domingo, 23 de noviembre de 2008

Outra finde pasada

Remátase a fin de semana. Esta vez foi diferente, o papá Moucho estivo de guardia e a tarde sen chamadas de onte adicouna a tocar a guitarra, hoxe case non o vimos. Pero a tía Lu veunos facer unha visita e a Z. desapareceu da miña vista case dous días enteiros, botoume fora da cadeira para que sentara a tía Lu con ela, fixo churros de plastilina con ela, pintou con ela, descubriu a panteira rosa con ela, e todo encantada, como non. Así que grazas tía Lu por facerllo pasar tan ben.

Ó papá Moucho colleuno por banda en canto entrou hoxe pola porta e tiveron un anaco de contacontos antes de ir a casa de Manuel e de Nicolás, que estivo de aniversario, a devolverlles a locomotora e algún peluxe que atesouramos nesta casa dende hai tempo. Alí tampouco deixou a Z. de chamar polo papá para que xogase con eles no castelo antes de marchar todos, cada un para a súa cama.

contacontos

contacontos

A mamá Tartaruga tivo tempo para descansar e tecer o agasallo de aniversario da Z., que quere acabar antes de que chegue o bebé e que aínda está a medias, así que vos deixo agora que a Z. está xa durmindo de maneira excepcional despois de deitarse onte ás 12 da noite para non perder un minuto de Lu, e espertar hoxe ás 7 e media preguntando por ela.

6 comentarios:

  1. de grazas nada...foi un pracer...bicos

    ResponderEliminar
  2. gracias por tu comentario... espero que tengas una horita corta!!! :)

    ResponderEliminar
  3. aínda que non sexa moi curta... que sexa moi moi feliz!!!!
    biquiños, esperando contigo

    ResponderEliminar
  4. Grazas a todas polos bos desexos, ogallá soubese eu se faltaba moito ou non, dende logo hoxe non vai ser :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir