miércoles, 4 de marzo de 2009

Xornadas de reflexión

Para algúns de nós ás xornadas de reflexión veñen inevitablemente agora, no despois e non no antes.

Eu non podo evitar sentirme de novo máis fora de lugar se cabe, sinto que o meu mundo aínda non existe e eu estou neste non sei por que erro.

Por que teño que dar explicacións de...
Por que agora falo galego se me criei coma castelán-falante.
Por que considero que ser bilingüe (ou trilingüe, ou cuatrilingüe, ou infinitilingüe) é unha sorte e non unha pesada carga.
Por que separo o lixo e me sinto mal cando non podo facelo.
Por que uso cueiros de tea "co doado que o temos agora cos desbotables".
Por que non uso suavizantes e busco alternativas ós deterxentes convencionais á procura de xabróns naturais e produtos biodegradables.
Por que me gustaría poder usar o autobús "co cómodo que é o coche".
Por que parín na miña casa, "co medo que da so pensalo, sorte que tiven que todo saiu ben".
Por que teño ás miñas pequenas no colo todo o que quero e podo, e deixo que se "mal acostumbren".
Por que me gusta durmir con elas, "so pola miña comodidade sen importarme o que as estou perxudicando".
Por que toman teta, á súa idade a Z. "non lle dará vergoña, se xa é unha nena grande".
Por que a grande non vai ó cole "co ben que lles fai para relacionarse con outros nenos e ser independentes" (e o mesmo unha e outra vez levo escoitando dende que fixo so 6 mesiños).
Por que non a castigo "para que aprenda".
Por que non traballo e "me infravaloro quedando na casa e coidando fillos".
Por que non merco determinadas marcas e me preocupa que non podamos librarnos dos trasxénicos nin querendo, e o mesmo para toda a porcallada que nos metemos pola boca, pola pel, polo aire...

Eu pregúntome a min mesma...
Como pode ser que o que a min me parece tan de caixón o vexa a maioría coma unha aberración?
Hai algún xeito de escapar das preguntas diarias: dos veciños, os familiares, os coñecidos, os descoñecidos...?
Hai algún lugar físico onde non sexamos bichos raros?
Cambiará todo isto realmente algún día?
Por que a maioría da xente non se cuestiona nada?
Por que non nos importa nada?
Por que nos queremos tan pouco os galegos,... os humanos?

5 comentarios:

  1. Estou ben contenta de terte coñecido Raquel. É moito o que aprendo contigo e o que me axudas a "medrar"... Encántanme as túas reflexións, por suposto.
    Grazas :-*

    ResponderEliminar
  2. Eu penso que formas parte dunha minoria privilexiada e sensible.
    Noraboa para ti !.

    ResponderEliminar
  3. Aiii que esqueciches a calceta, a min eso tamén me parece revolucionario e transgresor :O)))))
    Minorías forever
    biquiños moitos
    rosana

    ResponderEliminar
  4. Sí, normalmente las jornadas de reflexión se emplean solo una vez cada cuatro años... Nuestra sociedad no invita a reflexionar sobre lo que hacemos o por qué lo hacemos, sino simplemente a seguir la marea.
    Hace un par de días vinieron unos amigos a casa y nos decían a mi pareja y a mi que todo lo que pensábamos sobre educar a un niño lo cambiaríamos cuando lo tuviéramos en frente. Lo llevaríamos a McDonalds, lo haríamos amiguísimo de la saga Disney,... Después conversábamos ambos sobre las diferentes formas de educar. Y que, dado nuestro entorno estábamos condenados a ser "bichos raros". Ja! Ya sabes... no eres la única... :))

    ResponderEliminar
  5. Graciñas a todos e todas pola comprensión, vese que vós tamén sodes xente especial :)
    :*

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir