martes, 17 de febrero de 2009

Foxi xa está aquí

Chegou a nosa raposiña, ou raposa en toda regra porque teriades que ver o seu tamaño.

Cóntovos que o paquetiño cehgounos onte á maña, entregado en man pola nosa carteira.

Recibido!

Gústame fotografar o paso a paso das cousas porque obriga a pararte en cada pasiño, e neste caso a gozar de cada etapa.
Mirade cantas cousiñas e cos seus envoltorios e detalles...

O contido

Este é o agasallo "grande", feito con traballiño polas mans chuculetas, cunha cantidade incrible de cores (encántame a variedade que ten coa mestura dos fíos). Como xa vistes a marabilla da raposa no seu blogue eu vouvos amosar algúns detalles "de fora". Encantáronme as dúas etiquetas, a de madeira a modo de colar que traía ó pescozo...

Foxi a raposa

... e a do cú, de sinxelo algodón e feita por Olivia, encántame.

Detalle de Foxi

Detalle de Foxi

A cola foi todo un acerto, a verdade, realmente lle da carácter á raposiña e ademáis é que está perfeta.

Pero xa vistes que non era o único que había no noso paquetiño que viña cheo de cousas:

Grazas Olivia!!

Un xerador de arcos da vella, un pouquiño do fío de Foxi (estou pensando se gardalo para algún posible futuro remendo ou usalo como parte de outro proxecto...), dúas postais chulísimas semellantes ás que ten na súa tenda de etsy e outra na que nos escribiu unha mensaxe.

O único "problema" é como explicarlle á Z. que Foxi era nun principio para súa irmá... nada, terei que animarme a facer ó sñor raposo para completar unha parella simpática para esta parella de irmás :)

A Z. que non a solta :)

Moitas grazas por todo Olivia, moitas, moitas grazas pola túa xenerosidade, todo un detallazo, artista

:*

2 comentarios:

  1. pobre a Z., os nenos meus xa empezan a saber que hai cousas que hai que deixar marchar, custa,
    pois de nada, enrolleime co regalo e tardou máis do esperado pero mereceu a pena, vou gardar as fantásticas fotos que lle fixeches!

    ResponderEliminar
  2. É preciosa!! e concordo con chuculeta que as fotos que fixestes son preciosas :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir