Vaia! Que sorpresa! Acabo de fixarme e este é a miña entrada número cen!
Que axiña chegaron, e facendo un repaso a verdade é que o resultado é positivo. Creo que foi boa idea facer este blog, xa contei máis de cen cousas que doutra maneira seguramente quedarían esquecidas. E non so as esquecería eu, senón que non as tería compartido con vós.
Así que un biquiño para vós pola compaña e outro para nós polos contidos :*
viernes 29 de febrero de 2008
Cen!!!
jueves 28 de febrero de 2008
Cousas de cociñas
Ía ser o noso agasallo de Nadal-cumpreanos-Reis para a Z., pero chegou con retraso, iso si, á Z. encantoulle, e creo que, ó Moucho, despois de facelo renegar de min e das miñas ideas unhas cantas veces, lle gusta ver por fin que a tartarouchiña xoga na cociñiña que fixo el e non nunha desas insulsas de prástico. Esta ten personalidade que acabaremos de darlle, eu cunhas cortiñas, feitas de retais dos que me trouxo a avóa tartaruga cando soubo que lle daría uso á máquina de coser, e que aínda que non sexan do meu estilo sei que lle van facer moita gracia á pequena; e a Z. cos seus cacharriños e as súas historias.
Como vedes, o Moucho currou a conciencia, o seu forno, o frigorífico cos estantes de "vidro", todo prateado como o aceiro da de verdade...
A Z. agora toma nota de cada paso culinario para usalo despois nas súas receitas.

E xa que falamos de cociñas... case temos que redecorar a cociña despois dunha xornada de pintura de dedos. Foi moi divertido ó primeiro, pero creo que non o vou repetir ata que chegue o verán e poida pintar ó aire libre.
QUE ESTRÉSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS!!!!
Si, moi divertido mentres pintaba coa puntiña do dedo, igual de divertido cando metía o dedo ata o fondo do bote, e incluso cando intentaba que o brazo entrase ata o cóbado e a pintura chorreaba polo bote cara a fora, a verdade é que o pasamos moi ben as dúas... 

pero de súpeto a diversión rematou, e converteuse todo nun drama: a Z. quería quitar aquelo das mans e da roupa e os seus esforzos por quitalo non facían máis que levalo a peor. E como lle explicas a unha nena de 2 anos que ten que estar quietiña un minuto mentres pensas por onde se empeza a limpar?
Porque... por onde cona se empeza a limpar? Pola cara? Polas mans? Polo mandilón ese pringado? Polo pantalón traspasado de pintura de dedos?
Pensei en metela directamente na bañeira e ir quitando alí as prendas sen importar a orde, pero decateime de que tras o estado no que se atopaba o chan, tanto os seus, coma os meus zapatos estaban gravemente perxudicados, e se intentaba subila á bañeira, no andar de arriba... o rastro podía ser interminable. Así que mentres me adiquei a limpar a suela (como se di suela?) o "memello" ía conquistando novos territorios: as cadeiras da cociña, o forno, o frigorífico, incluso as salpicaduras chegaron á campá extractora despois de que a Z. sacudise as mans intentando desfacerse da cor impregnante.
O sangue non chegou ó río, e todo quedou coma novo despois de fregadas varias, pero non penso repetilo nunha temporada!!!
En serio, vós facedes isto na casa? Como? Ou é que a miña é a única impaciente? Xúrovos que me levou o triple de tempo limpar todo, que o que empregou ela en entreterse coa pinturiña en cuestión.
Ohmmmmmmmmmmmmm! Ohmmmmmmmmmmmmmmmmm! Ohmmmmmmmmmmmmm!
Creo que xa estou nova, e preparada para a seguinte... cal será a de mañá?
lunes 25 de febrero de 2008
Unha horiña máissss
Non somos de madrugar, non vos botedes as mans á cabeza cando conte isto, non nos odiiedes as e os máis madrugadores... para a vosa satisfacción augúrolle pouco futuro a este tipo de situacións.
Hoxe espertei, quero ir ó preescolar na casa ás 11 coa Z porque non sei se saíu xa o prazo de matrícula para o ano, e aínda que pensaba non mandala aínda ó cole cos seus dous aniños e nove meses (sigh :-( ), parece que a situación familiar pode cambiar e necesitaría desas horiñas para estudar, ira a clases, ir a práticas e todo o que iso conleva.
Temos un deses reloxios que proxecta a hora no teito, e no que podo adiviñar a hora pese á miña cegueira noturna (é que durmo sen gafas, claro), así que espertei e entreabrín un ollo para mirar o teito, para non espertar de máis e porque así vexo ínfimamente mellor, así que intuín un 10:12 e erguinme tratando de que a Z. non espertase.
Abraiada quedei, normalmente en canto se move unha saba pégase ó meu corpo apalpando para seguir durmindo consciente da miña compaña, pero hoxe nin se inmutou. Saín da cama, ducheime, vestinme, baixei ó outro andar, mirei o correo, e collín o almorzo (si, miro o correo antes de almorzar, son así de adicta) e cando me volvín sentar diante do ordenador a gozar duns minutiños de relax e tranquilidade antes de que a Z espertase de vez mirei a hora de novo e eran xa... as 9:52!!!
Gañei unha hora que a Z durmiu prácidamente (ata hai uns minutiños) e non foi por mor dos meus ollos (aínda que ben podería ter sido): o noso despertador, non sabemos moi ben por que, aínda que temos varias teorías, de cando en vez non marca a hora, senón unha hora máis, pero nunca dura máis dun día, ou de 12 horas. E automáticamente e como por arte de maxia volve á hora correcta sen avisar... é un fenómeno estrano que se repite e hoxe me regalou unha hora de actividade en solitario.
Ademáis das pantasmas, e os poltergeist, o Moucho ten a teoría de que o reloxio conecta co satélite cada 12 horas e aí é cando corrixe o seu erro de aproximación... non sei cal das teorías é máis posiblñe/crible de todas... e cal me da máis medo.
miércoles 20 de febrero de 2008
Swapetines·Comezando/Empezando
Non sei do tempo que vou dispoñer para tecer os calcetíns da miña sorprendida, así que o luns decidín comezar. Fun á miña tenda de las, pero decepcioneime un pouco. Xa non hai aqueles novelos de Mondial de raias autoxeradas, en la so cores lisas ou a Mondial Kim da que teño na casa dende hai un ano e non acabo de decidirme por ningún patrón que lle axeite, así que descarteina. En algodóns si había variedade, pero non sei por que me da que a miña sorprendida ía usar máis uns calcetíns de la, así que os algodóns tamén descartados.
No sé del tiempo que voy a disponer para tejer los calcetines de mi sorprendida, así que el lunes decidí empezar. Fui a mi tienda de lanas, pero me decepcioné un poco. Ya no haiy aquellos ovillos de Mondial de rayas autogeneradas, en lana sólo colores lisos o la Mondial Kim de la que tengo en casa desde hace un año y que no acabo de decidirme por ningún patrón que le vaya bien, así que la descarté. En algodones sí había variedad, pero no sé por qué me da que mi sorprendida usaría más unos calcetines de lana, así que los algodones también descartados.
Decidinme ó final pola Katia caricia en cor marrón, buscaba algo con cambios de tonalidade pero non puido ser e non quero agardar a que me chegue un pedido de fora, que despois igual non me da tempo. E escollín un patrón "sinxelo á par que elegante", quero facer algunhas modificacións e non quero meter a zoca, polo menos non moito, así que agardo que con este patrón me dea amañado para facer o que quero. Non vos digo cal é, a ver se o adiviñades, déixoo para outro día, que se non xa sabades tanto coma min ;)
Me decidí al final por la Katia caricia en color marrón, buscaba algo con cambios de tonalidad, pero no pudo ser y no quiero esperar a que me llegue un pedido de fuera, que después igual no me da tiempo. Y escogí un patrón "sencillo a la par que elegante", quiero hacer algunas modificaciones y no quiero meter la pata, por lo menos no mucho, así que espero que con este patrón consiga hacer lo que quiero. No os digo cuál es, a ver si lo adivináis, lo dejo para otro día, que si no ya sabéis tanto como yo ;)
Non conseguín facer unha foto mellor, a ver se a vindeira...
No conseguí hacer una foto mejor... a ver si la próxima...
lunes 18 de febrero de 2008
Finde cos avós mouchos
Pasamos outra finde máis cos avós, fixemos a proba dos salchichóns e chourizos deste ano, a tía Lu, a bisavoa Josefa e máis eu tecemos ó carón da cheminea e a Z pasouno xenial coma sempre facendo visitas ó galo e ás pitas, e os avós gozaron con ela e as súas cousas, como que "o Albertino so ten unha pita", ou "imos ver o galo, pero que non cante". Tamén o Moucho e máis eu botamos unhas risas cando nos fomos deitar o sábado e a Z. facía un movemento raro coa boca:
- Que tes na boca?
Ela abriuna amosándonos que estaba baleira e dixo: - Dentes
A verdade é que está nun momento xenial, facendo comentarios que non agardamos e que nos sorprenden, ou actitudes en determinados momentos. Hoxe pasou o baño cantando cancións inventadas que van xurdindo según os obxectos que ten na man, últimamente faino moito durante o día tamén; e cando botamos a cremiña ó saíres da baleira dixo que quería amosarlle ó papá que manchada estaba... aínda que se enfadou cando lle dixen que papá marchara: Nooooon, a taballá non!
Por certo, hoxe pronunció semáporo por primeira vez en troques das tres sílabas que tiña ata agora o seu semapo.
Deixeille á tía Lu o patrón dos calcetíns pola punta, a ver se deixa de tecer os peúgos Saartjes compulsivamente. Con vinte modificacións e toda clase de combinación de cores, debe ter uns vinte desparelladoas ata que conseguiu facer "os definitivos" en dous tonos de morado e outros en dous de verde... polo menos podía emparellar os demáis e levalos á Cruz vermella ou a Cáritas se non os quere regalar ós seus amigos. A ver se agora comeza a facer versións dos calcetíns, jeje, destes eu son quen de levar un de cada cor e non deixalos metidos nunha bolsa para sempre.
Fixemos unha miniexcursión ó San Bieito en busca de lavanda, pero xa non hai quen coide a xardineiría do recinto e volvemos sen elas... iso si, pasamos un moi bo rato, a Z. entre as follas dos carballos estradas polo chan e eu botando de menos a miña réflex para aproveitar a luz máxica que había, a ver se tardo en esquecela porque me creou unhas sensacións... seguro que parezo un pouco tola (e o estou), pero foi un deses momentos que queres gravar para sempre, e sei que foi pola luz. Pensei mercar unha réflex dixital, pero coa Z. agora non a ía usar como eu quixera, apenas uso a compacta, e non me imaxino saíndo co bolso, a merenda e a réflex a dar un paseo, así que a ver se aprendo a sacarlle partido a esta pequeniña, que seguro que ten máis posibilidades das que eu lle coñezo.

Por certo, entre toda esa maxia escoitamos un picapinos, un paxaro carpinteiro, un peteiro ou como se chame, que non quero meter a zoca ante os e as entendidas, lembreime de Rita e Madroño, de Eva e de Lía, e quedeime coas ganas de velo, pero coido que unha nena de dous anos alborotando entre as follas non axudou moito, aínda así identificamos o burato onde se agachaba, no carballo da casa dos paxaros, e é outro son máxico.
Ese sitio ten algo... ou tiña algo o sábado... un enxame de abellas no burato dun dos carballos, un paxaro carpinteiro noutro, o son, as follas, a luz, a fonte que cuspía a auga, as landras, nós...
Á volta cara casa as mimosas estoupaban no medio das polas baleiras das árbores, o preludio da primaveira, que xa nos vai facendo as ganas.
E... déixovos algunha fotiño para que vos entreteñades mirando.
Silicona queimada
Sabedes como ule? Ou debería dicir como fede? Pois máis ou menos igual que un neumático queimado, ou que aquelas bolsas de gusanitos que queimabamos no parque de adolescentes... APESTA!!!!
Que como o sei? Cóntovolo dende o principio?
Hoxe veume a regra, o que fixo que o meu humor se resentise algo máis do habitual, quería facer cousas despois de estar toda a fin de semana fora, quería deitar á Z., funme con ela e co Moucho a cama ás dez e media da noite, pasei 50 minutos metida na cama e o meu mal humor íase incrementando entre os empurróns, cancións e patadas da Z. resistíndose a durmir, eu que estaba cada vez máis durmida e que sabía que tiña que baixar aínda a facer cousas antes de deitarme, entre elas ocuparme da miña regra. Así que decidín erguerme, de moi mala h... humor, moi mal humor, e puxen unha pota con auga e a mooncup a ferver, funme a sacar a roupa de traballo do Moucho da lavadora e metela na secadora para que dese tempo a estar seca para mañá, e cando entrei de volta na casa escoitei Á Z. berrando, así que funa buscar e baixeina coa mesma mala baba para tomar os meus cereais nocturnos a disgusto. Voltei ó rocho a buscar un paquete novo de cereais, boteinos na taza, metinos no microondas e mentres a Z. insistía en que quería ver pocoyó, pero na tele non, no "rharó". Así que apaguei a luz da cociña, agarrei a miña taza de cereais e senteime con ela no ordenador a agardar a que lle entrase o sono... ata que comezou a cheirar mal, moi mal... Mirei se a gata se chamuscaba debaixo do flexo de luz fría que temos xunto á pantalla, saín ó salón a ver se era que algunha mosca ou bolboreta caíra na lámpada halóxena e vin que o rastro se incrementaba e entón... merda!!! A mooncup queimada, a pota negra... e menos mal que a cociña é intelixente e se pasa máis de non sei canto tempo acesa apágase soa.
