lunes, 16 de marzo de 2009

O colexio: volta ós pesadelos

Pensei que, despois das miñas desventuras no comezo de curso visitando o cole, este ano libraba dos agobios das inscricións e demáis... pero xurdiu un imprevisto... e é que os nenos son así.

O luns pasado fomos a preescolar na casa, coma cada luns. As reunións son nas instalacións do colexio, en horario escolar, así que vemos e escoitamos sempre ós nenos cando entramos, cando saímos, no recreo... Esta vez houbo algo diferente. A Z. mirou pola fiestra e viu a un amigo e veciño co que se leva moi ben, estaba nun dos recreos, así que quixo saír ó patio onda el. Alá fomos as 3, achegámonos ó amiguiño e nin el nin a Z. dixeron nada. Unha das mestras, que non nos coñecía chamou ós nenos canda ela, coiso que para que se arredaran de nós. E ó pouco chamáronos para que se puxeran en ringleira para subir á aula. A Z. tirou de min sen me soltar a man cara onde estaban as mestras, facendo igual que os demáis pequenos. ö chegar alí díxoo: "Eu tamén quero ir"

Pero Z. eles agora van ó cole, e van soíños, neste cole non poden ir os papás nin as mamás, van os nenos soíños.
"Vale, pois vou eu soíña, pero ti queda aquí e non vaias para casa, vale?"

Pilloume por sorpresa, non agardaba iso, non quería iso. Non me importa que queira ir ó cole se é un cole que me gusta, encántame que a compaña doutros nenos lle resulte agradable (aínda que non vou negar que tamén me asusta, por exemplo escoitar frases como a que repite as últimas semanas: "pero é que todos queren/o fan/comen/van/..."), pero isto, isto...
E o peor foi o non estar preparada, pensei que tiña dous anos de prazo apra decidir que ía facer, ver como avanzaban as cousas, e despois decidir, pero agora pode haber un cambio importante e trastocou os meus pensamentos.
O primeiro foi darlle unha saída ó momento: "Hoxe non podemos ir, pero preguntámoslle á profe se podes ir outro día, vale?" A media hora que quedaba de preescolar pasouna preguntando cando iamos ver a profe e cando lle iamos preguntar, e cando podía ir... e saímos da reunión á mesma hora que os pequenos saen en ringleira de cara ó comedor, e alí estaba a profe, e preguntámoslle e ela dixo: "Cando queiras!! Calquera día a traes, so teño que buscarlle unha silla, total van ser os seus compañeiros o ano que ven!!". Entrei en pánico: o ano que ven?

E agora o seguinte día que vaiamos ó preescolar é posible que queira volver subir a clase cos nenos, e a min me disgusta tanto... simplemente pensar que van favorecer a competitividade: o ser mellor que, máis rápido que, facelo mellor que,... ; en troques de favorecer a superación persoal: cada día o fago mellor e me gusta. Simplemente iso, non podo sacalo da cabeza... e outras cousas peores que sei que hai, pois tampouco: cadeiras de pensar, nenos sentados horas e horas facendo fichas, berros, agarróns das propias mestras ós brazos dos nenos, ir ó baño todos xuntos, buffff.
E que podo facer? Hai un par de alternativas que para min tampouco serían o ideal, teñen unha pedagoxía máis afín, pero teñen os seus inconvintes tamén, e ademáis non son asequibles (e para dúas, ou máis xa vos imaxinades...), tampouco me gustaría restarlle posibilidades nun futuro: e posible e non teño inconvinte en que non queiran estudiar carreira, pero e se quixeran facelo e non tivesen oportunidade?
A verdade é que o día que queira subir a esa clase deixareina ir, e poden pasar dúas cousas: que lle guste e que eu me volva tola; ou que non lle guste, para o meu alivio momentáneo, porque a realidade é que eu non me sinto preparada para afrontar unha non escolarización: son un desastre, se cadra podería atreverme cos primeiros anos, pero despois... bufff, os colexios que me gustarían aquí non existen, as únicas opcións coas que podería contar aquí so poderían existir se todos os astros se alineasen e no mellor dos casos un par de anos, e despois que? Lévoa dese ambiente e dos seus amigos a outro diferente con outros nenos? E sería seguramente este ó que non lle gustou ir (e que a min tampouco me gusta). E se daquelas, con 6 anos, tampouco lle gusta? Dígolle que antes podía non ir, pero agora é unha obriga? Cando eu non estou nin de lonxe convencida aínda por riba.

Se cadra a estas horas, mentres se publica esta entrada escrita días atrás eu estou vivindo a primeira fase da elección sen escapatoria, e se cadra non.

Síntome atrapada e non sei como sairei desta, pero sei que non hai as opcións que me gustaría e que a que tome non será con seguridade, así que sempre me pesará :(

E aquí temos de novo o pesadelo da escolarización...

7 comentarios:

  1. Vaya... contigo creo que voy a acabar por aprender gallego...
    En fin, entiendo cómo te sientes. No debe ser fácil que las ideas que intentas transmitir a tus hijos de repente sientas que se van por el desagüe sin poderlas controlar. Pero yo no creo que sean cosas incompatibles. La escolarización tiene muchas cosas malas pero al mismo timpo también cosas buenas. No podemos, aunque quisiéramos, mantener a nuestros hijos en una burbuja alejados de todo lo que consideramos nocivo, porque es fuera de esa burbuja donde van a tener que vivir.
    El homeschooling tiene una infinidad de cosas positivas, pero les priva de esa socialización y de aprender a rechazar lo malo. Desde mi punto de vista es mucho más importante lo que los niños "maman" en casa que lo que cogen de fuera y si esa educación es fuerte, será la mejor vacuna contra todos esos aspectos negativos de los que hablas.
    No es fácil encontrar sistemas escolares con pedagogías alternativas y menos en España. En las islas y gracias a la presencia de una población alemana bastante grande, contamos con algunas escuelitas Waldorf de infantil, pero solo una de primaria, en la isla de La Palma y conozco gente que se ha mudado a vivir allí solo para poder llevar a sus hijos a esta escuela (ya sabes, siempre te podrías venir a vivir aquí... ;) )
    No te agobies y espera a ver qué pasa. Y sobre todo no pienses que una solución es buena y la otra mala, sino que ambas pueden llegar a ser igual de buenas.
    Un abrazo,

    ResponderEliminar
  2. Sinto Raquel que esteas a pasalo mal co tema da escolarización, non sei moi ben que dicirche; si sei mandarche un bico ghrande, ghrande para ti e tamén para o papá e as nenas :-*

    ResponderEliminar
  3. Adijirja, estoy de acuerdo contigo en parte, no se trata de aislarlos del mundo, pero si de poder escoger una opción entre varias: lo que pasa ahora mismo es como tener que mandar a tu hijo a un colegio católico sin serlo porque sean los únicos colegios que hay.
    El homeschooling se puede complementar con otras actividades en las que sí exista esa sociabilización, para mí, y Z. sólo tiene 3 años, lo más difícil este año ha sido simplemente que no fuese al ritmo de los demás, todos sus amigos están ya escolarizados y eso supone que sus horarios son completamente diferentes, y se convierte en que con 3 años ya no hay alternativas de sociabilización fuera del colegio, lo que me parece horrible.

    Por supuesto será lo que tenga que ser... pero eso no quiere decir que se haga con gusto.

    Gracias por aprender gallego conmigo :)

    ResponderEliminar
  4. Ola, Tartaruguiña: Espero que xa esteas un pouco máis animada.
    A Z. busca estar con outros compañeiros e é normal e tremendamente positivo, porque se está a facer grande e cada vez máis autónoma.
    Comprendo (aínda que non comparta) a túa idea de que é preferible prescindir da escola para que a nena reciba toda a educación na casa, pero iso non ten por qué implicar que a escola sexa unha cova escura onde os cativos se pelexan e as mestras téñenos esclavizados facendo unha ficha despois doutra coa malvada finalidade de aniquila-la súa creatividade (estou de broma, como imaxinarás). A escola está chea de nenas coma a Z. e de mestras que son mulleres coma ti e coma min.
    Son consciente de que eu teño moita sorte coa escola á que vai a Terre,que coidan moito a educación ambiental, que aprenden en galego (para min é importante)e, fundamentalmente, que nos fan participar a nenos e familias en todo o proceso. E é un centro público; sei que non todos son así, pero ás veces é bo visitar uns cantos coles (sen ter en conta opinións alleas, góstanos ás veces demasiado ser criticóns en troques de críticos) e preguntar, preguntar e preguntar ata sacia-la curiosidade.
    (Despois desta homilía, insisto en que respecto a túa opción sen condicións, que só quero expoñe-la miña experiencia)

    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  5. Ola Maxia!!! Que bo saber de ti :)

    Claro que nos respectamos, e claro que está ben expor as nosas opinións.
    A min o que me doe e non atopar alternativas, si, claro que hai profes máis afíns, pero normalmente son casos illados dentro dun centro moi grande, podes escoller un cole polo profe que teñan en 3 anos e resulta que en 4 non se parece en nada... e iso tampouco é xusto.

    Por que non hai colexios con outras formas de ensino? Montessori, Waldorf,... calquera mezcolanza que respecte os ritmos dos nenos non só nun curso senón en todos, o colexio ó completo... por que é tan difícil atopar algo así?

    E claro que as nenas e nenos son como a miña Z. e a túa terre, e claro que os profesores son persoas... pero todas as persoas somos distintas e son persoas que educarán ós meus fillos (as miñas fillas) durante moitas horas ó ano (e teño que dicir que no cole "que nos toca" o horario é de 9 a 4:30 contando co autobús... cantas horas ó día ves así ós teus fillos (ás miñas fillas?)

    ResponderEliminar
  6. Tartarouchiña, canto sinto este mal trago. Non está por aí a escolinha waldorf Meniñeiros? ou tí andabas por Ourense? xa non o recordo.

    Se a pequena quere ir á escola, deixa que vaia! e se finalmente non quere ir vai pensando en que faga actividades extraescolares, con 4 aniños xa hai cousas pra que fagan e quizáis así se lle pase a necesidade de estas con outros nenos.

    Xa contarás que fácedes ó final.
    Un biquiño

    ResponderEliminar
  7. Creo que estabas por Ou. dicen que este... http://www.guillelmebrown.com/

    besitos

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir