martes, 7 de abril de 2009

Penélope

Se te ergueses na nosa casa pola mañá e volveses facelo á mañá do día seguinte pensarías que non houbo na casa máis ca pelos reproducíndose (unha gata, dous cadelos e unha nai en plena caida postparto-primaveral dan para moitos pelos nun só día), pero non é así.

Para poñervos un exemplo, deses que seguro que tamén coñecedes, contareivos como a veciña na súa limpeza primaveral (por que non farei eu iso polo menos algún ano?) nos trouxo varios puzzles enormes e pequeniños de foam, un deles o abecedario e os números, case todos. Por suposto o primeiro que fixo a Z. en canto recibiu unha caixa de zapatos chea de pezas minúsculas foi o que máis apetece no mundo: desmontalo e estralo todo como é normal. E despois de que a súa nai o deixara unhas horas estrado para evitar a tentación de volver desmontar todo, en canto tipo cada peza no seu sitio e foi coller á súa irmá pequena... tachán!! Todo volvía ser igual.

A fin de semana descubriu o divertido que podía ser un bote de crema facendo churriños enriba da mesa do ordenador... e no teclado, e no rato.

desastre de teclado e rato á crema

Antonte ademáis a mamá tartaruga adicouse a recoller anaquiños de porespán procedentes dunha embalaxe dalgunha caixa de tooooooda a casa, e parece que non, pero xa leva o seu tempo, e claro, empregas o tempo niso, e os pelos seguen a reproducirse...
E non so os pelos, porque mentres mamá recollía eses anaquiños brancos, a Z. descubriu o divertido que pode ser un papel hixiénico e que versátil é: podes enrollar cousas con el, facer anaquiños minúsculos, cortalo en tiras, facer camiños,...

Onte pintou o seu bebé "o grande" con rotuladores, por sorte para o bebé os rotuladores eran super lavables, así que lle suxerín, mentres cambiaba o cú da L, que usase unha toalliña para limpar tamén o seu boneco, e gustoulle moito a idea, tanto lle gustou que esgotou un paquete enteiriño de toalliñas e o seu boneco quedou impecable.

E hoxe, mentres mamá tartaruga facía o xantar na cociña aproveitando que a L. durmía, a Z. decidiu facer a comidiña tamén na súa cociñiña utilizando como ingrediente base para todos os pratos (e vasos, e cubertos)... licor café!! Por sorte non lle deu por bebelo, e creo que eu pillei media intoxicación so co cheiro que colleu a casa, pero tiñades que ver que graciosa estaba cando a chamei para comer e me dixo: Mamá, mira, péganseme as mans!

E así, día tras día, ademáis de reproducirse os pelos, tamén aumenta a roupa sucia, ou a limpa acumulada en tinas pola casa, ou as cousas que van sendo pousadas enriba da mesa do salón, ou as tazas do almorzo-sobremesa-cea e volta a comezar.

Non é que me preocupe demasiado, pero se vides por casa, que saibades que algo si cambia ó longo do día, so que non se nota porque pasamos o día a facer e desfacer, coma Penélope :D

8 comentarios:

  1. pacienciaaaa, jajaja, me he reído tanto leyéndote, jejeje, lo siento. Por aquí en vez de licor café (qué destrago, por dios!!! jajaja)puede ser la pomada del culete, o directamente el aceite de la aceitera, jajaja... un cuadro que se cae, uno que saltaba y se estampa contra la pared... y lo divertido que es pisar las tizas y dejar caminitos de colores? por favor...
    Consuélate pensando qué niños tristes los que estan tan relucientes...jajaja. Un saludo!!!

    ResponderEliminar
  2. Ben, pois a túa veciña ten "limpeza primaveral" e tí tes "suciesa primaveral", hai que ser orixinal non é? XDDDDD
    Pior é o meu, que hai uns días e vivindo nun marabilloso caos como o teu decidín que en primavera tamén neva e estragamos unhas planchas de porespán dese facendoo (teño que por fotos no blogue, por certo), cando o veu meu home dixo que tiña menos sentido ca eles XDDDDDDDD

    Un biquiño Penélope (xa resposteis o mail, desta vez aínda máis colorido). :D

    ResponderEliminar
  3. hihi, suciez, esa meniña do sur, pois si viras a miña, estes meus pequenos están tremendos, que gracia e que ben o contas

    ResponderEliminar
  4. jajaja, que terá o papel hixiénico???? aos meus lles flipa....e despois a xente empeñada en regalar xoguetes. Na nosa casa tamén é un clásico a crema do cú e meter cousas nas bolasa sdo súper....calquera encontra nada despois! e ela non recorda onde o meteu...un caos! Pero que gusto non? A súa creatividade digo!

    ResponderEliminar
  5. hahahaha Oliviña, non sei que será pior, se a miña "suciesa" ou a túa "suciez" hahahaha

    ResponderEliminar
  6. Non, se ningún se queda curto en experimentación con materiais diversos e en creatividade. Son científico-artistas :D
    Pobre o veciño, que non pode baixar os peluxes porque "se soban" O_O :-(

    ResponderEliminar
  7. No se puede negar que tienes una nena muy creativa!!!
    Leyéndote, me he empezado a preocupar de que en estos meses de "tranquilidad" no le estemos dando la importancia debida a "limpiar pelos" cuando tendrán que pasar varios años hasta que podamos volver a hacerlo.... ;))

    ResponderEliminar
  8. Adijirja, tú tranquila, la falta de limpieza previene alergias :-P Te lo dice una que prefiere tejer, coser, hacer galletas, bloguear,... vaya, cualquier cosa antes que limpiar :D

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir