domingo, 25 de enero de 2009

Manioloxía

Hai tempo que veño observando que cos anos cadaquén colle as súas manías, normalmente o número e intensidade é diretamente proporcional ó número de anos. No meu caso, tiven unha época un tempo atrás, coa vida moito máis organizada na que os costumes se volveron manías, pero niso tamén me axudaron as pequenas e foron quedando poucas (que volven aumentar co seu ritmo normal :) )

Na casa chamámolas cariñosamente TOC-TOC (por aquilo do Trastorno Obsesivo Compulsivo) e aquí tendes unha das miñas como presentación:

O nivel de café/leite/infusión (non de auga ou outra bebida para saciar a sede) debe estar a aproximadamente 1 centímetro do borde da taza, NUNCA menos (as cousas non saben igual :P), e preferiblemente non máis.

Manioloxía: o nivel axeitado

5 comentarios:

  1. Eu teño esa taza!! hahaha (e esa "manía" tamén) hahaha, será cousa da taza? :DDDDDDDDD

    ResponderEliminar
  2. se virades os meus cazolos de té con leite flipariades, ben , tampouco son cuncas do almorzo, iso facía-o aos catorce anos, na casa era a vella da manzanilla e comía limóns a fartar, agora uiii que rillan os dentes. Por certo onte vin un documental na sexta, un sobre os problemas da ventosidade, eu non sospeitaba que había xente que se recluía na casa por iso, moitos por mor do síndrome do colon irritabel. Vaia. Unha rapaza mellorou coa hipnose. Outro home tiña verdadeiros problemas coas muller, non soían acabar eso, un peito nun mal momento era moi antierótico. O outro docuemntal foi un experimento, un home e unha muller tiñas que estar seis semanas sen lavarse. Cos pintores ela usou o moncup, non lle debeu de gostar demasiado pero tampouco entrou en detalles. Era inglesa de clase media, unha muller encantadora con dous fillos, estes aturaban o cheiro da nai con aloumiños e algunha que outra protesta. Moi moi ameno... tiña que contar-llo a alguén, seguro que anda por youtube xa

    ResponderEliminar
  3. dí a túa nai que che vai zoupar pola manía TOC-TOC jajajajaja
    Bikos do teu irmán Hugo.

    ResponderEliminar
  4. Meninheira, e logo a ti co resto das tazas non che pasa? O meu é máis grave entón :D

    Olivia, eu vin ese documental hai tempo era Xente extraordinaria. Teño ganas de ver de novo un sobre o autismo, é un tema que me intriga e me impresiona.

    Avoa Olga, xa sabes que todo se herda :D

    ResponderEliminar
  5. Uy non, a manía é para todas as tazas hahahah pero tampouco é algo que me incomode eh? é... unha preferencia :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir