lunes, 5 de enero de 2009

A coroa e a fada

Como a Meninheira me preguntou pola coroa, aproveito para contarvos un pouco como a fixen, non hai fotos do proceso porque foi in extremis, pero é moi sinxeliña de facer, se ata a fago eu, que non teño nin idea de coser...

Fixen a plantilla nun xornal vello ata atopar a forma que quería, como pensei quen facela a dúas cores fixen outra plantilla para os anacos que ía cortar (o do centro e o dos extremos). Marquei no feltro que tiña na casa e recortei sobre 1 cm máis para deixar marxe para igualar se ó coser non quedaban iguais, como así foi :)

Unín as partes de diante xuntas e as de atrás, á cara A, a da Z, pegueille unha entretea para que quedase máis tesa. Se tivese posto entretea nas dúas penso que sería aínda máis doado coser unha cara coa outra porque non se moverían, así que apuntádeo, eu quixen apurar ó escoitar á L esperta e cosín sen hilvanar por aforrar tempo, así que vos podedes imaxinar a desfeita, total, que me deu o dobre de traballo porque tiven que coser, descoser, hilvanar e coser de novo.

Antes de unir as dúas caras bordei os motivos sinxeliños, despois cosín as cintas de flores e por fin unín as dúas caras deixando sen coser a parte de atrás, onde metín unha goma para axeitala á cabeza da Z. Como era de agardar non cadraban a parte de diante e a de atrás así que collín as tesoiras e fixen que cadraran facendo uso do marxe que deixei con moita previsión :)

coroa cara a

coroa cara B

E aquí agora unhas fotiños da nosa fada Sally

Fada sentada

Fada coa L

Fada coa Z

A fada das orquídeas

7 comentarios:

  1. Todo precioso! tus niñas deben estar encantadas!

    ResponderEliminar
  2. Ohhhhhhhhhh a fada é unha preciosidade!! encántame!! máis bonita ca "orixinal" es unha artista!!

    Sobre a coroa... que é "entretela"? pídese así na tenda? e en cal tenda? na de teas? e cosíchela a máquina non é? Jo! tentarei facer a ver se me queda a min tan bonita!! :)

    Un biquiño

    ResponderEliminar
  3. Graciñas a todas, faime ilusión descubrir que podo facer cousas que non pensaba.

    Meninheira, entretea é o que levan ás veces os bordados por atrás da tea, sabes? Ou nas solapas das chaquetas. Pídese así tal cual, que sexa de pegar coa prancha que é máis doada de usar. Eu merqueina na mercería, que aquí de tendas de teas andamos un pouco escasos :(, pero na tenda de teas tamén hai. E cosina a máquina, se non imposible rematala nun día co pouco tempo e mans que teño agora mesmo.
    Quero ver o resultado, eh?

    Un bico, si.

    ResponderEliminar
  4. Espero animarme, non teño nin idea do que me falas Ups porque eu todo o que fago é de xeito autodidacta e un pouco chafalleiro me temo, fíxate que eu pensaba meterlle dentro unha lámina de plástico que viña envolvendo algo hahahaha. A máquina regaláronma e aínda non a estrenei!!! pois non teño tempo nin para ler as instruccións, ains

    Agora estou rematando un colar e o seguinte a ver se é a coroa que ma piden tooodos os días :)

    Un biquiño o grazas polas explicacións :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir