Rematados os primeiros Better-than-boties baby socks, coas agullas de bambú do 2 íntegras a pesar do meu medo. A lá era reciclada dunha chaqueta que lle regalaron á Z. e que nunca chegou a poñer porque era horrorosa, estaba desproporcionada e porque a gardei nunha caixa que a Olivia semella que lle encantou para agacharse, tan a gusto estaba que a enganchou en vintemil sitios, así que creo que lle sacaremos máis partido así ó agasallo.
Tiven algún problemiña co talón e a punteira, entre outras cousas porque fixen mal o ssp, pero xa detectei o fallo, así que teño que repetilos para melloralos. Do outro lado do talón tamén hai algo que fago mal no k2tog porque non me queda perfeto, a ver se dou co fallo.
Ademáis chegáronme os libros!!! E xa comecei a miña Chevron scarf. Desilusioneime un pouco ó principio porque a la de lanett que trouxen de Noruega e que pensei que cambiaba de tono cada varias voltas resultou ser "jaspeada" así que a bufanda non lucía nada, pero atopei un fío verde na miña tenda habitual que me gusta como lle queda, o malo é que non ten a mesma calidade, agardo que non me dea problemas ó tecer e se me retorza...
Agora fáltame decidir se a vou facer para que se vexa máis o verde, como nas primeiras voltas, ou a lá de cores, que se ve nas últimas, e co indecisa que son... a ver canto tardo en poñerme en serio coa bufanda. Vós que dicides?
Por último unha fotiño do meu novo bolso de labores das rebaixas de Zara, por 2,90€, a que é chulo? En canto poida quítolle os colgarexos eses que trae, que son o único que non me gusta.
martes 29 de enero de 2008
Tecidos
domingo 27 de enero de 2008
Voda-Bautizo

Onte fomos de festa, un bautizo e, dúas horas despois, a voda de seus pais.
A festa estivo ben, pero a miña parte de nai, a máis importante hoxe en día, sufriu moito. Xa levaba días pensando como sería a cerimonia da voda, sei que tradicionalmente a voda suponse que é o día especial dos noivos (digo suponse porque moitas veces é un agobio), pero quería pensar que estes noivos non celebrarían o seu día, senón o día da súa familia, ó ter un fillo, e máis ó bautizalo unhas horas antes, crin que o farían partícipe da súa celebración.
Non imaxino voda máis especial que unha cos noivos namorados, mirándose como se miran os namorados e cun neno nos brazos... pero non. Nada máis lonxe da realidade, na que bautizaron ó bebé de 4 meses ás 11 da mañá, e a nai-noiva non volveu tocalo en todo o día. Ela viviu a súa festa mentres o neno pasaba todo o día no colo dos padriños, nin sequera se achegaba a ver como estaba... non o entendo, non podo entender como se sentía, non me colle na cabeza, nin no resto do corpo... e sufrín, sufrín moito.
E vendo á madriña darlle un potito que aínda non sabía deglutir, co método meto culler-meto chupete-inclino neno cara atrás... non lle diría nada á nai, así que aínda menos á madriña... pero sufría.
O resto dos nenos pasámolo ben, polo menos cando non pensabamos nel...

lunes 21 de enero de 2008
Cousas bonitas

1. Summer Leaf bag - front panel, 2. Somewhere over the rainbow..., 3.Flower Buttons {Vintage Button Swap}, 4. orange and blue, 5.
Fall Tree Pouch, 6. com ou sem pompons????, 7. Bubbly quilt top finished, 8. house mini quilt, 9. Mini art quilt- fawn
Tíveno que facer a man, non sei por que, pero xa están os enlaces.
Borradores
Acabo de descubrir que cando escribes un borrador e tempo despois o retomas para publicalo, a mensaxe aparece no día en que escribiches o primeiro borrador.
viernes 18 de enero de 2008
Quen foi?
Non o entendo, quen llelo soprou?
Merco un par de libros en Amazon e os moi laskjfasñiuxf mándanme unha mensaxe dicindo que me recomendan varios libros para que organice a miña casa!!!
A mensaxe en cuestión titúlase osadamente Discover Ways to Organize Your Home, e o seu contido non ten un tono menos ameazador, non:
Dear Amazon.com Customer,
As someone who has purchased books on home improvement from Amazon.com, you might like to know about these featured titles to help you organize your home. Discover books on cleaning, renovating, and reducing clutter, including Ellen Sandbeck's Organic Housekeeping.
E aínda me recomendan algún máis, con títulos como: It's all too much, How to organice (just about) everything, Home comforts, e xa para rematar... How the Queen Cleans Everything.
Pero a eles que lles importará que eu sexa terriblemente desordeada? Se non viven comigo! E se vivisen e non aturasen a miña desorde ordeada (si, sempre sei onde está todo, ou case, o de que gardo demasiadas cousas é outro problema do que non estamos a falar hoxe... ou si?) pois... pois... eu xa escollín con quen quero vivir, así que os demáis fora.
E quen llelo dixo? Espíanme? Delátame a miña compra anterior?? A web-cam está desconectada, así que non me viron a casa por aí...
Vale, hoxe vou ordear un pouco, xa conseguiron facerme sentir mal.
miércoles 16 de enero de 2008
O Doutor Who
Falei varias veces dela con amigos, lembrádesvos da serie? E ninguén me soubo dicir nada, non a lembraban, cheguei a pensar que a soñara eu, ou que botaran un par de capítulos illados...
Lémbroa como un tío raro semellante a Bob Dylan entrando e saíndo dunha especie de ascensor no que viaxaba polo tempo, lembro unhas bolas peludas asasinas metidas nun conduto de ventilación, ou nun falso teito,... lémbroa como unha produción de serie b, ou c, pero gustaríame volvela ver...
... e hoxe atopeime con isto do Doutor Who. Semella que non estaba tan tola eu...
martes 15 de enero de 2008
É unha Kinder... decepción
Gústanme os ovos Kinder, non sei explicar moi ben por que: teñen (pouco) chocolate, dentro traen unha caixiña (pode valer para moitas cousas: facer xoguetes para os gatos, gardar sementes pequeniñas... aínda que a realidade é que non se usa para nada aínda que se garde... ups! O meu dióxenes...), e fascínanme as sorpresas que traen dentro, as de montar, e sei que están feitas para que nos gusten porque sempre somos os pais os que as montamos. 
Pero o outro día regaláronlle un á Z e a sorpresa era este dragonciño... con luz!! Pareceume fatal! Os kinder tamén caeron na trampa dos xoguetes electricos-electrónicos? Odio en xeral todos os que teñen pilas, insoportables: facendo ruidos a un volume descomunal (de verdade pensan no oído sensible dos nenos cando os fan?), e aburridos: botón=ruido, botón=luz, botón=ruido, botón=luz,... O único bo que teñen é que as pilas se acaban enseguida, e como na casa non se cambian deixan de molestar para sempre.
Pero os mini-xoguetes con pilas de botón creo que deberían estar prohibidos. Non se teñen en conta, os nenos enseguida pasan deles porque o xoguete soe ser insignificante e o que fai tamén, claro, e ademáis son pequenos, co que deben ter "menos" importancia e acaban metidos debaixo dalgún sofé ou perdidos de camiño a casa... e o peor é que as pilas que levan dentro tamén pasan desapercibidas para os pais... e son pilas de botón!!!!
Xa é difícil que a xente bote as pilas onde corresponde, pero é que das pilas de botón, as máis velenosas e as máis pequenas, pasa todo o mundo, e agora aparecen ata nos ovos Kinder. Pois vaia sorpresa...
Estes outros si que son bos xoguetes, resistentes e interesantes, onte a Z. fixo que "o galo e a pita", que van irremediablemente xuntos sempre, vivisen no froiteiro. Non vos encanta?
Hoxe ademáis viñeron o resto das agullas, as dobres puntas de bambú. Viñan cunha bonequiña no sobre, curiosa, feita con materiais de mercería.
Xa comecei os Better-then-booties baby socks coas do 2, pero temo pola súa integridade! Son taaaaaaaaaaan finiñas, e vense tan fráxiles... creo que vou ter que conseguir un xogo doutro material máis resistente, dame medo ademáis sacalas de casa ou na casa diante da monstrua, creo que non van durar moito... xa veremos se polo menos podo rematar un par deles.
viernes 11 de enero de 2008
Aniversario
Hoxe fai 5 anos que o Moucho e a Tartaruga se deron o seu primeiro bico... 5 anos xa!! Como pasa o tempo!
En realidade a verdadeira data a lembrar, a especial, polo menos para min é o 15 de decembro, cando eu agardaba atoparme un cincuentón verde e malhumorado e apareceu el, coa súa camiseta heavy verde (a única verde, a miña cor), o seu chaleco, e sentou xunto a min e pediu... un té! Creo que me namorei aí, no té das 5...
E como fai xa 5 anos e nos esquecemos de celebrar a data especial, e como hoxe si é un bo día (o primeiro día que chove a arroiar en todo o outono-inverno, que se escoitaba o vento e a chuvia no tellado pola noite), como a pesar da chuvia e de todos os meus habituais males (menores e case ficticios) me sinto inusualmente optimista... hai que aproveitar para celebrar!!!
Así que, despois de 5 anos, querido Moucho etamos a conseguir facernos vellos xuntos ;-)
Parabéns. :*
PD: Dende logo hoxe é un día especial, porque o meu optimismo acaba de sobrevivir despois de que a crema de cabaza que a Z. debería estar comendo na cocina acabase máxicamente transportada ó sofa. Non quero dicir que a estivese comendo "no sofá", senón que a acabou comendo "o sofá", e non me preguntades como fixo para que se expandise en dous metros á redonda...
lunes 7 de enero de 2008
Os meus reis...
...chegaron hoxe por correo. 
Non volo dixera? Sucumbín á compra de agullas en ebay, e ademáis do pack de 15 dobres puntas de bambú, que están por chegar, caeron estas tamén, e xa están na casiña.
Agora a calcetar coma unha tola!!! Jeje.
Déixovos unha fotiño da Z. con outro dos membros da nosa familia: Galla. Veu de acollida dende a protectora e a pesares de estar anunciada por moitos recunchos non a quixo ninguén, así que aquí leva xa uns 3 aniños longos. Aínda así recoñezo que lle viría ben que lle puideran adicar máis tempo, sacala moito a pasear e socializala ben. Cando eu podía baixábaa comigo á cidade e mellorou moito dos seus medos, agora pasa moito tempo no xardín...
O veterinario da protectora confesoume hai un mes que alguén a preadoptara e el lle dixera que xa tiña casa... E non sei se me alegrei ou me entristecín, porque sei que podería estar mellor, pero tamén sei que podería estar peor, e... aquí querémola moito (aínda que lle axude a Silva a quitar os tubos do riego por goteo ;-P)
sábado 5 de enero de 2008
Máis da nova vida
E o que resta saber é se serei quen de facer estes cambios ou quedarán so aquí escritos.
Outro día volvemos, vale?
A Z. vai ampliando o seu vocabulario e últimamente sorpréndenos con frases que adoitamos repetir nós. É curioso porque non somos conscientes de que as utilizamos ata que llas escoitamos dicir a ela.
Onte ó saír da reunión do grupo de lactancia e cando estabamos xa na porta á Z. pregunteille coma sempre se o pasara ben, e ela respostou: "Si, otio hría momemos, vale?".
Debín poñer un deses sorrisos de nai e ela adicouse a repetir a frase o resto do día, ó saír do ordenador de ver Heidi, ó saír do baño... Sorpréndeme o ben que a utiliza, vese que entende ben o significado. Seguro que parezo parva dicindo isto, pero sorpréndome moi a miúdo con estas cousas, a pesar de saber que entenden moito máis do que nos poida parecer.
Ademáis hai outras frases moi utilizadas últimamente: "e po que no?", "si, pero..." e sen dúbida as que máis: "da susto" ou "da medo". Da medo añaña, da susto gavilán, da susto ruido, ou calquera outra cousa descoñecida da que acaba de aprender o nome co susto e repíteo.
Últimamente fomos varias veces ó teatro aproveitando a campaña de nadal, pero creo que levou un pequeno trauma con cada unha: En "No soy una lagartija" había un monstro que daba susto, en "Un avó especial" (na que chorei, por certo, que me pareceu un pouco dura para os nenos aínda que reflexe a realidade. É moi triste) había unha treboada e "dan susto tronos". E aproveitando a visita ós avós fomos ver "El elefantito" xunto coa curmá Elena e deu susto o crocodilo, a noite,... todo daba susto, tanto que cando chegamos a casa e a avoa tartaruga lle preguntou se fora ó teatro respostou: "Si, no uta teato" e faltoulle dicir "e non me volvades sacar ese tema, por favor".
Creo que non vai dicir nunca "otio hría momemos o teato, vale?"
Por certo, encantoume a posta en escena de "El elefantito", os materiais empregados (o elefantiño era unha camiseta e súa nai un coxín, a xirafa era unha bota, as árbores unhas bufandas e unhas saias colgadas nun tendal, a galiña de guinea dous plumeiros, o crocodilo unhas aletas verdes, a auga unha tea de seda azul... preciosa, preciosa, aínda que ós curmáns non lles gustou tanto porque eran "de mentira").
jueves 3 de enero de 2008
Outras vidas
Xa non sei a quen lle copiei este enlace nin que día foi, pero acabo de atoparme co borrador da mensaxe e xa non lembraba o identificada que me sentín coa miña vida pasada...
http://www.miniportale.com/miniportal/date
Tienes 27 años y 327 díasHas nacido en domingoen un frío día de InviernoDesde que naciste han pasado: 10189 díasDesde que naciste han pasado: 335 mesesDesde que naciste han pasado: 1455 semanasCumplirás años de nuevo dentro de: 38 díasTu signo en el horóscopo chino: Mono Tu signo del zodíaco: Acuario Tu planeta: Saturno y Uranus Tu color: Azul noche Tu piedra: Amatista Tu número base de nacimiento: 3
Diagnóstico de su vida pasada:
No sé si le parecerá bien o no, pero usted era hombre en su última encarnación terrena. usted nació en algún lugar del territorio que hoy es Polonia en torno al año 1375. Su profesión era adiestrador o cuidador de pájaros y otros animales delicados..
Un breve perfil psicológico de su vida pasada: :Persona con mucha energía, capacidad de planificar y supervisar. Si fuese un basurero, sería jefe de basureros.
La lección que su vida pasada le ha dado para la encarnación actual :Lo suyo es la resolución de problemas de contaminación ambiental, reciclaje, malos usos de materias primas, eliminación de radiactividad por todos los medios, incluidos los métodos psicológicos..
¿Recuerda ahora?
Ano novo, vida nova
Necesitaba un cambio, unha vida nova, e que mellor ocasión que aproveitar o comezo do novo ano para intentalo.
E que é o primeiro que se fai cando se necesita un cambio na vida? Pois, polo menos no meu caso, cambiar de peiteado.
Se alguén o dubida... son eu, mirade senón o meu rabiño coa boliña ben gastada, e as gafas son inconfundibles, non?


Hai que dicir que aínda non lavei o pelo, así que a ver cal é o resultado cando seque na casa ó seu aire.
Sei que todas as amigas e coñecidas co pelo rizado me van dicir que estou tola... e si, é certo, estou tola, pero de momento téñoo asumido e lévoo bastante ben ;-)



