miércoles 25 de junio de 2008

O colexio II

Estaba tranquila, se cadra porque sabía que non ía meter á Z. no cole o ano que ven, pero o outro día fun ó parque e unha mamá contoume que ela fóra inscribir ó seu fillo despois do prazo de matrícula (que se pode facer sempre que queden prazas) e que xa había máis de 25, pero que contra o que eu cría nun principio, de que farían dous grupos e sería mellor, porque habería menos nenos por clase, esta mamá díxome que segundo o centro, non tiñan espacio físico para facer outro grupo, non había outra aula, así que derivarían ós nenos a outro centro con prazas.

E aí comezou o meu medo. Eu matriculei á Z, si, pero non a ía levar, e que pasa se non a levo este ano? Que para o seguinte non tería praza, nin para o seguinte nin para o seguinte máis, cando chegase a idade de escolarización obrigatoria, con 6 anos, a Z. tería que ir a un colexio a máis de 20 kilómetros, sen transporte escolar, e sen ningunha vantaxe...

Estou triste e estou agobiada, porque dende que esta mamá mo dixo, fará unha semana, as cousas foron moi rápido. Tiña pensado pasarme polo colexio a preguntar como ían as cousas, pero onte recibín unha chamada da secretaria:
- Ola, chámote porque te esqueciches de cubrir un dato na matrícula: queres relixión ou atención educativa?
- Eh? Non, non me esquecín de cubrilo, é que pensei que os nenos de 3 anos non tiñan desas cousas.
- Ai, si, aquí dende pequeniños teñen de todo.

E que é menos malo? Que lle falen da relixión, seguramente católica, vai ti saber con que óptica, ou que lle dean máis atención á educación? É que soa que da medo, soa a clase de reforzo, a traballar no que "vas peor", que con 3 anos eu agardaba que nin sequera existise ese concepto. Teñen moito que aprender no colexio con 3 años, que non sexa a estar na clase e xogar cos compañeiros?

Pois seica si, porque onte tamén pola tarde, veu a casa o pai dun neno que comeza no mesmo colexio o vindeiro ano:
- Veño do colexio, de buscar a lista de libros.
- Lista de libros?
- Si, temos 8 libros, de inglés, de matemáticas e non sei que máis, e unha cantidade de material...
- (Como? con 3 anos? Van ter que estar todo o día facendo fichas e máis fichas, eu confiaba en que os meus medos fosen so medos, pero van ser realidades. Teñen 3 anos, teñen que xogar, non pasar horas sentados facendo fichas) Pois a min chamáronme hoxe porque non cubrira o de relixión ou ...
- Si, eu preguntei cando fun levar a matrícula e escollín Atención educativa, porque me dixeron que así xa facían alí os deberes.
- (Que? Pero que deberes? Con 3 anos? Pero que pasa, que se non lles mandan fichas para facer na casa non lles da tempo de acabalas no ano, non?Bufff. Pero é que non saben que está PROHIBIDO, por LEI os nenos non poden levar deberes ata 3º de primaria??!!) ... eu xa non digo nada, non me gusta nada o colexio, pero nada nada.
- ... xa nos dixeron que cambiaban a profesora este ano, que marchaba a que había e viña unha nova. E que xa nos chaman en setembro para avisernos de como será o periodo de adaptación, porque depende da profesora, pero que non máis de 15 días. Xa me preguntou se era de gardería, porque así seguro que non o necesitaba.
- (Vale, non podo máis, como funciona isto? Os nenos que antes se separen dos seus pais son os que máis vantaxes teñen? Se entran na gardería cun mes, mellor, que así non necesita adaptarse despois no colexio, e os que o necesiten, e necesiten máis de 15 días... pois que se vaian afacendo como poidan, que a vida é así, a foderse! Por certo, o que entra no cole con 3 anos, que non é obrigatorio, ten asegurada a praza con 6 anos, cando empeza a escolarización obrigatoria. É como darlle praza primeiro ós que foron á gardería, a única diferencia é que os de 3 anos e os de 6 están no mesmo centro. Será moi normal, pero eu non o vexo así.)
- ... pero vai ser outra etapa, xa verás que diferencia cando os deixes no autobús ás 8 e media ou ás 9 e chos devolvan ás 4 e media xa comidos. E como non durmen sesta, déitanse antes, así que ás 8 ou ás 9 na cama...

Funme, non podía máis xa, é que aínda por riba me lembra como van pensar o resto dos pais e o pouco que poderei facer eu soa. E agora non son imaxinacións miñas, agora é a realidade, está todo aí, a dous meses e medio escasos se non temos sorte. E eu estou... triste.
Este pai foi o mesmo que quería telos entretidos facendo unha horiña os deberes, así que botando contas saéme que para el o ideal é ter 2 horas e media ou 3 horas e media de fillos ó día.

E pola noite falei con outra nai e conteille que non me gustaba nada o colexio, comezando polo dos libros:
- "pero a ti que máis che da iso? Se son unha cousa boa, non? É bo que teñan inglés."
- Si, pero non con tres anos, con tres anos teñen que xogar, non pasar o día facendo fichas.
- Pois para iso tiñas que metela na gardería, non digo toda a mañá coma nós, pero unhas horiñas víñanlle moi ben.
- Como? Non, é que Z. na casa xoga todo o día, non é necesario ir a gardería para xogar, e si é necesario que os nenos de 3 anos xoguen.


Síntome atrapada, sen saída. Sempre dixen que os meus fillos irían a colexios públicos porque o que eu quería era loitar porque a educación fose para todos como eu quería, máis xusta coa evolución dos pequenos, pero agora mesmo o que me falta para meter á Z. nun privado que se achega ó que me gustaría (quitando o clasismo que se produce por ser un privado), son os cartos.

É igual, exactamente igual que os partos, aténdente sen problemas por vivir en España, tes dereito a elo, pero está todo mal feito, e sabes que tes dúas opcións: presentar un plan de parto no hospital que che toca e arriscarte a que fagan contigo e o teu fillo o que lles dea a gana e, ó mellor aínda con represalias; ou escoller unha opción máis segura, pagando. A diferencia é que agora non me vale con aforrar un ano para darlles a opción mellor. Sei que quero outra cousa, pero non hai outra cousa, hai isto e, ou o colles, ou amáñaste ti soa como poidas.

A miña esperanza é que os 20 nenos que me dixo a secretaria que había agora matriculados non sigan aumentando e a Z. poida ir cando lle apeteza e cando estea preparada. Se non hai sorte non sei o que faremos. Non tería problema en facer kilómetros se soubese que a opción ía ser mellor, pero por desgracia anda todo preto da mesma merda e aínda por riba sen servicios que algún día si poden ser útiles, como o transporte escolar.

E outra esperanza é que aprofe nova sexa diferente, que non poña ós nenos a facer fichas e máis fichas, que decida ampliar o periodo de adaptación...

E aínda así síntome fatal levando á miña filla a un sitio así... confío polo menos en que logre cambiar algo.

jueves 19 de junio de 2008

Ser nai e o "exemplo" da ministra Chacón

Non podo estar máis dacordo, a nosa sociedade está deshumanizada ata este extremo, na miña opinión, e loitar por conseguir unha baixa de maternidade polo menos de 6 meses para que unha persoa representante do Goberno de España diga coa boca máis aberta do mundo que o seu é un exemplo a seguir... bufff, que me ferve o sangue. Como moito será unha opción, e facerlle pensar ás mulleres que son inútiles por coidar ós seus fillos as escasas 16 semanas de permiso maternal que temos en España é insultante.

Pégovos o artigo de MMar que podedes atopar na revista Bebés y +

¿Criar o no criar un hijo? ¿Conciliar o renunciar? ¿Es un ejemplo a seguir la ministra española de Defensa?

MMar

tiempo.JPG

Como transmite sabiamente Maitena en esta viñeta, llega un momento en la vida de muchas mujeres que tienen que elegir entre ellas y su carrera profesional o la crianza de sus hijos. Bueno, algunas pueden elegir y otras no tienen más remedio que trabajar. Pero nos vamos a centrar en las que sí tienen cierta libertad de maniobra en su vida.

La Ministra española de Defensa Carme Chacón, a quien ya hemos dedicado varios posts, ha optado por el trabajo a tiempo completo o exclusivo desde las 6 semanas del parto, asumiendo el padre el resto de la baja de maternidad. Es una opción que nuestra vicepresidenta Fernández de la Vega ha calificado de “un modelo a seguir” para el resto de las madres y ejemplo de conciliación y política de igualdad. Pero yo me hago varias preguntas:

  1. ¿Es un ejemplo que ya que sólo tenemos un hijo de media en España (1,4) no lo criemos ni siquiera 2 meses?
  2. ¿Tiene derecho ese bebé a la lactancia materna? ¿No recomienda la OMS y Unicef 6 meses de lactancia exclusiva y debería ser esto una prioridad de salud pública?
  3. ¿Realmente le importan algo los bebés a nuestro sistema económico y social?
  4. ¿Saben los gobiernos qué es la crianza con apego y con vínculo y la fusión mamá-bebé de la primera infancia?
  5. ¿Es igualdad que el padre ocupe el lugar de la madre en el momento en que este es más importante en la vida? ¿No puede el padre complementar en vez de excluir?
  6. ¿Es conciliar ver a tu hijo en foto y los fines de semana o es simple y llanamente renunciar?
  7. ¿Las mujeres modernas y feministas no crían a su familia? ¿Las madres que sí dedicamos nuestro tiempo a los hijos desperdiciamos nuestro talento y somos trogloditas?
  8. ¿Es lo mismo un bebé enmadrado que des-madrado?
  9. ¿El escaso tiempo de calidad (pocas horas al día y normalmente baño y cena) es comparable a la crianza a tiempo completo o parcial?


Muchas preguntas que cada familia debe responderse en función de su corazón, filosofía de vida y posibilidades económicas.

Los bebés tienen necesidades por encima de las ambiciones personales de sus padres y de teorías sexistas obsoletas que nos hacen creer que somos iguales-andróginos en todo sin tener en cuenta ni la biología ni la ideosincracia propia de cada sexo. Como dice Isabel Fernández del Castillo “hoy se sabe que el vínculo madre-hijo es el sustrato de la misma capacidad de amar, de convivir. Apoyarlo o no tiene una profunda trascendencia social.”

Los bebés son el eslabón más débil de la cadena social y muchos no tienen derecho a su propia madre o padre ni los primeros meses de vida. Pero las sociedades más humanas y avanzadas son aquellas que sí tienen en cuenta y respetan sus necesidades: Suecia tiene 64 semanas de baja maternal, Noruega 52, Dinamarca 50, Finlandia 44 e Islandia unas 40.

Estos países saben que invertir en los primeros años es lo más rentable socialmente porque redunda en salud física y mental en su población. Y esas madres además de criar a sus hijos también son las más activas laboralmente de Europa y con mejores puestos. ¡La vida no se acaba por cambiar muchos pañales!

¿Se puede trabajar y criar a la vez? Por supuesto. Durante toda la historia de la humanidad y en la mayor parte del planeta las mujeres siempre han trabajo pero junto a sus hijos o cerca de ellos. Es en nuestro modelo económico adultocentrista que ambos padres están todo el día abducidos lejos de sus hijos. Y existen muchas opciones (tantas como personas) para conciliar trabajo o familia: excedencias, trabajo parcial, trabajo cerca de casa, teletrabajo, etc.

Sra. Ministra, usted no es para mí un ejemplo a seguir como madre, sencillamente porque apenas va a ejercer como tal.

Aunque sea políticamente incorrecto, prefiero ser madre insumisa o gonzalizante o slow o suave o apegada o como se quiera decir. En el fondo todo es lo mismo: madre mamífera de un bebé mamífero que necesita mamá. Sin más etiquetas.

Más información | El País
Más información | Holístika
En Bebés y más | El trabajo es un obstáculo para la maternidad
En Bebés y más | Los 10 mandamientos de la conciliación familiar-laboral
En Bebés y más | 100 ideas para mejorar España: ¿dónde está la crianza?
En Bebés y más | Dejar temporalmente de trabajar
En Bebés y más | Feliz día de la madre trabajadora, o no
En Bebés y más | Coordinadora para nuevas políticas familiares
En Bebés y más | ”Dueños de nuestro destino: cómo conciliar vida laboral, familiar y personal

Z-nario: evolución

E agora que descubrimos o r é unha mágoa que aínda non saibamos moi ben como pronuncialo, pero non hai problema! Ocorréusemos unha técnica xenial! Consiste en cambiar cada r impronunciable por un i ou un l segundo o lugar no que se atope.

Queredes ver algúns exemplos?

Branco: bianco
Porta: polta
Subir: subil

Va que somos listas nesta familia?

miércoles 18 de junio de 2008

Propostas para cerebros espertos

Que non vai ser o meu caso, me temo, non desisto, pero tampouco me ven nada á cabeza.

Cóntovos:

Aivou pide axuda para recopilar crenzas e/ou mitos populares, do estilo de que non te podes bañar ata dúas horas despois de comer, ou que co polbo non se pode beber auga,... da igual que sexan certos ou non ou que non saibamos se o son, o importante e a recopilación. Ocórresevos algo?

E Vega acaba de organizar o Concurso de Novatadas, pode estar divertido, e seguro que eu teño unha chea delas para contar de cando saín do niño e me aventurei no mundo eu soa, pero nada, levo dous días pensando e non se me ocorre nadiña. Creo que non teño o cerebro no seu sitio. Animádesvos? So hai que escribir unha entrada no blog que leve ese título e contar unha novatada graciosa, hai ata o 25 de xuño.


PD: O blogger volveuse tolo e sublíñame todo, queira eu ou non, e non quero, claro.
PD2: Creo que o dominei :-)

miércoles 11 de junio de 2008

O transporte público


Eu quería ir no autobús, son marabillosos: usan biodiesel que so hai para os demáis nunha gasolineira a 20 km, podes subir co carriño do neno... quería contaminar menos, camiñar máis, non gastar tempo nin cartos en aparcamento cada vez que teño que ir ó centro... pero desgraciadamente vivo noutro concello, por escasos 500 metros vivo noutro concello, así que aquí os urbáns nin os cheiramos.

Aínda así estaba case decidida a andar os dous kilómetros que hai da miña casa á parada máis próxima aínda que fose baixo o sol do verán ou o frío e chuvia do inverno, pero entón, de volta a casa no coche lembrei por que non o fixera antes: cunha nena de 2 anos e medio, aínda que conseguise que fose de aquí aló sentada na silla que nunca usou, tería que camiñar dous kilómetros pola estrada pola que cada vez pasan máis coches e máis rápido e que non ten arcén. Non podo arriscarnos, non cando teño un coche no garaxe que podo sacar para levarnos ás dúas con bastante máis seguridade.

Así que, aínda que os urbáns pasan cada media hora por un sitio ó que no cohe chego en apenas 1 minuto, é un lugar inalcanzable a pe e non podo acceder a eles.

Pola contra temos un "excelente" servicio de autobús dunha empresa particular que pasa cada día ás 8 da mañá cara a cidade e volta as 14 para facer a súa segunda viaxe no día cara o centro. Onte informoume a veciña de que, como é lóxico, vai deixar de existir.

Así que vivimos aquí todos xuntos, cada vez máis xente e máis xunta, e sen ningún outro servicio que unha panadería (cun pan riquísimo, iso si)... ai! Co ben que estariamos nós no medio do monte!

Unha da barriga

Para que vexades que vai medrando.

Unha pequena barriga

Igual non parece gran cousa, pero se a comparo coas fotos da miña barriga da Z. podería estar de 5 meses tranquilamente, ou se cadra un pouco máis. E aquí so estou de 13 semanas, 3 meses, vaia.

Últimamente estoulle dando algún arrechucho á pobre, onte pasei todo o día con contracións cada pouco, unha sensación estrana co útero aínda tan pequerrechiño, semellaba que me apretaba o pantalón a ratos. Sei que teño que relaxarme e non coller pesos, pero como? Coa terremota esta en fase destructivo-experimental?
Hoxe as cousas xa voltaron á calma, e agardo seguir dándolle repouso ó novo pequeno tartarouchiño.

martes 3 de junio de 2008

O xogo // The game

Vía Betty atopei este xogo divertido de flickr, apetécevos?

As normas son as seguintes: trátase de respostar unha serie de pregutnas sobre un mesmo, insertando as respostas no buscador de flickr e respostando despois diretamente cunha das fotos que saen na primeira páxina de respostas (que eu ó primeiro fíxeno coa primeira foto que saía, e non é mesmo). Despois con todas as fotos faise un mosaico.

E as preguntas son:
1. O teu nome de pila?
2. A túa comida favorita?
3. Instituto ó que fuches?
4. Cor favorita?
5. Personaxe famoso polo que perdes a cabeza?
6. Bebida preferida?
7. Vacacións de ensoño?
8. Postre preferido?
9. Que queres ser cando sexas grande?
10. Que é o que queres máis no mundo?
11. Unha palabra que te describa
12. O teu nick en flickr



A Tartaruga

O xogo · Eu

1. raquel lutz lopes pereira & família, 2. Pasta Flower, 3. La culpa de todo, 4. Verde no Aquarius, 5. Atentos, 6. auga, 7. Marco Polo, 8. pick-me-up, 9. Cuba Libre..., 10. entrelaspiernas, 11. Ser Sin ser - Todos los Humanistas se van al Cielo, 12. Tartarouchos de Anxo Lamas


O Moucho

O xogo · O Moucho

1. moucho, 2. callos con garbanzos, 3. San Juan Bosco, 4. Adapting, 5. No no no !, 6. auga, 7. Playa de la Alcaidesa / Alcaidesa beach, 8. Xelado, 9. Tio rico, 10. ♫ YO Yo yo, there's no place like a green penthouse... so i told the genie i wanted to be well hung. ^o^ ♫ nah... wildlife from singapore♫, 11. El cabezón chiquitin, 12. Xesta para a boa sorte


Moito moito non nos parecemos, non? :-)

lunes 2 de junio de 2008

E hoxe...

Rosana dalle a benvida a Uxía

Rosana e Uxía

E nós contigo Rosana, que sexa unha benvida como se merece :*

domingo 1 de junio de 2008

Cousas pendentes pola miña ausencia

Penso en moitas cousiñas que teño que contar, pero ó final nunca me poño a escribilas.
A ver se hoxe que descarguei unhas cantas fotiños vos poño ó día.

Esta última temporada cambiei un pouco de vida, non tecín nada nada nada, comecei unha chaqueta, pero quedei un pouco desilusionada porque coido que non vou ser quen de facela coas agullas das que dispoño. Ademáis tivena que desfacer porque a la era un chisco máis fina, así que necesito aumentar un par de voltas de cada cor, total que desfixen e aí quedou.

Tampouco leo, nin sequera de preñeces e de partos, aínda que coido que agora me van entrar as ganas coas novas expectativas de poder ter o meu parto na casa :-)

O que si fixen foi cociñar, para asombro do meu Moucho, moi asiduamente, tanto que agora xa é el o que me pregunta que vai haber de comer mañá, e é que me apetecía.
Fixen esta pizza da que non sobrou nin unha migalla...

mmmm... pizza!

E fixen tamén unhas madalenas para repetir, con cacao, chocolate branco e noces... mmmmmmmmmm. E por primeira vez subiron!!! Menos mal que na miña inexperiencia se me ocorreu metelas dentro dun molde no forno, máis pensando en que desbordara todo por fora que en que fose necesario para que collesen forma. O que fai non saber.

Edito para pegar a receita das madalenas, solicitadas por Eli, e por alguén máis que non podo lembrar. A receita saqueina da cociña de auro
Cambiando as noces de macadamia polas do país que tiña na casa, e engadindo un par de culleres de cacao en po para poñelas máis moreniñas. A ver que vos sae :)

madalenas dous chocolates con noces

E, apesar de que aquí leva máis dun mes chovendo seguido, e de que á nosa cerdeira nova non lle está a sentar moi ben, semella que ós cactos da fiestra sul non lles afecta o máis mínimo e locen orgullosos (coma min) as súas (miñas) flores.

mosaico de cactos

E aínda hai máis... pero déixoo para outro momento.

Unha candea para un parto

Que vai Mari e que ven unha nova meniña.

unha candeíña para acompañar un parto

Moitos bicos, que estamos convosco... :*