viernes, 2 de enero de 2009

Moitas cousas, pouco tempo

Así se resume básicamente o que fixemos últimamente, temos moito que contar, pero a Tartaruga non ten tempo de sentarse a escribir unha entradea en condicións e sen perder o fío, así que vai quedando, vai quedando...

Fomos visitar ós avos, a todos, e veu Papá Noel e trouxo moitos agasallos, tantos que a Z non quixo nin abrilos :-(, a pesar de dicir que so queriamos que houbese un agasallo por casa para evitar isto que xa ocorrera o ano pasado... non houbo maneira, e da moita mágoa que non teña ilusión e que nin sequera lle fagan ilusión os agasallos. Aínda que é certo que a algún lle deu mooooooito uso sen contar nós con iso, por exemplo ó libro "interactivo" de Winnie The Pooh. E mira que sempre odiei os contacontos eléctricos eses (que pasa, que os pais xa non poden contar contos?) pero a ela gustoulle e pasou dous días enteiriños a escoitar preguntas e premer botóns. Tamén lle tocou un dvd portátil para as viaxes en coche, outra cousa que eu non tería mercado, pero que recoñezo que é útil cando estás atado nunha cadeira con cintos durante horas sen te poder mover... se cadra onde non debería haber dvd é na casa... E as acuarelas, todo un acerto agasallo da madriña.

Z e as acuarelas

3 xeracións de mulleres

Os bisavós e a L

Connosco Papá Noel tamén se portou moi ben... agora temos a cámara de fotos soñada, aínda que nos falten tempo e mans para usala... quixen facerlle unha foto para o blog, pero... bueno, xa sabedes.

A Z. cumpliu anos, o 30, pero ela non se decatou ata onte que o celebramos cos avós todos, pero esta vez na nosa casiña, esta vez si abriu os agasallos, e foron contos case todos, máis a película de "Rudolf o reno do nariz encarnado", en galego e o último cd de Mamá Cabra.
Eu tíñalle preparado un agasallo especial que levaba un par de meses facendo ás agachadas cando ela durmía ou estaba entretida co papá noutro cuarto, escríboo porque así desafogo un pouco porque a avoa Carme abriu a miña bolsa das labores para ver que estaba a facer e o ver a boneca amosoulla á Z., aínda sen rematar, sen pelo e sen cara e unha semana antes do debido, co cal xa non foi sorpresa nin agasallo de aniversario. Teño pendente tamén facerle unha foto con luz natural, que sempre que saco un intre é a estas horas e non queda moi locida. Cando a consiga intentarei contarvos máis detalles.
E como agasallo de celebración e de última hora, o martes, para celebrar o aninovo, deitámonos todos ás dúas da mañá para rematar a coroa da que estou orgullosísima e que a Z. loce apagando as candeas. Por un lado ten a súa Z. e polo outro un coelliño bordado en verde "so con cabeza, fáltanlle as patas e o corpo" segundo a Z, así que terá que haber unha segunda versión do coelliño completo nalgures.

moita felicidade, moitos anos de vida, bennnnnnnn



Seguimos gozando da L tamén, dos seus cambios, dos seus cheiros, das súas miradas, da súa calor...

L


1. ..., 2. L máis eu, 3. Un baño, 4. IMG_0106, 5. IMG_0077, 6. ..., 7. meu amor, 8. manciña, 9. IOla

Hoxe o papá Moucho comezou traballar de novo, botámolo todas moito de menos :-(, pero semella que nos apañamos ben soas o primeiro día, a ver que tal nos vai de agora en diante...

Que teñades un boísimo 2009!!!

L

3 comentarios:

  1. Felicidaaadeess!!!!! Que bonito es tener un bebe. A mi me ha encantado la experiencia asi que repetire. Tu panchona llena de tatuaje Henna esta chulisima :-)

    Por cierto, no te olvides de dejar tu bebe afuera en su carro de vez en cuando que los noruegos dicen que es muy sano ;-)

    ResponderEliminar
  2. Que bonita está a bebé!! Ti es cuspidiña á túa nai eh? :)

    Encantoume a coroa, teño pendente facer unha e nunca me poño. Preguntas hehehe: metícheslle algo dentro para que quede tesa? e pusécheslle goma ou algo para que non se lle "caia"? Xa me contarás e a ver se pos foto da boneca.

    Un biquiño e feliz ano :)

    ResponderEliminar
  3. Canto se vos botaba en falta... non sabes canto me presta "seguirvos".
    Moi bo ano tamén para vós, tan bo coma este ou mellor, se cabe ;-)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir