Para reflexionar: os Reis-Papá Noel son unha ilusión ou unha manipulación para os nosos pequenos?
Ogallá sexan máis o primeiro e cada vez menos o segundo.
lunes 15 de diciembre de 2008
Fuches bo este ano?
Celebrando
Hoxe cumpre anos a avoa Olga, e vólvome sentir tan preto dela con esta maternidade... e porque é especial, porque me quere e me comprende. Feliz aniversario avoa!!
Pero non é o único que temos que celebrar os Tartarouchos: hoxe hai 6 anos que nos coñecemos o Moucho e a Tartaruga... como pasa o tempo! E que ben nos trata!
Dende aquelas ata hoxe decembro converteuse nun mes especial: celebramos que nos coñecemos o día 15, o 30 chegou a tartaroucha Z. e o 1 a tartaroucha L.
Dende logo é un mes para celebrar :-)
jueves 11 de diciembre de 2008
viernes 5 de diciembre de 2008
Hoxe debería ser o día
da súa chegada, pero non o vai ser, así que vos conto algunha outra cousiña, como que:
Chegou o frío:
E o domingo, mentres o Moucho e a Z ían á neve co Carolo, o X. e a S....
Aivou e máis eu ficamos quentiñas na casa e fíxome este agasallo:

... e despois ELA chegou canda o frío
Xa vedes que a miña intuición non funciona moi ben :-D.
A nosa L. chegou nun parto fugaz na nosa casiña, ás 3:30 da madrugada, o día 1 de decembro.
Xa somos un máis, e aquí seguimos na casiña, tranquilos e felices.







