Chegaron!! Hoxe timbroume a carteira cunha chea de cartas e un paquetiño, ben!!!
Llegaron!! Hoy me timbró la cartera con un montón de cartas y un paquetito, bien!!!
A miña sorprendedora foi Cristi e dentro do paquetiño atopei unha postal da súa terra Chile, que xa está na miña parede co resto da coleción, un chaveiro de lobo con pel de año que a Z. lle fixo moita gracia, e unhas flores preciosas para un broche. E, por suposto, os calcetíns, os meus calcetíns, que xa vedes que me van perfetos, encántame a cor e o modelo, xa non terei que tecelos para min, e ficháraos cando os vira no seu blog :), e son moooooi quentiños, grazas, grazas, grazas. Foi todo un acerto, e vounos usar moi a gustiño.
Mi sorprendedora fue Cristi, y dentro del paquetito encontré una postal des u tierra Chile, qeu ya está en mi pared con el resto de la colección, un llavero de lobo con piel de cordero que a Z. le hoizo mucha gracia, y unas flores preciosas para un broche. Y, por supuesto, los calcetines, mis calcetines, que ya véis que me van perfectos, me encanta el color y el modelo, ya no tendré que tejerlos para mí, y los había fichado cuando los vi en su blog :), y son muy calentitos, gracias, gracias, gracias. Fue todo un acierto, y voy a usar mis regalitos muy a gusto.
jueves 24 de abril de 2008
Swapetines · Recibidos
jueves 17 de abril de 2008
Para Sabela
Pola mañá mandeiche un bico e debíache dar moito máis, quero acompañarte, quero saber facer o axeitado, pero non sei... Aivou di que me comprendes, e seguro que ten razón, porque es moi grande, Sabela.
E aínda que a miña ineptitude social me impida facer o que debera... estou contigo, dicíndolle un adeus o grande que ti queiras a unha cousiña tan pequena.
:*
Swapetines · Enviados
Hoxe, cun pouco de retraso, pero non demasiado... perdón.
E veña, concédovos unha fotiño da caixa... non da moitas pistas, pero algunha si, eh?
Ale, se cadra poño máis cando sexa recibida, ou mellor aínda, que a sorprendida faga as fotos e eu póñovos o enlace, vale, sorprendida? ;)
Hoy, con un poco de retraso, pero no demasiado... perdón.
Y venga, os concedo una fotito de la caja... no da para muchas pistas, pero alguna si, eh?
Ale, a lo mejor pongo más cuando sea recibida, o mejor aún, que la sorprendida haga las fotos y yo os pongo el enlace, vale, sorprendida? ;)
De bebés nas barrigas
A Z. parouse a mirar fixamente a barriga de Mari, a mamá da súa amiga Zi. Eu imaxinaba que vía algo raro:
- Sabes que ten Mari na barriga? Ten un bebé.
- Siiiiii, ten un bebé.
(...)
- Z! Veña, quita a roupa!
- Teño unha camiseta branca... o avó de Ourense tamén.
- Si, o avó de Ourense tamén tiña unha camiseta branca.
- E quitouna.
- Si? Quitouna?
- Si, e tiña un bebé na barriga
xDDDD
Papá, ponte a dieta!!
E agora falto eu, o correto supoño que sería agardar ata mañá, que temos a primeira visita, pero tiña tantas ganas e síntome tan ben... pois iso, que aumentamos a familia!!!!
Calculo que dunhas 7 semanas, así que para primeiros de decembro (outro de finais de ano, os tartarouchos serán os peques da clase).
:)
PD: un bico moi forte moi forte para Sabela :*****
miércoles 9 de abril de 2008
Swapetines · Recta final
Que non punda o cúnico! (como diría miña nai :* )
Están rematados xa e xuntei algunhas cousiñas que creo que lle poden gustar á miña sorprendida. farei fotos, dos calcetíns e da caixa cando estea completa, pero non as porei ata que lle cheguen á sorprendida, que se non será menos sorpresa.
A verdade é que o pasei moi ben facendo os calcetíns e pensando os complementos. So agardo que sexan do seu agrado.
Que no punda el cúnico! (como diría mi madre :* )
Están terminados ya y junté algunas cositas que creo que le pueden gustar a mi sorprendida. Haré fotos, de los calcetines y de la caja cuando esté completa, pero no las pondré aquí hasta que le lleguen a mi swapetina, que si no será menos sorpresa.
La verdad es que lo pasé muy bien haciendo los calcetines y pensando los complementos. Sólo espero que sean de su agrado.
Da Z.
Está moi graciosa últimamente, vouvos contar algunha da que me lembro.
Na casa separamos todo tipo de lixo, e ademáis os residuos orgánicos van para a compostadora do xardín, así que imos xuntando os restos nun recipiente.
A Z. pedírame unha cenoria como a que estaba a comer o Moucho, así que fun á cociña a pelala e collín o cacharro para botar as pelas, e onde asomaban as cascas duns ovos. A Z. viunas e dixo:
- É o prástico dos ovos?
Onte a noite iámonos deitar, durmimos todos xuntos entre a nosa cama e unha ampliación que lle fixemos hai tempo xa para coller máis amplos (aínda que é un pouco ficticia porque acabamos todos no mesmo curruncho). O caso é que cando se deita sempre queda no seu sitio, que é a ampliación, pero hai xa uns días que non hai maneira, quere durmir na cama e se pode ser entre o papá e a mamá mellor aínda.
Cando nos fomos deitar onte non quixo que viñese o Moucho, pero aínda así deitouse na cama, e eu díxenlle un pouco como pregunta retórica, a verdade, sen moitas esperanzas de que me respostase:
- Z., por que non te deitas no teu sitio?
E ela respostoume toda seria e chea de razón:
- Porque hai un crocodilo na parede que comeu o pelo da Z.
Moraleja: Non fagades sombras chinescas na parede pegada a cama da vosa nena de 2 anos, e menos aínda se vos ocorra facer a gracia de que o crocodilo come a súa sombra...
Por suposto non houbo nada que lle rechistar.
E hai tempo que cada vez me é máis difícil convencela de que mame da teta dereita. A esquerda sempre foi a súa favorita ;-), pero agora estoume volvendo totalmente asimétrica: a esquerda é cada vez máis grande e a dereita máis pequeniña (en breve me vexo metendo recheos so dun lado no suxeitador), cada vez que lle dicía que tomase da dereita ela dicía que esa non, qeu esa non chupa... e hoxe por fin entendín que non era que non quixese chupar. Cando lle preguntei por que non quería chupar esa teta, volveume respostar moi convencida: que esa non chupa!!! Que non ten leite, vaia. O certo é que agora se debe notar moito a diferenza, aínda que me sae unha pinga con facilidade xa nunca a noto tragar dese peito.
Que cousas, eh?