Pois si que lle saquei rendemento ó cacharro!! Despois de ano e medio gardada nun armario, cando me ven a regra dame tempo a utilizala unha vez antes de queimala!!!
Pero que desastre son, meu deus...
Aproveitando que teño que mercar unhas anillas, a ver se lle fago unha bandoleira a Eli e Miguel, non sei se coller a oferta esa para mulleres desastre coma min, de 2 mooncup co envío gratis.
Menos mal, polo menos, que como non tiven tempo a usar nada, aínda gardo o arsenal de produtos variados deses con "non-cheiro" que apestan, que xa me vía para rematar a faena, saíndo á 1 da mañá a mercar compresas, tampóns ou similares...
A miña casa a fede, por moito incienso que lle poña.
PD: Alguén me vende un tercio do seu cerebro, por favor? Estou moi necesitada, de verdade...
domingo 17 de febrero de 2008
Swapetines
Xa que o intercambio é de hispanoparlantes, pois estes post irán en galego e en castelán, así se queredes podedes aprender algunha palabra noutro idioma novo... eu creo que se entende ben, e é doado, pero non son moi obxectiva, claro.
Ya que el intercambio es de hispanoparlantes, pues estos post irán en gallego y en castellano, así si queréis podéis aprender alguna palabra en otro idioma nuevo... yo creo que se entiende bien, y que es fácil, pero no soy muy objetiva, claro.
Xa teño vítima para recibir os calcetíns que eu teza... e xa me puxen a pensar... menos mal que remirei as indicacións que me deu porque os meus primeiros pensamentos pasaban por alto precisamente o único "non" que aparece en todas elas!! Pois menuda sorrpresa ía levar a miña sorprendida se recibe xusto o que non quería... menos mal que durou so uns segundos ;)
A miña cabeciña xa está dando voltas.
Ya tengo víctima para recibir los calcetines que yo teja... y ya me he puesto a pensar... menos mal que remiré las indicaciones que me dio porque ¡¡mis primeros pensamientos pasaban por alto el único "no" que aparece en todas ellas!! Pues menuda sorpresa se iba a llevar mi sorprendida si recibe justo lo que no quería... menos mal que duró sólo unos segundos ;)
Mi cabecita ya está dando vueltas.
miércoles 13 de febrero de 2008
Adeus, Silva :_(
Sabemos que eras problemática, coa xente, cos teus compañeiros,... naciches para vivir libre e neste mundo non puido ser, pero intentamos facelo o mellor que puidemos.
Sentimos que o teu final fose así de duro, porque, pese a todos os teus problemas, queriamoste moito.
Un bico moi forte para a nosa cadeliña que marchou para sempre.
: *
martes 12 de febrero de 2008
viernes 8 de febrero de 2008
Os comezos de febreiro
Vou facer unha entrada remix con moitas cousiñas deste comezo de mes.
Esta semana foi o entroido, aquí non se celebra moito, pero non sei se será que algo se leva no sangue que a min gústame moito disfrazarme. Este ano, igual que o anterior, fomos a unha hora de camiño para ir na comparsa do cole do X. e a S., con Aivou e máis co Carolo. Pasámolo moi ben e gañamos o terceiro premio da nosa categoría caracterizados de Castrexos!! A verdade é que estabamos ghuapísimos, coa novidade este ano de que fun eu quen fixo os desfraces, que cortei rectángulos de tea peluda e os cosín dous a dous, vaia, sen forma nin nada que se lle pareza, pero o importante é que useio a máquina :-)
A falta de fotos do ben que o pasamos desfilando metidos nas personaxes (esquecemos a cámara na casa e agardamos as que nos fixo un fotógrafo profesional ;-) ), póñovos unha fotiño do agasallo de cumpreanos que me fixo Aivou, e apra lembrar a época na que cadra este ano (máis ou menos), pois é un amigurimi castrexo, moi moi moi requetechulo. Grazas por todo, Aivou.
Ademáis a S. deulle á Z. unha chapa pintada por ela cun Pocoyó dos que tanto lle gustan á tartarouchiña, o único que non a quere poñer, pero sobar, sóbaa un rato.
Ademáis desta labor a ganchillo, teño a miña Chevron scarf moi avanzada, e encántame como está quedando supoñendo que unha vez que a pranche se solucione ese problemiña de dobrado que ten.

A la de Lanet que trouxen de Noruega é preciosa, ten unhas tonalidades que me encantan, sobre todo o verde e o azul, ata estou pensando en facer algo dese azul... se o atopo, claro. Por sorte trouxen 6 novelos (pensando usar 4 para a bufanda, cando cría que o cambio de tonalidades me daba para varias voltas) e como so usarei dous... pois aínda podo pensar nalgunha cousiña máis que tecer para lembrar a nosa viaxe.
E a combinación coa verde Mondial relax creo que deu xusto no "meu" cravo.
A Z. atopouse de novo estes días atrás co seu amigo, no futuro veciño, Manuel, e semella que pasasen a vida xuntos, queren amosarse os descubrimentos que fan, querense bañar xuntos, e tocar os mesmos xoguetes e correr da mesma maneira, e berrar igual... a ver se non teñen problemas os irmáns cando medre o pequeno Coletas, jeje.
A Z. está moi simpática últimamente, hoxe cando chegabamos a casa e viña o Moucho conducindo, cousa pouco habitual, foi el quen lle deu o mando da nosa porta do garaxe, que non abre moi ben que digamos, así que a Z. sorprendeuse e alegrouse toda:
Z: Ah! Xa está!
Moucho: Siii, xa abrín, son un xenio.
Z: NON, son papá!!!
domingo 3 de febrero de 2008
Swapetines
Aberto o prazo para o intercambio de calcetíns tecidos organizado dende a Illa, así que xa sabedes, hai ata o 15 de febreiro para pensalo... eu este ano apúntome ó Swappetines 2008, e vós?
Tarde de Sábado
A Z. está pasando pola fase de "non", de tirarse ó chan, de non querer poñer a chaqueta e de non querer quitala, de non querer andar nin querer quedar no sitio... hai días mellores que outros, e onte prevíase un día complicado, así que, despois de durmir a sesta durante o tempo que me levou baixar as escaleiras (uns 2 minutos) aínda se vía máis negro.
A decisión foi innovar, para tela entretida e que as novidades non lle deixasen tempo cabrearse co mundo. Así foi como decidimos ir ó río de paseo, coa (mala) sorte de que xusto onde iamos baixar había un circo, así que a Z. viu un "pimpante" dende o coche e toleou. Non houbo máis remedio que ir ver os animais en canto aparcamos o coche.
A nosa terrible visión incluiu dous cabalos esfameados, coas costelas marcadas e as patas coma fíos, cunha pelaxe horrible, suxos e intentando sacar herba de onde so había lama; leóns, tigres e leopardos a 2 por metro cadrado... non se me ocorre vida máis triste para un animal que metidos nunha gaiola na que apenas poden dar un paso día tras día... se un can necesita sair de paseo... como vai poder un león vivir así?; un elefante tristeiro, compartindo espacio con dous dromedarios, un deles cunhas callosidades impresionantes nas patas e un tumor do tamaño da miña cabeza no abdome...
Creo que non é necesario que faga ningún comentario máis sobre o que opino dos circos de animais...
Despois desa visita fugaz, na que lle fixen saber á Z. o tristes que estaban os animais fomos dar o paseíño polo río. Encantoulle e pasou moi boa tarde... sen enfadarse apenas unha ducia de veces, jeje, porque quería as pelotas dos cans, quería tirarllas ela, quería ir no colo cando eu xa non podía máis,... cousas pasaxeiras e razoables. Ademáis máis de media hora adicámonos a coller as flores e botalas á auga, de unha en unha, o que supuña subir o terraplen da beira do río, cruzar o paseo, coller unha flor, volver cruzar o paseo, baixar o terraplén e tirar a flor á auga.
Así, e arrincando as demáis cando se cansou de subir e baixar cara o río, foi como rematamos con todas as flores de dente de león que había ó noso arredor,... pasámolo ben, si :-)




