martes, 10 de marzo de 2009

Calceta de inverno

Xa sei, xa sei que non lle queda nada para marchar, que xa temos aquí as flores, as néboas da mañá e o sol que quenta ó mediodía e á tardiña nos deixa fríos... que xa temos á primavera aquí!!! (a falta de data oficial)

Pero é que eu entre o galvana que son, as cousas que quero facer, as poucas mans que teño... que non me chega o tempo a nada, aínda hoxe fixen as fotiños dos últimos tecidos deste inverno a piques de rematar, así que vou comezar polos máis vellos.

O meu Felicity, de Knitology, en cor gris e morado, para cambiar un pouco a miña tendencia ós verdes e marróns, obligueime a mercar a la noutra cor, e aínda agora pensei e facer outro nas miñas cores de sempre, pero quedará para outro gorro, para outro ano. A verdade é que este quedou un pouco apretado para o meu gusto, pero é consecuencia de facer a mostra (das poucas veces que a fago) e considerar que 21 puntos por 10 centímetros e 20 puntos nos mesmos centímetros (que eran a miña mostra) eran a mesma cousa. O resultado é que nunha cabeza de 50 cm significan uns 2 centímetros menos de perímetro que ben os agradecía o gorro para o meu gusto.
Aínda así gústame e este ano non o porei moito máis xa, pero para o que ven dareille uso con moito gusto.

o meu felicity

o meu felicity

E agora un proxecto fallido. O cobertor :-( Tiña moitas ganas de poder usar os cobertores feitos por min, pero despois de tres probas cos cueiros de tea e coa L. enchoupada á media hora no cú e no body e no resto da roupa decidín que non o ía intentar máis. A verdade é que a la é tan suave, e o cobertor semella tan cómodo comparado cos outros... pero non puido ser, non sei que fixen mal, pero non conseguín que fose funcional, tiña outro a medio facer e decidín aproveitar a la para facer outra cousa. Este queda de momento de recordo, se cadra algún día alguén lle da uso... ou non, pero dame mágoa despedirme del. Mirade que monada.

cobertor

cobertor

E alí ó fondo podedes ver o último proxecto, rematado onte pola noite e estreado hoxe. Encántame!!

Parte da la que ía utilizar para o segundo cobertor rematou convertida nesta preciosa chaquetiña cor mostaza de katia merino 100%. O patrón é un chaleco, pero engadinlle as mangas en punto liso co puño igual que o borde inferior da chaqueta, 9 liñas de punto bobo ou garter stitch.
Gústame moito a combinación co pantalonciño que lle fixera ó meu bebé antes de nacer e que lle queda tan ben á L.

chaquetiña mostaza para a L

chaquetiña mostaza para a L

chaquetiña mostaza para a L

Picando nas fotos tendes máis detalles do proxecto na descrición da foto.

Agora a seguir coas agullas... con algún proxecto secreto para facer un pequeno agasallo a alguén... quen será? que será?

7 comentarios:

  1. El cobertor me parece que te ha quedado estupendo; al final no he conseguido descifrar por qué no le ha servido a la nena... Y la chaqueta me encanta!!! El color está muy chulo. A mi los rosas y azules para los bebés como que no me motivan mucho, la verdad. Sin embargo, esos colores más "de mayores" me gustan mucho. Por otro lado, he hecho varias cosas con esa lana y me parece que se teje muy bien. Precisamente en mi última escapada conseguí convencer a mi pareja para que me diera diez minutos para pasar por una tienda de lanas de Las Palmas en la que me perdería. La cuestión es que compré de esa calidad, dos colores, uno verde y uno azul... ya veremos para qué... ;)
    En fin, que te ha quedado un conjunto muy chulo. Y las fotos también están muy bien!!! Felicidades!!!
    Bueno, supongo que la modelo también tendrá algo que ver... :))

    ResponderEliminar
  2. Eu penso que sei porque non lle serve o convertor :O), só hai que recordar a peli "El marido de la peluquera"(non debía traducilo ó castelán máis ben ó italiano non? cousas da diglosia que non bilingüismo, vamos O marido da perruqueira??)A nai do prota fixéralle un bañador de lá, e o pobre tivera que cargar varios veráns con el e cos litros de auga que acumulaba.....
    Que peli máis bonita......
    rosana

    ResponderEliminar
  3. todo é lindo pero a pequena máis, como creceu!

    ResponderEliminar
  4. máis ben cousas do francés....aii estou diglosica perdida :O)
    rosana

    ResponderEliminar
  5. Adijirja, seguro que sé hacia dónde diriges tus pensamientos tejeriles en estos momentos :D El cobertor no valió porque no fui capaz de impermeabilizarlo correctamente, después de tres intentonas con la lanolina a la media hora de tener puesto el pañal se empapaba no sólo el pañal sino el cobertor y toda la ropa que había por encima :( Pero no lo olvido.

    Rosana, hai que impermeabilizalos con lanolina, pero a min non me debeu sair ben, o caso é que se usan un todo o mundo, así que poder pódese, claro que outra cousa sería sumerxirse con eles en mexos, que non vai ser o caso.
    Si, preciosa película :_)

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir