domingo, 1 de febrero de 2009

2 meses xa

E pasaron tan axiña... coa Zeltia o tempo corría moito máis despacio, supoño que a percepción cambia ó repartilo entre dúas irmás e outras moitas cousas...

Desta vez ademáis foi todo tan... normal. Non existiu a corentena, parir na casa marca unha grande diferenza ó meu parecer. Sempre estivemos aquí, todos xuntiños e a min fíxoseme ata estrano que non existise esa treboada que eu cría hormonal e que coa Z. me tivo 15 días entre bágoas. Vivín dous meses xa agardando por un sinal de posparto que non chegou, pero sei que me queda todo un puerperio por diante.

Así o estou a vivir eu, pero nesta casa somos máis.

O Papá Moucho é un tesouro que me coida coma se non houbese outra igual, segue facendo el todo o da casa e cada vez máis e eu non me lembro de agradecerllo, pero el tampouco mo pide e segue día tras día co sorriso na faciana (incluso sen cafeína :) ). Sei que coma el, e para min, si que non hai outro igual. É o meu compañeiro, e non pode haber nada mellor.
Pero ademáis é a quen a Z agarda desexosa cada mediodía e cada noite, a primeira persoa pola que pregunta ó erguerse e a quen lle pide que reparta bicos porque seguro que son os que ela máis aprecia. É quen enche o tempo da Z. con xogos e con contos. E deixa que teña tempo para mirar a pequena L. e para que sexa todo o miña que queira, pero tamén a pasea nos seus brazos mentres eu como os meus cereais cada noite. É, ademáis, o mellor pai.

enredos

papá Moucho

A Z. é un amor, demostra ser a máis empática con diferencia, e sobreponse a este tremendo cambio, que o foi, cunha entereza pasmosa. A ela síntoa tan forte, cando é un bebé e se mete na hamaquiña que nos emprestou a veciña, cando chupa o puño coma súa irmá, cando deixa un pouco de leite na boca despois de tomar teta porque ela tamén bota leite... e o único que di é que Pluto está triste porque lle dixen que non podía estar con él agora, está moi triste Pluto,... :(
Pero a miña pequemna medrou tanto en dous meses... L. é súa, non podemos deixala abaixo cando imos durmir, hoxe dixo que non quería que os avós marchasen coa L., temos que bañala e collela cando esperta para que non chore, lelle contos cando a ve tranquila e esperta, non lle gusta que non poida atendela (Pluto está triste) pero non se enfada, e fai o que sexa por non verme mala cara. Ademáis noto algo na súa forma de expresarse que di o moito que medrou, é quen de extrapolar situacións e sentimentos,... é a miña pequena grande.

contos

fora

xogos

A L. está pegadiña á Mama Tataruga todo o día, apenas nos separamos e é difícil que non esteamos na mesma habitación nalgún momento... pero ás veces sinto coma se levase un vulto baixo o brazo, lembro as horas que pasaba mirando como durmía a Z. e agora aínda estando esperta nin sequera podo mirala ós ollos, sorpréndome a min mesma facendo miles de cousas cunha bebé nos brazos que apenas sabía que estaba aí, e ela... sempre tan agradecida de vernos, a min e á Z. todo o día ó seu redor, agasallándonos con sorrisos a cada mirada, falándonos ó papá e a min cos seus recentes Aaaaaa-aaaaah, escollendo as nosas caras entre as dos demáis para mirar e sorrir,... Sei que perde moitas cousas que tivo a Z., pero tamén gaña outras coa compaña constante dunha irmá máis vella que a fai sorrir así.

sorrisos

segue o embarazo

falando

Son so dous meses, tan normais e tan intensos... e o que nos queda por descubrir, a todos xuntos, como nos gusta.

4 comentarios:

  1. E qué sorriso tan lindo!!

    é caghadiña ó pai non?

    ResponderEliminar
  2. Que bonito! Canto amor e benestar transmites, Raquel. É unha verdadeira gozada lerte.
    Moitas grazas. :*

    ResponderEliminar
  3. que lindo!! xa empezo a ter "mono" das nenas...sobre todo da z. haberá que empezar a pensar en facer outra visita..bicos

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir