar algo para facer así que ó enterarme de que a miña compañeira da Facultade Inés estaba a agardar un bebé... decidinme a facer outra mantiña. Faime ilusión porque é dos primeiros bebés que chegarán dende que eu son mamá e de xente que coñecera de antes. Ademáis deste que chegará en setembro-outubro haberá outro para un meseciño antes dunha amiga de verán na praia.
O caso é que me puxen mans á obra e esta vez para variar... en ganchillo! Normalmente me gusta máis o punto que resulta da calceta, pero para accesorios: gorros, bolsos,...; mantiñas e bonecos o croché case me gusta tanto. Ademáis coas dúas nenas e para ratiños curtos durante o día é moito máis sinxelo e non hai que andar con tanto tino por se os puntos se escapan das agullas.
A mantiña Arco de vella para o bebé de Inés loce así:
mantiña para o bebé de Inés 2
mantiña para o bebé de Inés

Agardo que lle goste á mamá coma a min, e que daquí a setembro me dea tempo a rematala, polo momento levo dúas repeticións das cinco que necesito... xa iremos vendo.

Outro dos proxectos en marcha é o pinwheel sweter para a Z.... ou o proxecto maldito.
O ano pasado mercara a lá de liquidación nunha tenda, a Valeria di Roma Topacio en 7 cores distintas que xa non de fabrica. Arrisquei sen saber se me chegaría para rematala e sen posibilidade de mercar máis se fose necesario. O caso é que comecei a chaquetiña con moita ilusión coas miñas dobres puntas de bambú do 4,5... e sobre a terceira cor decateime de que o punto quedaba demasiado aberto, así que o desfixen e quedou á espera. Tería que usar as de 4mm... casualmente as mesmiñas que a nosa Galla esnaquizou unha mañá aburrida, así que quedou máis parada aínda. Despois aprendín a usar o magic loop, todo un descubrimento, e por fin decidín poñerme mans á obra.
Primeiro comecei por 10 voltas por cor, pero eran moi poucas. Desfíxena.
Comecei de novo con 14 voltas por cor, cheguei ata as mangas na cuarta cor, pero pareceume que os puntos entre os aumentos eran poucos para facer despois a manga, así que collín uns cantos máis... mal! Trabuqueime nun dos lados. Desfíxen outra vez, esta vez menos anaco.
Volvino facer de novoe pasei das mangas para chegar á cuarta cor: horror, o vermello que estaba de cuarto entre o laranxa e o verde era dunha gama distinta, demasiado vivo para o resto das cores, non me gustaba NADA. Aproveitei ó quitala das agullas para probarlla, e quedáballe bastante xusta, así que por non desfacela de novo para aumentar as voltas de cada cor decidín facer as mangas máis adiante. Total, que volvín desfacer dúas cores esta vez.
E por fin o resultado estábame a gustar, recoloquei as cores e... non me pegaban dúas delas!!! Un dos azuis e o vermello eran eléctricos a carón dos demáis que semellan lavados. E agora que fago??? Por sorte onte visitei a miña tenda de las e tamén teñen Topacio, e dúas cores que me van moooooito mellor. Agora o caso é cómo as vou organizar. Temas 3 posibilidades, e coido que eu xa teño unha favorita, botádesme unha man? A ver vós que opinades:

O combo 1
pinwheel sweater combo1

O combo 2
pinwheel sweater combo2

O combo 3
pinwheel sweater combo3

As cores que máis se achegan realmente son as desta foto, aínda que non sae o vermello:

as cores

Veña, participade tod@s, tecelás e non (abstéñanse daltónicos e demáis discromatópsicos :-) ).

E iso non é todo, que agora estou facendo os meus "piñeiriños" :-D na costura, pero iso para outro día.

9 comentarios:

  1. A min gústame o combo 3. O que xa tes tecido é unha preciosidade! Tamén é espectacular a manta, e iso que o crochet non me chama moito a atención, eu só o uso cando non me queda máis remedio, pero encántame como che está quedando, debe ser cousa das cores.
    Biquiños desde Xixón!

    ResponderEliminar
  2. A ver... difícil decisión...
    El verde, el azul y el naranja, entiendo que se repiten, pero en otros tonos, no así el amarillo; yo le pondría seguido del azul el rojo, para que el amarillo no se quedara muy descolgado y repetir el verde y el azul (si es que solo te faltan tres)
    La manta de bebé me encanta... ando buscando un modelo que me guste y que sea divertido... qué patrón has seguido...??? :)))

    ResponderEliminar
  3. que ben! atopaches cores...o combo 1 ou o 3(nunca o 2(demasiado bermello))

    ResponderEliminar
  4. Me apunto al #3. Pero el color rojo me gusta. Y a los bebes también. ¿Por qué no le tejes algún juguete colorado que ruede por la manta? (Una estrella...) [Pregunta del pánico: ¿Te has dado cuenta que cuanto más te alejes del centro, más lana del mismo color necesitarás?] Encantada de leerte.

    ResponderEliminar
  5. Al principio te iba a comentar algo de la liga de la leche, pero... ¡Qué le voy a decir yo a una amatxo galega! ¡Además ya vi el vídeo de la "sentada-tetada"!
    Muxutxoak!

    ResponderEliminar
  6. Moitas grazas a todas as participantes, a miña decisión xa estaba tomada, pero estame a gustar coñecer os resultados desta enquisa :D
    Animádevos os/as demáis :)

    Anisor, mmmm, Xixón! Un bo sitio para vivir fora da terriña, seguro que te vas afacendo ós poucos, aínda que non sexa de todo.
    As cores fan moita, fan :) A min co ganchillo pásame parecido, so para gorros, bolsos mantiñas, bonecos... para prendas non me gusta moito.

    Adijirja, el patrón es este, muy sencillito y del que puede salir casi cualquier estilo dependiendo de los colores: Easy ripple AfghanTia Lu, tiven mooooooita sorte, ai, que alivio :)

    niunpuntoatras a la pregunta del pánico te responderé que sí :) De estos 4 colores mi proveedora me asegura que hay suficiente para que termine la chaqueta sea como sea. Y aún faltan las mangas también, pero, más o menos, está controlado (espero). Seguro que me espera alguna otra desventura con esta chaqueta, seguro.
    Sobre el juguete, pues lo había pensado, pero creo que me daré con un canto en los dientes si consigo terminarla a tiempo, así que ya iremos viendo.

    ResponderEliminar
  7. Holaaa!!! Pues mira, no tengo ni idea de estas cosas, pero así de primeras me gusta el combo 3, por cierto, es el mismo que la última foto, no?? Sisisiiss, ese el 3...
    Un besazo guapa, eres una artista!!

    ResponderEliminar
  8. Hola. Me gusta mucho la manta en zigzag que estás haciendo ¿Qué hilo utilizas? ¿Es algodón? Gracias.
    (Por cierto, apunta mi voto al combo 3). Silvia

    ResponderEliminar
  9. Hola Mirilla! Qué gusto verte por aquí!!

    Silvia estoy usando dos hilos distintos porque en mi tienda no tenían todos los colores que quería aún. Así que el rojo y el amarillo son de la valeria di roma topacio, que ya no se fabrica, el resto de colores son katia mississippi. Las dos tienen la misma composición 60 algodón 40 poliester, aunque la mississippi es algo más gruesa.

    Me apunto los votos!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir